Mostrando entradas con la etiqueta Reportaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reportaxes. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de junio de 2012

martes, 9 de marzo de 2010

REPORTAXE: HINCHADAS E GRUPOS DESAPARECIDAS DAS BANCADAS GALEGAS

Como nomeamos na anterior reportaxe, agora trataremos de falar un pouco das antigas e míticas hinchadas galegas desaparecidas xa das bancadas. Moitas destas foron as primeiras hinchadas da Galiza e a base doutras actuais.

Podemos empezar falando dunha das pioneiras das bancadas galegas e a primeira de Balaidos, as Xuventudes Celestes. Este colectivo naceu no ano 85 e foi o primeiro grupo de animazom organizado que tivo o Celta. Por estes anos estabase empezando a desembolver o movemento de hinchadas no estado español. Esta hinchada podese decir que foi a base doutras posteriores como o Comando Celta é en menor medida tamén de Celtarras. Aínda hoxe en Balaidos moitos recordan os seus bengaleos e bandeirolos na grada de Río Baixo. Tamén oubo outro grupo que se creou no ano 87 pra animar o Celta xa desaparecido, eran os Celta sin Filtro, esta peña voltaria aparecer máis tarde pra definitivamente desfacerse pouco despois.

Xuventudes Celestes

Avanzando un pouco máis no tempo podemos falar de outro grupo coñecido que hoxe xa nom existe, situandonos agora en Lugo seu nome era Muralla Norte e creouse no ano 91 pra animar o Lugo C.F. Tivo bastante explendor ata o ano 95, pero logo foi decaendo pouco a pouco chegando como poido os anos 2002-03 pra desaparecer definitivamente. Nestes principios dos 90 crearianse tamén novos grupos xa desaparecidos como foron no Pontevedra o Frente Granate, o cal desfariase no ano 98 dando paso a Furya Granate a cal chega os nosos dias. Tamén na cidade das Burgas creariase a finais dos 80 un pequeno grupo que logo no 93 daria paso os colectivos Komando as Burgas e Radikais Vermellos pra animar o Ourense, estes dous grupos durarian ata o ano 97.
Muralla Norte

Na metade hacia finais dos 90 crerianse tamén no Compostela dous grupos novos xa extintos, eran os Compostolos e Brigadas Radikais, desaparecidos despois dos problemas do Compos os cales obrigaron a baixar o Club a preferente. Hacía finais dos 90 cabe engadir que no Racing de Ferrol creouse un grupo que a diferenza das demais hinchadas galegas de siareiros esta era de caracter ultra españolista cunha ideoloxía fascista, estes catro gatos chamabanse Infierno Ferrolano e desapareceron ala polo 2002, creandose a Curva Verde da Malata.

Torcida Incansable

Entrando no novo milenio crearonse novas peñas as cales nom tuveron moita duración, pero en cambio tiveron bastante bo nivel nos poucos anos que existiron, por exemplo no Deportivo a Torcida Incansable, fundada como peña deportivista no 2003. Outros grupos creados a principios dos 90 desaparecerian no final da decada e principios do 2000, como os ourensans Komando as Burgas e Brigadas Radikais no 97, dando paso a Old Firm e a Horda Vermella. Esta última desfariase no 04, creandose no seu sitio a Algarada Vermella.

Nese mesmo 2004, fundariase no Lugo o Frente Minho, colectivo de siareiros que desapareceu só tres anos despois. Cabe nomear nese mesmo ano fora do territorio galego actual co obexetivo de animar a Ponferradina, creariase o Skandalo Blankiazul, grupo considerado de siareiros pola tradizom do Bierzo galego e o caracter galeguista de moitos dos seus membros. Desapaecerian pucos anos despois. No 2005 tamén desfariase a Curva Verde do Ferrol sendo remplazandos por Ferrolterrans, grupo actual de ideoloxía confusa.

Skandalo Blanquiazul, ex-grupo de siareiros da Ponferradina.

Nestes últimos anos cabe destacar a aparición e desaparión intermitente do Comando Verdillón do Coruxo, asi como a fusión dos colectivos ourensáns Old Firm e Algarada Vermella para crear xuntas os OUligans no 2009.

