lunes, 11 de junio de 2012

La "roja", non grazas!

Nos estamos en contra do fútbol negocio de marketing que só sirve pa distraer e vender, en contra de mercenarios que só xogan por cartos e non por cores, en contra de equipos aclamados e dirixidos por fachas, en contra de equipas que xogan representando un réxime o cal prohibe a participación de outras seleccións do estado en tan sequera amistosos... polo que esa selección coñecida nos mercados como "la roja" non nos representa, pois representa todo aquilo no que estamos en contra no deporte.
Pola contra seguimos reclamando o dereito de ter representación no mundo do fútbol da Selección Galega, a cal aínda que tenten marxinar e esconder, e a que nos representa a tod@s os galeg@s, feita do pobo para o pobo e non dende o negocio para o negocio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario