lunes, 15 de febrero de 2010

Gran tarde e noite en Verin




Gran xornada a vivida polos siareiros da Horda Pontarean en Verin, tanto no encontro coma pola noite de entroido verinense. Primeiro decir que o trato entre a afeczons e en xeraL pola xente do Verin foi exquisita con nós.

A xornada comezamola xa cedo despois de comer onde máis de unha ducia de membros do grupo nos desplazamos a Verin en tres coches. Unha vez ali nos encontramos con outro par de membros que fixeran a viaxe en autobus. Nos disfrazamos cun orixinal disfraz para o encontro, de animadoras o que deu gran colorido e entramos o campo Jose Arjiz. Unha vez dentro nós diriximos directamente a cantina, na cal dedimos quedar xa diante de esta instalados todo o partido despois de colgar as faixas do grupo.

Durante o encontro oubo unha moi boa animazom por ambas afeczons e un pique moi sano a hora de animar, onde reinou o respeto mutuo e un moi bo rollo. O final empate e todos contentos no campo, acambando o encontro co noso grupo xa moi contentillo ademais de afonicos.

O remate do encontro nos diriximos o centro do pobo onde nos encontramos con outro grupo de ponteareans ali desplazados dunhas trinta persoas onde xuntos disfrutamos da noite do entroido. Como un dos moitos detalles da noite de troula o ocurrido no primeiro bar onde entramos despois de estar bebendo na rúa, onde moitos siareiros do Verin nos identificaron polas nosas camisetas da Cultural e empezamos a cantar todos no bar, chegando a estar todo o local cantando CULTURAL, CULTURAL ou FORZA VERIN ALEE ALEE!!

A noite acabou para nós coa mañan xa moi entrada, onde nos fumos a descansar para os coches despois dunha troula que empezara xa as catro da tarde.
O levantarnos xantamos un cocidiño que coma todos os productos da nosa terra estaba de morte. Despois subimos o castelo de Monterrei, onde sacamos unhas fotos e xa coa tardiña enrriba voltamos de volta para Ponteareas.

Agradecer dende aqui o bo trato recibido en Verin, esperamos voltar a reencontrarnos pronto compañeiros.

FORZA AREAS, FORZA VERIN!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario