lunes, 2 de diciembre de 2013

Cultural Areas 2-0 Laracha


A paciencia rendible

O Areas sumou a terceira vitoria seguida en A Lomba e está a un punto de saír do descenso
Poucos adestradores poden aguantar nun banco sen gañar dez xornadas e, probablemente, menos presidentes teñen a paciencia necesaria para mantelo ó fronte do equipo. Isto sucedeu este ano no Cultural Areas: Julio Álvarez continúa como adestrador e coa confianza de Domingos Freitas, a pesar de que a primeira vitoria non chegou ata a xornada undécima e cando o equipo estaba afundido no último posto.
O Cultural Areas sumou a terceira vitoria consecutiva no seu campo de A Lomba.
O Cultural Areas sumou a terceira vitoria consecutiva no seu campo de A Lomba.

Agora, dous meses despois, o Cultural Areas sumou onte a terceira vitoria consecutiva no seu campo de A Lomba e está a un punto de saír da zona de descenso. Con traballo e pouco a pouco, os de Ponteareas parecen atopar o punto de xogo preciso para loitar pola permanencia.

No encontro de onte viviron a xornada máis tranquila no que vai de campaña ante o Laracha. Tras unha primeira metade sen demasiadas ocasións, José Arenas aproveitou un disparo dende a frontal do área para batir a Vitas mediado o segundo tempo. Damián non puido facer nada ante o puntapé do extremo do Areas e, dez minutos despois, o cadro local resolveu o partido.

Carlos Pereira meteu o pase profundo para David Domínguez, que chegou ante o gardaredes visitante. Primeiro durmiuse pero, ó final, logrou conectar o remate ante o oposición de Damián.

Cultural Areas:
Vitas, Samuel, Portas, Pichi, Sito, Alberto (Hugo, min. 77), Carlos Pereira (Demi, min. 89), Cañi, Couso (David Domínguez, min. 59), Juan Feijóo, José Arenas.
Laracha:
Damián, Raúl, Jorge, Fandiño, Javi VIllar, Beto, Josiño (Bouza, min. 69), Brais, Edu, Rebolo (Kevin, min. 84), Emilio (Taibo, min. 74).
Goles:
1-0, min. 63: José Arenas; 2-0, min. 74: David Domínguez.
Árbitro:
Martínez Barral. Amosou cartón amarelo a Hugo e Couso polo Cultural Areas e a Brais polo Laracha.
Incidencias:
Partido correspondente a décimo sexta xornada de liga en Terceira División disputado no campo de A Lomba ante, aproximadamente, 400 espectadores.