jueves, 10 de febrero de 2011

Que continue a boa racha.

Levamos catro xornadas invictos con dous empates e duas victorias, estas nas últimas duas xornadas. Esta é case que a millor racha da tempada acompañada aparte dun bo xogo da Cultural, esta semana visitamos o cuarto clasificado, o Somozas, polo que esperemos que continue a boa racha aínda que sexa cun empate.

FORZA CULTURAL AREAS!!

martes, 8 de febrero de 2011

Animo Pichi

O central ponteareán da Cultural Pichi lesionouse gravemente no anterior encontro ante o Portonovo rompendo fibras. Dende aqui dar animos e esperemos que se recupere pronto. Sorte Pichi.

lunes, 7 de febrero de 2011

Cult.Areas 3-0 Portonovo

Importantisima victoria da Cultural ante un Portonovo que deu moita guerra, pois os tres tantos da Cultural chegaron case que nos últimos 15 minutos.

O xogo comenzou co noso dominio nos primeiros quince minutos creando ocasións de perigo na meta visitante. Pero a partires do minuto vinte foise enfriando o encontro, combertendose nunha loita pola supremacia no medio do campo, nesa loita o que saiu máis mal parado Pichi, o cal rompeu fibras no minuto 30, polo cal nos quedabamos sem u dos nosos xogadores máis significativos con moito partido por diante. Asi chegabamos o descanso, cun Cultural areas con millores ocasións gozadas pero sim materializalas.

No segundo xogo a Cultural saiu polo encontro, e empezou a asediar a meta do Portonovo. Os visitantes aínda asi nunha contra rápida estiveron cerca de consegir o primeiro gol. Unha das claves da tarde foi a entrada de David Dominguez pola Cultural, no primeiro balom que tocou foi nunha ocasión clara que fallou num man a man co porteiro visitante.
Minutos despois o colexiado pitaria un penalti a prol da Cultural e expulsaria un xogador do Portonovo, pero Maikel erraria a pena máxima. O pouco despois o colexiado expulsaria a Bugallo pola Culural Areas, pasando de novo a igualdade de condicións entre as duas equipas.
Pero foi entóm cando a Cultural deu súa millor cara no último cuarto de hora, wmpurrados polos animos da Lomba abria o marcador Maikel marcando de falta directa. O Portonovo derrumbouse e foi entóm case un monologo do Areas a recta final do partido, aumentando a conta con dous goles máis, un de David e outro de Nandi, o cal foi un autentico golazo do extremos areán.

Bo ambente na Lomba, con unha importante presenza de afeccionados do Portonovo. en canto a nos un dos melores partidos da tempada en canto animación, sobre todo no segundo periodo onde as palmas e os bandeirolos case nom pararon.