martes, 13 de octubre de 2009

Cult. Areas 2-2 Vilalbes











Partido xogado na Lomba cunha boa entrada de siareiros. Os primeiros minutos do choque foron do Vilalves onde conseguiron o primeiro tanto e mesmo poideron ampliar o marcador noutra ocasión. Chegando o último cuarto de hora o Areas espabilou e buscou o gol do empate que case consigue David cun remate fora.




Na segunda metade o Cultural saiu a por todas e despois de varias ocasións claras no minuto 57 Gaby bate o porteiro visitante. Pero no minuto 70 e sen merecelo Josiño comete un tonto penalti onde o Vilalves consegue o 1-2 no rechaze do penalti. A partir de hai o partido foi do Areas onde poido marcar varios goles se non fora pola mala sorte e a mala actuación do colexiado. Primeiro non señalando dous penaltis claros e despois deixando o Areas con dez inmerizidamente. Ainda asi o Cultural conseguiria o gol do empate marcado por Sombri de remate a porta. Despois gozaria de duas ocasións perigosas a balon parado no final do encontro.




O remate do partido os siareiros da Horda Pontarean decidiron esperar os colexiados fora do campo para recriminarlle o seu descontento nos ultimos partidos pitados por estes vendidos na Lomba. Finalmente despois dunha hora as tres colegialas sairon escoltadas pola forza do horde e patrulladas por dous coches da garda civil. Mentras entorno 10 siareiros da Horda que quedaban demostraban seu descontento berrandolles e animandos a que eses tres personaxes non volvan pola Lomba "nunca máis".