martes, 22 de diciembre de 2009

Cult. Areas 0-1 Coruxo

Partido disputado na Lomba nunha tarde moi fría, onde se rozaron os 0 grados. A Cultural saiu moi concentrada e con moita ilusión neste encontro, a grada ruxía e asi nos primeiros minutos Gaby avisou o gardaredes visitante das suas intencións.

A Cultural empezou forte e dominando, Fonseca volvia avisar en forma de falta de novo o gardaredes visitante, o cal tubo que forzarse para paralo. Mentres o Coruxo nom daba señais de vida, limitandose a seguires o compas da Cultural. Asi foi o primeiro tempo, onde a Cultural levou totalmente o peso do partido, sobresaltar tamén no primeiro tempo unha cesión pitada en contra da Cultural despois dun despexe dende o medio do campo, algo inusual na Lomba, pero xa estamos adaptados a todo con estes “profesionais”.

Na segunda metade o Coruxo tubo prácticamente sua primeira ocasión no minuto dez, pero aínda asi o partido nom cambiaria o rumbo e a Cultural seguía marcando o ritmo do xogo con bo futbol, o cal o Coruxo intentaba parar a base de faltas, as cales nom eran amolestadas aínda que foran constantes e algunas fortes. Asi volverían a chegar ocasións e centros sen rematadores no último instante. Pero a ocasión máis clara estuvo nas botas de David, que despois dunha brillante xogada individual quedouse só diante do gardaredes visitante, pero seu disparo foise fora. Pouco despois a Gaby señalarianlle un fora de xogo inexistente no cal quedabase diante do porteiro.

Pero o peor e a inxustiza do futbol estaba por chegar, porque sen merecelo e despois dunha falta nom sinalada polo colexiado e unha mala saida de Xan chegaria o gol do Coruxo. A Cultural intentou por todos os medios o empate pero o balón nom quería entrar na portería visitante. Destacar tamén un saque de falta do Coruxo onde Xan tivo que estirarse o límite para poder chegar.

O partido acabaría asi, onde a todos os areans nos quedou cara de impotenza e inxustiza, pero asi e o futbol, cando vas nos postos altos todo che sae ben e iso pasoulle o Coruxo. Nas bancadas ambentazo, con cerca de 1.000 afeccionados cun nutrido número de siareiros do Coruxo. No fondo da Horda case 40 siareiros os cales nom paramos de animar e berrar nos 90 minutos. No comezo do partido recibimos os nosos cun pouco de nitrato e unha gran ovación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario