lunes, 28 de diciembre de 2009

Galiza 9-0 Combinado de Internacional

Xornada de festa para todos os siareiros galegos, que grazas o colectivo Siareir@s Galeg@s pudemoslle dar tod@s nos fuciños a "Feixon" vendo xogar nosa seleczon, a vosa represión e censura dos medios nom nos faran calar.

A xornada comezou as 17:00 do sabado 26 na Alameda de Santiago, onde nos desplazamos alguns membros da Horda en coches propios. Ali comezou a manifestación polas ruas compostelans, destacar a desmesurada presenza policial, xa que polo visto hai cartos pa pagar eses mercenrios e pra organizar un partido nom.

A manifestación acabou diante do estadio de Santa Isabel, estadio onde tendria lugar o encontro. Unha vez dentro do estadio oubo varios discursos para defender noso dereito a ter seleczon nacional do noso páis. Logo cantamos o noso himno nacional xuntos, a verdade foi fermoso ver siareiros de hinchadas rivais cantando o noso himno e pasando bem xuntos.

Xa no partido, a verdade nom hai moito que comentar, o rival un combinado de xogadores de paraguaios e brasileiros nom deron moito traballo a nosa seleczon e a goleada poido ser moito máis ampla. Destacar que no combinado galego xogaron xuntos homes e mulleres. Nas bancadas ambentazo, con moitos canticos de apoio os nosos campións e nosa seleczon.

O remate do partido oubo concertos, pero os membros da Horda tubemos que voltar para Ponteareas por compromisos propios. Dar grazas e apoio a Siareir@s Galeg@s por nom deixar que a nosa seleczon se perda no olvido. ABANTE GALIZA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario