lunes, 2 de noviembre de 2009

Pontevedra B 5-0 Cultural Areas

Partido correspondente a xornada 11 disputado na xunqueira, onde noso equipo pagou moi caro as baixas e os despistes defensivos.

Os primeiros 20 minutos de encontro foron dominados pola Cultural, que ata desperciaria un penalti cometido sobre Gaby e fallado por Xaime, mala sorte.

Pouco depois chegaria o un a cero a favor dos locais, pero o Areas nom tiraria a toalla e David estrallaria un balon no poste da meta contraria. Aínda asi a boa punteria dos locais faria que antes de rematalo primeiro tempo conseguisen o dous a cero.

Na segunda metade o Areas saiu coa moral baixa e moi despistado, polo que iso sumado a eficacia da dianteira do Pontevedra B fixo abultar o marcador ata que o encontro rematara cun 5-0 a favor dos locais. Esperemos o próximo domingo acabar con esta mala racha ante un rival directo, o Santa Comba, veña rapaces a moral sempre moi alta, Forza Areas.