martes, 4 de mayo de 2010

Coruxo f.c 3-0 Cult.Areas



Nunca unha unha derrota supo tan bem como quen di, xa que pese que a Cultural fixo un bo partido saiu derrotada por tres tantos a cero, pero despois de agardar case unha hora voltaban boas noticias e a alegria a parroquia pontareán, xa que grazas a outros resultados estabamos salvados matematicamente e asi olvidando o 3-0 recibido no Vao.

O partido en si tubo o primeiro tempo marcado polo vento, o cal afectaba notablemente o xogo. A Cultural intentou mover o balom e creou algunha ocasión clara como un corner que nom chegou a empurrar ninguen as redes. Pola contra o Coruxo creou perigo a balom parado onde rondou cerca da meta de Xan varias veces. Pero a mala sorte recaeu contra a Cultural no desconto do primeiro tempo cando un balom no que o noso gardarredes Xan e noso central Zolas nom se entenderon e aproveitou o dianteiro coruxista para establecer o 1-0.

No segundo xogo a Cultural saiu moi forte e primeiro avisou Nandi fallando un man a man co porteiro local. Pouco despois nunha xogada case igual Nandi voltou a errar contra o porteiro local, fallando o revote deste Couso e voltando a fallar Nandi o revote deste, moi mala sorte para os nosos. Co paso dos minutos a Cultural foi baixando o ritmo e empezou a deixar descoidos no aspecto defensivo, mesmo asi tentou o empate varias veces. Contra o final do xogo o Coruxo marcaria dous goles máis, acabando o encontro inxustamente pra Cultural 3-0.

En canto o aspecto extradeportivo moi bo ambente no Vao e moi bo rollo entre duas afeccións veciñas. O tempo era agradabele e pasamos a previa do encontro paseando e bebendo polos paseos das preias viguesas do Vao e Samil. Moitos areáns desplazados en Coruxo, entre eles catorce membros da Horda que tentamos animar os nosos de mellor forma posible. Proximante colgaremos as fotos do desprazamento

Po domingo celebrarase na Lomba a permanenza, polo que a festa esta garantida. QUE SI OSTIA, SOMOS AINDA DE TERCEIRA, FORZA AREAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario