martes, 8 de mayo de 2012

Autobuses de valde para a viaxe a Betanzos

Este próximo domingo a Cultural Areas xogase a vida por non descender da terceira división en Betanzos ante a equipa desta localidade. O Betanzos o igual que a Cultural xogase todo, polo que vai ser un ambente de moita rivalidade deportiva.
Para mover a a máxima afección posible a Cultural Areas pon en principio 2 autobuses de valde con posibilidade dun terceiro que sairan as 15:30 da igrexa de Areas. Aparte disto, dara a cada siareiro que viaxe nos autobuses 5 € de axuda e que a entrada só custe a metade.
Non fai falla ser socio da Cultural para viaxar nen nada, só ir con gañas de animar e dar alento os nosos xogadores, xa que a marexada areán temos que ser o xogador número 12. O ambente esta servido, ogalla enchamos 3 autobuses de pontareáns en Betanzos e fagamos que o seu campo pareza a Lomba.

ONDE TI SEMPRE VAIAS, SIAREIR@S AREAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario