jueves, 20 de febrero de 2014

lunes, 17 de febrero de 2014

Boiro 4-2 Cultural Areas



 No centro Gran afluenza de afección areán en Boiro.

Quinta derrota seguida do Areas

O Cultural Areas sumou na xornada de onte a quinta derrota consecutiva ante o Boiro nun encontro de moitas alternativas e na que o conxunto de Fonsi Valverde pagou moi cara a expulsión de Carlos Pereira ó comezo da segunda metade. 
Víctor Besada agarra a un jugador del Boiro.
Víctor Besada agarra a un jugador del Boiro.

Ata quedar cun xogador menos sobre o campo, o conxunto de Ponteareas mostrou unha das mellores versións das últimas semanas e adiantouse no tanteador por medio de Cañi ó cuarto de hora de partido e o tanteador non se moveu ata despois do descanso. 

A segunda metade comezou con moito movemento. Padín, no terceiro minuto, devolveu as táboas ó tanteador e Cuadrado, dous minutos máis tarde, superou a Mackay. O dianteiro, que comenza a supera os problemas físicos, puxo de novo en vantaxe ó Areas. 

Neste punto remataron as boas noticias para os de Fonsi Valvede. Na xogada seguinte, Carlos Pereira viu o segundo cartón amarelo e deixou ó seu equipo en inferioridade. Deste xeito, dez minutos máis tarde chegou a igulada por medio de Iván González e, con vintecinco minutos por xogar, a derrota dos branquiazuis era cuestión de tempo. 

O terceiro tanto local, obra de Hugo Soto, chegou pouco despois e xa no tramo final, Moure pechou o partido. 

Con esta derrota, a quinta consecutiva, o Cultural Areas, penúltimo, afúndese un pouco máis na táboa e agora está a tres puntos da zona de permanencia.

Boiro: 
Mackay, Alló, Javier Pérez (Armental, min. 48), Casais, Rendo, Pedro García (Iván González, min. 59), Rubén Márquez (Moure, min. 72), Bendaña, Padín, Juan Vidal, Hugo Soto.
Cultural Areas: 
Adrián, Samu, Sito, Cañi, Bruno, Fonseca, Carlos Pereira, Víctor Besada (Pichi, min. 63), Cuadrado, Juan Feijóo (Couso, min. 71), José Arenas.
Goles:
0-1, min. 16: Cañi; 1-1, min. 48: Padín; 1-2, min. 50: Cuadrado; 2-2, min. 62: Iván González; 3-2, min. 68: Hugo Soto; 4-2, min. 81: Moure. 
Árbitro: 
Fernando Formoso Sánchez. Expulsou por dobre amonestación a Carlos Pereira polo Cultural Areas. Amosou cartón amarelo a Javier Pérez e Juan Vidal polo Boiro e a Víctor Besada, Cuadrado, José Arenas e Couso polo Cultural Areas. 
Incidencias:
Vixésimo sexta xornada de no grupo I de Terceira División. 
FONTE ATLÁNTICO DIARIO 





lunes, 10 de febrero de 2014

Cultural 0-3 Ordes


Costa abaixo e sen freos

O Culturas Areas encaixou a cuarta derrota consecutiva ó caer no seu campo ante o Ordes
Compartir en:   
REDACCIÓN. VIGO DEPORTESAD@ATLANTICO.NET - 10-02-2014
O Cultural Areas sufriu onte una dolorosa derrota e xa acumula catro consecutivas. Dende que Fonsi Valverde asumiu o mando do equipo, o equipo de Ponteareas soamente logrou unha vitoria, no primeiro partido.
Víctor Besada, do Areas, trata de superar a presión dun xogador do Ordes.
Víctor Besada, do Areas, trata de superar a presión dun xogador do Ordes.

O equipo local mostrou onte no seu terreo de xogo de A Lomba a súa peor versión. Nunha primeira metada para esquecer, os pupilos de Valverde encaixaron tres tantos e, sobre todo, deron a sensación de equipo desdibuxado, con moitos problemas para elaborar xogadas cun mínimo de perigo ante un Ordes que estivo moi cómodo.

Adrián Quintairos puxo en vantaxe o seu equipo os catro minutos de xogo cando logrou rematar un centro ó borde do área pequena e cruzar o esférico de xeito que Vitas non o alcanzou.

No treito final da primeira metada chegou a sentanza do partido. Adrián Abelenda foi o encargado de executar ó Areas ó rematar un rexeite dentro do área tras un saque de curruncho.

A falta de catro minutos para o descanso, o propio Abelenda desbordou a defensa local para solventar o man a man ante Vitas cunha vaselina e enviar ó Areas a penúltima posición.


Cultural Areas: 
Vitas, Samu, Portas,Bruno, Sito (Alberto, min. 74), Fonseca, Víctor Besada, Hugo, Juan Feijóo, José Arenas, Álex Rey (Cuadrado; min. 46)

Ordes: 
Mario, Abelenda (Freijeiro, min. 72), Cea, David Rey, Cabrejo, Mariño, Adrián Quintairos (Alberto, min. 85), Javi Rey (Martín, min. 80), Capelo, Álex Castro.

Goles:
0-1, min. 4: Adrián Quintairos; 0-2, min. 37: Abelenda; 0-3, min. 41: Abelenda. 
Árbitro: 
Antonio Loira Rodríguez. Mostrou cartón amarelo a Fonseca e Hugo polo Areas e a Javi Rey e Abelenda polo Ordes.

Incidencias:
Partido disputado en A Lomba.

lunes, 27 de enero de 2014

Cultural Areas 0-1 Pontevedra


Xornada na que nos visitou un grande da categoría, o Pontevedra. Noso colectivo comezou a xornada cedo, cunha quedada primeiro para a sesión vermú, e logo xantar no noso bar habitual. O rematar fixemos unha pequena kalimotxada  e posto que o partido era cedo, as 16:30 para o campo.

