lunes, 30 de enero de 2012

Resumo Pontevedra CF 2-0 Cultural Areas C.F. Resumen y Declaraciones

Pontevedra C.F. 2-0 Cultural Areas

Partido disputada na cidade de Pontevedra ante o Pontevedra F.C, o cal non seria un partido doado pero mesmo asi acudimos con moita ilusión e esperanza de sacar unha victoria de Pasarón.

A xornada comezaria cedo para os membros da Horda desprazados, Pois as 10 da mañá quedamos na Casa Cultural de Areas para asistir a Asamblea extraordinaria do clube para procurar unha futura directiva.
O remate da Asamblea comezamos a viaxe, parando en todos os bares de camiño entre Ponteareas e Pontevedra, enredándonos asi horas entre canticos e cervexas.
Chegamos a cidade do Lerez entorno as 4 da tarde, unha hora antes de comezar o encontro e seguimos coa ruta de bares polos redores do estadio de Pasarón.

Unha vez xa dentro do estadio non eramos moitos os desprazados, nin sequera bastantes, pero si fumos capaces de deixarnos notar en Pasarón cunha gran animación no primeiro tempo do encontro sobre todo.
En canto o encontro foi moi nivelado no primeiro xogo, con acasións esporadicas para ambas equipas, tratando o Pontevedra de tu a tu.
No segundo tempo o Pontevedra saiu máis centrado e foise polo encontro, tamén o Areas notou o xogar con 5 defensas pois faltaban apoios entre o medio do campo e o ataque areán, que a vez que pasaban os minutos sentiase máis canso. Asi o Pontevedra conseguiria os dous tantos da victoria neste segundo xogo quedandose os tres puntos no seu feudo.

Como anécdota que nos afectou a nos foi o lio das pancartas, as cales o parecer puxera o presidente do Pontevedra antes do comezo do partido en contra dos hintxas Furya Granate, estas estaban na zona onde nos puxemos nos, e vendo que non habia nadie o seu redor atamos nosas faixas sobre elas, o cal fixo que subiran os seguratas do estadio a mandarnos quitar as nosas, cousas que fixemos pero o pouco de marchar estes voltamos colocar as nosas por enriba mentres todo Pasarón nos aplaudia pola acción. Asi foi ata tres veces onde os seguratas subián e baixaban a mandar que retiraramos as nosas, mentres o estadio os silvaba. Finalmente decidimos arranxar o asunto de raíz e tiramos as pancartas do presidente do Pontevedra o anfiteatro inferior, mentres todo Pasarón nos aplaudia pola acción (cousa que nunca nos pasara na vida, que un campo enteiro nos aplaudise).

Durante o partido despois dese lio das pancartas e de discutir cos seguratas decidimos apoiar os siareiros pontevedreses con canticos contra seu dictadoir presidente. Tamén berramos en apoio a nosa directiva e noso presi Mingos, MINGOS QUEDATE!!

Asi remataria o día, última birra tomada con compañeiros de Furya e volta cara Ponteareas despois dunha longa xornada.