En terminos xenerais concluese a gran taxa de mortalidade no que en grupos se refre nas bancadas galegas, pero tamén hai que decir que case todas foron remplazadas rápidamente con outros nomes. Admirable o mesmo tempo outros colectivos de siareiros que levan moitisimos anos dende a súa fudazom e seguen o pé do canom, como som dende o 87 os Celtarras e Riazor Blues, os Fende Testas dende o 94 co Compos aguantando nos momentos dificiles que tubo seu Club, ou a Furya Granate e Brigadas Lucenses que levan máis dunha decada apoiando suas equipas.

jueves, 7 de enero de 2010

REPORTAXE: PANORAMA DAS HINCHADAS E SIAREIROS DAS BANCADAS GALEGAS

Actualmente encontramonos ante un proceso de decadenza nas hinchadas galegas, o igual que pasa polo resto das bancadas do estado espanhol. Na Galiza nos últimos anos desapareceron hinchadas coma Muralla Norte (Lugo) ou Torcida Incansable (Depor), o mesmo tempo que outras perderon un número de compoñentes considerable. Aínda asi nos últimos anos crearonse novas hinchadas de siareiros máis pequenas, que fan que surxa algo de obtimismo a que volvan tempos millores as bancadas.

Primeiro comezaremos polo unico representante que temos na primeira división, o Deportivo da Coruña. Nas bancadas de Riazor o grupo dominante e máis incondicional dende 1987 son os Riazor Blues, que se situan no fondo que recibe seu nome. Este colectivo ten rivalidade historica coas hinchas do Celta, Compostela e Racing de Ferrol. Aparte de eles en Riazor hai outros colectivos importantes como son as peñas Grei Xentalla e a Peña Turutu.

Baixando un escalom, na segunda nos encontramos tamén co unico representante galego da categoria, o Real Club Celta de Vigo. En Balaidos segue dominante na animación e incondicionalidade os emblematicos Celtarras, grupo que ten rivalidade cos Riazor Blues e en menor medida coas hinchadas do Pontevedra, asi como unha gran amizade cos siareiros compostelans. Xusto enrriba dos Celtarras, na grada de Marcador encontrase o Comando Celta, colectivo de animación do 1987 o igual cos anteriores. Tamén cabe nomear en Marcador os siareiros de Esmorga Celeste polos seus continuos desplazamentes e contundeza ca equipa.
Pasamos agora a Segunda B, onde hai unha importante representazom galega. Podemos empezar pola capital, onde os siareiros dos Fende Testas encabezan as bancadas do Compostela, este grupo leva activo dende o 1994 e comparte grada cos case desaparecidos Changos. Baixando agora a cidade do Lerez, a hinchada que encabeza a animazon do Pontevedra C.F e a Furya Granate, e dende fai uns anos támen encontranse os siareiros de Fossa Granate. Con moi boa relazom con estes últimos grupos estan os siareiros do C.D Lugo, as Brigadas Lucenses, as cales ante a recén desaparizom do Frente Minho son os unicos que quedan no Anxo Carro. Por último queda o Racing de Ferrol, o cal só lle quedou un grupo de animazom chamado Ferrolterrans.
Nos situamos agora na nosa categoria, a Terceira Galega. Na cabeza das hinchadas da terceira situase os Ouligans do C.D Ourense, este colectivo creouse este ano coa unión de dous grupos anteriores, a Algarada Vermella e Old Firm. Sin sair do Couto, na grada de preferenza encontrase outro grupo menor chamado os Escornaboys. Logo como nom estaria o noso colectivo, a Horda Pontarean siareiros da Cultural Areas, fundada no 2007. Por último nomear o enigmatico Comando Verdillon do Coruxo F.C, colectivo que o parecer aparece e desaparece segun marche sua equipa.

Por útimo nomear outros colectivos máis pequenos de equipas máis modestas, como son a Brigada Alaricana do Allariz ou as Brigadas Azuis do Cire Melide. Tampouco nos podemos esquecer na actualidade de Siareiros Galegos, colectivo creado da unidade de membros de case todolos anteriores grupos nomeados para colaborazom e animazom da Seleczon Galega.

Pois aqui chegamos a fin da reportaxe, para a seguinte gustarianos falar de colectivos de siareiros xa desaparecidos das bancadas galegas, como foron as Xuventudes Celestes, Muralla Norte ou Brigadas Radikais.

jueves, 22 de octubre de 2009