miércoles, 31 de marzo de 2010

Ambentazo pra este domingo.

Este domingo a Cultural Areas xogase case que unha final pola permanenza, gañando este partido atrasado a un rival directo como é o Celtiga deixariamolos a 13 puntos a falta de sete xornadas, aparte subir un posto e deixarnos na zona tranquila cun pe xa na terceira.

Aparte do importante encontro, cadra c partido cunha festa a cal se celebra no torreiro enfrente do campo a cal comeza a mesma hora co encontro, as 6. o ambentazo esta asegurado e que mellor forma de celebrar unha victoria que ali xa no sitio con festa e orquestas soando.

A partires das 4:30 os que queiran poden pasarse polo Bar Xesus pa unirse os membros da Horda a quentar motores po encontro, logo seguramente darase unha volta pola festa antes de acceder o campo e unha vez dentro coma sempre, CULTURAL A MORTE.
Unha vez fora se conseguimos entre todos esta importantisima victoria pois xa o celebraremos ali mesmo, que mellor celebración que entre os propios paisanos de Areas.

Animadevos e acudide, aínda que sea as 6 a Lomba.
Forza Areas!! Forza Horda!!

martes, 30 de marzo de 2010

Santa Comba 0-1 Cult. Areas

Partido correspondente a xonada número 30, onde a nosa equipa saiu derrotada.