martes, 5 de enero de 2010

Rapido de Bouzas 0-1 Cultu.Areas

Partido disputado no Baltasar de Puxareas, cunha presencia media de espectadores, e case todos eles seguidores da Cultural que nom se quixeron perder este desplazamento tan cercan.

O encontro en si nom foi moi vistoso, nom brilou o xogo que a Cultural nos esta adaptado a ensinar, xa que foi un encontro moi duro e físico. Tanto nós como o Bouzas tiñamos moito en xogo polo que a tensión era máxima. O Cultural adiantouse cedo cun tanto de Nandi de falta directa, e despois deste tanto supo ter a cabeza fría e os pes quentes, polo que nom arriscou atras e tubo moitisimas oportunidades para seguir aumentando a conta en contrataques rápidos ou balons parados.

O Bouzas nom tubo moita reacción e deixouse levar polo xogo duro no medio do campo, onde acabou quedandose sen recursos. Aparte o equipo local polo que vimos sofre moito por alto, sector no que o Areas ten moita maña, isto causoulle os locais moitisimos sustos.
Asi foi todo o partido en si, a Cultural puxo a funda de traballo e sacou tres puntos importantisimos. O único vistoso dos locais foi un gol anulado dudoso, polo resto so mostraron moita forza e física e nada máis, aparte de moito desordé a hora de defender.

Finalmente o partido rematou co unico tanto de Nandi, aínda que o final Brais e Unai tuberon unha ocasión clarisima.
No campo moitisima afección da Cultural, nunha tarde agradable en Bouzas. Da Horda desplazamonos sete membros que pouco poidemos animar, unha das consecuenzas foron dous policias nacionais que se nos pegaron a nós e nos chamaban a atención por todo dentro do campo, nom debian ter que facer xa que nin unha cervexa bebimos nin case un cantico cantamos. Non sabemos a que viu iso, xa que tamén chamaron a atención a outros siareiros do Areas que nom son do grupo nin nada, e o que hai, e iso que nin faixa do grupo levamos nin nada para nom ter que aturar ou discutir con nadie, impresentable. Pero o importante foi a Victoria.

FORZA AREAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario