miércoles, 13 de enero de 2010

Fotos Alondras vs Cult.Areas



Alondras 1-3 Cult.Areas

Victoria importantisima da Cultural no estadio do Sardiñon, en Cangas. O estado do terreo de xogo era lamentable, porque máis bem parecia un cenagal que un campo de futbol.
Aparte do mal estado do campo hai que engadir tamén o frío que facia, co cal no campo iso mezclado coa molladura que tiñan os xoadores nom lles debia ser moi agradable o xogar.

O Alondras empezou forte pero pronto se viron con un gol na contra, este tanto adiantaria a Cultural e seu autor foi Gabi, o cal xa conta con goles na sua conta. Ambos equipos tentaban realizar seus xogos, pero claro nun terreo tan encharcado nom era facil, polo que o primeiro tempo pouco deu máis de si, aparte de un par de ocasións para cada equipo alonxadas.

Xa na segunda parte o partido mellorou, o Alondras tentou remontar e votouse arriba, e a Cultural aprobeitou iso para crear rápidos contragolpes moi perigosos. Nun contragolpe destes e ante a pasividade da defensa local chegaria o segundo gol da Cultural, obra de Nandi. Despois deste golpe o Alondras votouse arriba de novo, conseguindo recortar distancias nun rexeite na area da Cultural. Pero case sen darlle tempo os locais a coller aire chegaria o definitivo terceiro gol do Areas, de novo marcado por Nandi. Despois de este tanto o Alondras viuse abaixo e a conta pudo ser maior a favor da Cultural, pero definitivamente asi acabaria o encontro.

Volver a sinalar unha importante presenza de siareiros da Cultural en Cangas, os cales coma sempre nom deixamos de animar nosa equipa durante os 90 minutos, ata cantando varias veces o himno da nosa Cultural Areas.