lunes, 8 de febrero de 2010

Viaxe a Verin


No proximo encontro sabado 13 tera lugar en Verin, no medio do coñecido entroido
verinense. Polo bem que coincide o encontro a Horda Pontarean ten pensado un desplazamento que se realizara en coches.
O plan e sair pra Verin depois de xantar, velo partido e logo quedar a disfrutar do entroido e voltares o domingo.
Os interesados en ir que avisen como sempre os organizadores de sempre da Horda, aparte levaremos todos un sinxelo disfraz pero orixinal o cal dara moito color a grada, animadevos!!
Horda Pontarean Siareiros 2007

Vilalonga 1-1 Cult. Areas






Encontro disputado na Lomba nun dia onde a choiva nos visitou varias veces, o que fixo que o terreo de xogo estivera algo pesado e rápido o mesmo tempo.

A Cultural recibia o Vilalonga con varias baixas, pero aínda asi os nosos fixeronlle unha forte frente o Vilalonga. O partido comezou cunha ocasión de Nandi que parou o porteiro visitante, logo pouco a pouco os dous equipos foronse soltando seus xogos e foron caendo ocasión para ambos, coma unha clara do Vilalonga onde o noso gardameta Samu luciuse en dous tempos nun gol que miramos todos dentro. Esta foi a ocasión máis clara do primeiro tempo, pero tamén salientar varias ocasións da Cultural a balom parado ou un remate de Hugo que se foi alto. Pero o peor para a Cultural no primeiro tempo foi a importuna lesión de Sombri, que rompeu fibras deixando a Cultural con outra baixa importantisima. Dende aqui animos Sombri.

Na segunda metade nunha ocasión rápida no minuto dous adiantariase o Vilalonga, con un tanto de Saul. Despois deste tanto a Cultural viuse tocada moralmente, sobre todo polas moitas baixas que tiñamos o equipo encontrabase incomodo e sen ideas. Nos costaba moitisimo sacar o balom ata que Nandi fixo unha escapada e chegou a meta visitante, enton toda a Lomba encabezada pola Horda levantouse a dar animos os nosos e o equipo mellorou moitisimo, polo que empezamos a chegar arriba e con perigo. Asi chegaria o empate nun corner onde Couso proveirou un cabezazo de Nandi para consegir o empate. Co gol toda a Lomba levantouse co cantico de"Areas, Areas" e os nosos tentaron buscar o gol da victoria que estivo moi cerca nunha ocasión de Unai. Logo tamén o mesmo Unai seria derribado na area pero o arbitro nom señalou penalti, a verdade que era dudoso aínda que Unai nom e dos que se tiran. Tamén señalar que o Vilalonga dispuxo de ocasións para marcar nos vos momentos da Cultural, polo que tal vez o empate foi o máis xusto.

Nas bancadas moita animación sobre todo nos ultimos vinte minutos onde nom se parou de animar ata o remate do encontro.