lunes, 29 de noviembre de 2010

Cult. Areas 0-0 CD Ourense

Encontro disputado na Lomba nunha tarde moi fria, onde tanto a cultural coma o Ourense mostraron un xogo tamen frio e pouco vistoso.
No primeiro xogo o Ourense gozou de algunhas oportunidades, atopando sempre o sensacional gardaredes Samu. A mais clara no minuto 21 nas botas do Ourensan Jordan que se queda so ante Samu gañando este a partida paseandose logo o balom pola sua porta sem atopar rematador.
Nos ultimos 15 minutos a Cultural espabilou e tentouse ir arriba sem claras ocasions.


Na segunda metade a Cultural saiu polo gol e gozou de ocasions claras coma a de Ropero que apiques estivo de abrir o marcador. Logo o partido acomodouse e foi bastante pousado, gozando so contra o final unha ocasion o Ourense con tiro lonxano que se voltou atopar con Samu.


Pero o mellor do choque foi no extradeportivo, onde dous grupos amigos voltaron atoparse e gozaron dun gran dia de xantar e esmorga onde o resultado era o de menos.
Asi pasamos unha moi boa tarde o lado dos camarada de Ouligans, os cales moi na sua liña desmostraron tanto en esmorga coma en animacion que esta categoria quedaselles pequena.


O final reparto de puntos na fria tarde e as das hinchas contentas para os seus lares, mais que polo resultado por voltar toparse e pasar unha grande xornada xuntas. Dende a Horda saudar os compañeiros ourensans e agradecerlles a boa xornada vivida, xa que sim vos esta liga nom seria o mesmo, vemonos a volta.









Video-resumo do encontro: http://http//www.futbolgalego.es/svideo.php?i ... sP1bzAO_5I

No hay comentarios:

Publicar un comentario