lunes, 8 de marzo de 2010

Cult. Areas 2-1 Somozas

Pancartas mostradas no encontro en contra das inxustas multas.





Partido disputado na Lomba nunha tarde nublada e cum cespede rápido. O encontro comezou cun forte asalto da Cultural a meta do Somozas, conseguindo asi no minuto seis nun corner o primer tanto areán Vicente. A Cultural nom se conformaba co tanto de Vicente e con bo xogo seguiu asediando a meta visitante destacando unha gran xogada individual de Nandi que apiques estivo de lograr o 2-0.
O Somozas case nom deu sintomas de reacción ata case a media hora de xogo, onde mandou un balom alto na meta de Samu. Asi remataria o primeiro xogo, cun claro dominador tanto no xogo coma no resultado.

Na segunda metade a Cultural relaxariase un pouco e darialle máis soltura o Somozas que empezaba a chegar a meta de Samu con certo perigo, mesmo asi o bo xogo no campo seguia sendo do Areas. O partido estaba aberto pra ambas equipas, e Fonseca no minuto sesenta apunto estivo a de anotar nun lanzamento de falta que rozou o longueiro.
Pero pouco despois chegaria a primeira polemica do partido, xa que no minuto setenta o colexiado pitaria un penalti a prol do Somozas que só viu el, nom podemos explicalo xa que nin sabemos o que pitou. Co penalti chegaria o triste 1-1, que facia que a Lomba deixase de cantar como estaba facendo ata o momento e empezase a silvar ou o cantar xa un mítico cantigo destes lares, "fora".

A Cultural nom tirou a toalla e foise polo gol da victoria facendo que o Somozas se cerrase atras, asi faltando cinco minutos chegaria a segunda polemica do encontro, un penalti sobre Facundo onde o gardaredes visitante o derrumba nun un contra un, o balom marchase fora sen que o porteiro visitante o toque e mesmo asi pita corner o colexiado. Enton estalaria a tensión na Lomba e chegarian as expulsións areáns, con roxa directa a Fonseca e o utillero, ambos no banquillo.
A Lomba enteira atopabase en pé queixandose impotentemente, pero enton foi cando chegou a xustiza, xa que nese mesmo corner Minis conseguiria o tanto da victoria que nos deixa na zona tranquila da clasificación.

Na Lomba rexistrouse unha das entradas menos abultadas, aínda asi superaronse as seiscentas persoas, que en contraste animouse como en poucos partidos ata agora con moi boa animazom. Destacar tamén a presenza de duas patrullas da garda-civil bastante antes xa de comezar o encontro, os cales cosquilleaban con todo, e decir que sequen ca mesma, seguen intentando meter medo e roubar a conta do Areas e os siareiros...

Da Horda entorno 25 siareiros que animamos os 90 minutos con moi boa animazom, unha das mellores da tempada. Durante o encontro mostramos duas pancartas en contra das inxustas multas caidas na semana pasada onde se podia leer "DEMOCRACIA ONDE", "TERRORISTAS QUENS".

No hay comentarios:

Publicar un comentario