Unha vez na Lomba, coas gradas ateigadas de siareiros e unha gran afluencia de peñistas do Pontevedra, viviuse cunha gran emoción e animación o encontro. Pola nosa banda moi boa animación todo o encontro, pero sen esquecernos tampouco da afección da parroquia areán que tamén animaron todo o encontro facendo que os muitos desprazados dende Pontevedra apenas se escoitasen.

Finalmente tras unha expulsión inxusta e un polémico gol onde puido haber man primeiro e vido dunha xogada anterior onde non existira falta, rematamos un bo partido traballado no campo con nove e un moi mal sabor de boca pola actuación arbitral. Desgraciadamente isto non e novo, xa estamos adaptados e o mesmo tempo fartos que os pequenos antes os grandes desta categoría, a batuta arbitral sempre caia para o lado dos mesmos.

Expulsión decisiva

Compartir en:   
REDACCIÓN. VIGO DEPORTESAD@ATLANTICO.NET - 27-01-2014
O Cultural Areas perdeu onte unha boa ocasión para sumar uns puntos preciosos na loita por manter a categoría ó saír derrotado ante o Pontevedra no seu campo de A Lomba.
O Areas perdeu pola mínima ante o Pontevedra en A Lomba.
O Areas perdeu pola mínima ante o Pontevedra en A Lomba.


O equipo que dirixe Fonsi Valverde realizou un bo encontro, en especial na primeira metade, cando tivo máis a posesión e pisou con frecuencia o área contraria. Neste tramo de partido, Couso gozou dunha ocasión clara de gol, pero non logrou conectar o remate.

Tralo paso polos vestiarios e os cambios, o Pontevedra mostrou unha mellor faciana e o Areas comezou a defender máis que atacar. Aínda así aguantou ó seu rival ata que chegou a expulsión de Cañi nos primeiros minutos do segundo acto.

A partir de aquí, os locais defendéronse de maneira axeitada pero, a oito minutos para o final do partido, Tubo aproveitou un barullo no área para batir a Vitar e facilitar a vitoria do Pontevedra.

Pola súa banda, o Areas aínda tivo que sufrir outra expulsión, neste caso a de Hugo. O equipo de Areas continúa na décimo sexta praza cunha marxe dun punto sobre a zona de descenso. Unha situación compricada.


Cultural Areas: 
Vitas, Damián, Portas, Cañi, Bruno, Fonseca, Couso (David Domínguez, min. 83). Victor Besada, Carlos (Hugo, min. 74), Juan Feijóo (Sito, min. 58), José Arenas.

Pontevedra:
Edu, Adrián, David Feito, Pablo, Iago Vázquez, David García (Kevin Presa, min. 85), Javi Otero, Lede, Pablo Carnero, Fran Fandiño (Tubo, min. 58), David Pérez (Kevin Levis, min. 73).

Gol:
0-1, min. 82: Tubo. 
Árbitro:
Adrián García Rodríguez. Expulsou por dobre amonestación a Cañi (min. 54) e con vermella directa a Hugo (min. 89). Amarela a Vitas, Víctor Besada, Arenas, Adrián, Feito, Carteno e Levis.


FONTE ATLÁNTICO DIARIO

lunes, 20 de enero de 2014

Barbadas 3-0 Cultural Areas


Mal partido da nosa Cultural en terras ourensáns, onde nos faltou intensidade e confianza. Ata alí nos desprazamos oito membros da Horda, os cales fartos de pagar entradas abusivas para encontros de terceira (de 10 a 12 €, cando por exemplo en Francia podes entrar nun fondo de primeira por 4 €) decidimos ver o partido dende fora, atopando un alto dende o cal mirabamos o campo como se estivésemos na grada visitante do Camp Nou.

Desa forma nos aforramos 80 pavazos que no tempo que corren son cartos para un domingo. Nosa afección e amor o noso clube vai deixar de ser un negocio e moedeiro para uns poucos que frotan mans na taquilla nos nosos desprazamentos. Non o fútbol moderno capitalista e dos cartos.

O Areas volve a caer lonxe do seu campo

Compartir en:   
REDACCIÓN. VIGO DEPORTESAD@ATLANTICO.NET - 20-01-2014
O Cultural Areas sumou unha nova derrota lonxe do seu campo de A Lomba. No que vai de tempada, só logrou catro puntos coma visitante e onte viviu a mesma historia que noutros moitos encontros. 
O Cultural Areas perdeu onte na visita ó Barbadás.
O Cultural Areas perdeu onte na visita ó Barbadás.

O Barbadás foi claramente superior e logrou o primeiro tanto no séptimo minuto de xogo, cando Nuno colga un balón ó área e Vitas mide mal a saída, de forma que o esférico chega ata o fondo da portería.

Xa no segundo tempo, César cabecea un saque de curruncho para ampliar a renda dos de Ourense e a sentenza chega a doce minutos do final do encontro, cando Luis González enviou unha falta lateral que superou por alto a Vitas. Terceiro gol local, os tres en xogadas a balón parado.

Malia a derrota, o Areas consegue non caer esta xornada na zona de descenso e o vindeiro domingo recibe no seu campo de A Lomba ó potente Pontevedra, que se atopa en liña ascendente.


Barbadás: 
Berto, Martín Fernández, Alfredo, César, Vieites, Currás, Martín Pérez (Rafita, min. 53), Nuno (Luis, min. 49), Hugo, Moisés, Cristian (Jorge, min. 65).

Cultural Areas: 
Vitas, Damián, Portas, Cañi, Bruno, Fonseca (Costas, min. 83), