A tarde comezaba con moito ambente, polo menos pola nosa parte facendo un pequeno cerveceo nos aleaños da Lomba. Era moito o que nos xogabamos e o ambente anda un pouco tenso pola Lomba, polo que queriamos estar a tope dende o principio.
Pero isto duraria pouco, pois dez minutos despois nunha das poucas contras do Dorneda cae un balón na area do Areas e tras rebotar en Pichi acaba desgraciadamente nas redes, toda unha mala sorte e empataba o Dorneda.
Os seguintes minutos oubo algo de nerviosismo pero a Cultural foi reaccionando grazas a un motivadisimo Roberto Fonseca que se foi arriba con todo e empezouse de novo a crear perigo, axudado tamén pola saida de Nandi o terreo de xogo. Pero apartires de hai o corpo técnico local non entendemos o porque (que xa non e novo este tipo de cousas) cambia a Fonseca a dez minutos para o final, que estaba sendo o motor da equipa ata eses momentos, morrendo asi o partido sen case moito máis que falar sen ser unha última ocasión de Portas.
A todo isto dende aqui podemos facer unhas preguntas o corpo técnico, cambiar o motor do equipo Fonseca sen ter unha tarxeta e deixar a Sanromán por exemplo que tiña tarxeta sendo moito máis defensivo nun partido que non podiamos perder? deixar a Couso no banquillo e sacar a un debutante que ven dunha lesión (Luismi)? deixar a Nandi no banquillo e sair de entrada con Diego? bueno estas son só un par de preguntas que seguramente non teran resposta pero podiamos citar moitas máis...
Como anécdota sorprendente a animación da afección desprazada dende Dorneda, non eran moitos pero moi animosos todo o encontro.
Para semana visitamos o Pontevedra cunha semana tensa na Lomba, pois o domingo pola mañá habera asamblea seral do clube pois o parecer dimite a directiva, estaremos atentos os acontecementos...Forza Areas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario