lunes, 9 de septiembre de 2013

Cultural Areas 0-0 Barbadas

Partido muito parado e baixo entre a nosa Cultural e o Barbadas, con muita pelexa por ver quen levaba o peso do encontro pero poucas ocasións, o que fixo que parecera que aínda estabamos en pretempada.

Pola nosa banda, aínda nos queda rodar máis neste comezo ligueiro, a imaxe foi pobre pois apenas tivemos ocasións de gol. Pola contra o Barbadas que tamén deu unha imaxe discreta si tivo un par de oportunidades claras no primeiro xogo, así como aguantou o segundo con dez xogadores.

Para a semana toca xogar en Pontevedra, esperemos que en Pasarón demos unha imaxe máis agresiva e máis xogo directo.