lunes, 27 de enero de 2014

Cultural Areas 0-1 Pontevedra


Xornada na que nos visitou un grande da categoría, o Pontevedra. Noso colectivo comezou a xornada cedo, cunha quedada primeiro para a sesión vermú, e logo xantar no noso bar habitual. O rematar fixemos unha pequena kalimotxada  e posto que o partido era cedo, as 16:30 para o campo.

Unha vez na Lomba, coas gradas ateigadas de siareiros e unha gran afluencia de peñistas do Pontevedra, viviuse cunha gran emoción e animación o encontro. Pola nosa banda moi boa animación todo o encontro, pero sen esquecernos tampouco da afección da parroquia areán que tamén animaron todo o encontro facendo que os muitos desprazados dende Pontevedra apenas se escoitasen.

Finalmente tras unha expulsión inxusta e un polémico gol onde puido haber man primeiro e vido dunha xogada anterior onde non existira falta, rematamos un bo partido traballado no campo con nove e un moi mal sabor de boca pola actuación arbitral. Desgraciadamente isto non e novo, xa estamos adaptados e o mesmo tempo fartos que os pequenos antes os grandes desta categoría, a batuta arbitral sempre caia para o lado dos mesmos.

Expulsión decisiva

Compartir en:   
REDACCIÓN. VIGO DEPORTESAD@ATLANTICO.NET - 27-01-2014
O Cultural Areas perdeu onte unha boa ocasión para sumar uns puntos preciosos na loita por manter a categoría ó saír derrotado ante o Pontevedra no seu campo de A Lomba.
O Areas perdeu pola mínima ante o Pontevedra en A Lomba.
O Areas perdeu pola mínima ante o Pontevedra en A Lomba.


O equipo que dirixe Fonsi Valverde realizou un bo encontro, en especial na primeira metade, cando tivo máis a posesión e pisou con frecuencia o área contraria. Neste tramo de partido, Couso gozou dunha ocasión clara de gol, pero non logrou conectar o remate.

Tralo paso polos vestiarios e os cambios, o Pontevedra mostrou unha mellor faciana e o Areas comezou a defender máis que atacar. Aínda así aguantou ó seu rival ata que chegou a expulsión de Cañi nos primeiros minutos do segundo acto.

A partir de aquí, os locais defendéronse de maneira axeitada pero, a oito minutos para o final do partido, Tubo aproveitou un barullo no área para batir a Vitar e facilitar a vitoria do Pontevedra.

Pola súa banda, o Areas aínda tivo que sufrir outra expulsión, neste caso a de Hugo. O equipo de Areas continúa na décimo sexta praza cunha marxe dun punto sobre a zona de descenso. Unha situación compricada.


Cultural Areas: 
Vitas, Damián, Portas, Cañi, Bruno, Fonseca, Couso (David Domínguez, min. 83). Victor Besada, Carlos (Hugo, min. 74), Juan Feijóo (Sito, min. 58), José Arenas.

Pontevedra:
Edu, Adrián, David Feito, Pablo, Iago Vázquez, David García (Kevin Presa, min. 85), Javi Otero, Lede, Pablo Carnero, Fran Fandiño (Tubo, min. 58), David Pérez (Kevin Levis, min. 73).

Gol:
0-1, min. 82: Tubo. 
Árbitro:
Adrián García Rodríguez. Expulsou por dobre amonestación a Cañi (min. 54) e con vermella directa a Hugo (min. 89). Amarela a Vitas, Víctor Besada, Arenas, Adrián, Feito, Carteno e Levis.


FONTE ATLÁNTICO DIARIO