lunes, 1 de febrero de 2010

Cul.Areas 1-3 Depor B (Atraco a man armada)








Encontro disputado na lomba no medio dun ambentazo, xa que se pasarom o millar de siareiros que presenciaron o xogo en directo, nun terreo de xogo moi rápido e esvaladizo.

No primeiro tempo impuxo o seu xogo o Deportivo, o cal demotrou ter un nivel moi alto, tanto físicamente como tecnicamente. Asi chegarian os dous tantos coruñeses ante unha Cultural que lle costaba moito crear o xogo, pero que contra os minutos finais empezou a crear perigo e ata teria unha ocasión clarisima para recurtar diferenzas xusto antes do remate do primeiro tempo.

Na reanudazom a cousa cambiou, o Areas foise arriba e empezou a crear perigo, facendo que o Deportivo custaralle moito sacar o balom do seu campo. Xusto co bo xogo do Areas comezaria tamén o colexiado a barrer para os coruñeses, señalando faltas so a prol de estes. Aínda asi no xogo a Cultural estabase impoñendo e asi reduciria diferenzas despois dun fallo do porteiro fabrilista que aprobeitaria Couso. Minutos despois o partido foi un ir e vir, tendo ambas equipas ocasións, pero o xogo o seguia dominando a Cultural. Pero agora seria cando empezaria o verdadeiro roubo, quedando 10 minutos e estando o Areas a punto de marcar o empate, xa que xusto antes tiveramos unha ocasión clarisima Hugo e logo tiramos un balom o longueiro de Gabi, a colexiada acabou demostrando o seu plumeiro. Nunha xogada onde o Depor saia o ataque pero aínda no seu campo, Pichi comete unha falta tecnica soamente co corpo, o que o colexiado sacalle a roxa directa. Varios xogadores da Cultural acercanse para recriminarlle e sem que lle tembrara o pulso saca roxa directa a Xan e despois o delegado do Areas.

O xogo reanudase coa Cultural com nove homes e Josiño na porta, xa que Serapio esgotara os cambios, e tan so 3 minutos despois das inxustas expulsións. Bugallo comete unha entrada de amarilla na que o colexiado volve sacar roxa directa ante un berrar en toda a Lomba de desesperazom. Pouco despois o Depor conseguiria o 1-3 definitivo.

Decir que este atraco nos perxudica moitisimo, nom so porque nos fodeu un posible empate, senom que temos 3 novas baixas para os vindeiros encontros xa que foron todas de roxa directa, que xunto cos lesionados suman un número considerado de baixas.

Por certo gradecer dende aqui a Almudena por sacarnos sempre as fotos dende a bancada, un saudo e grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario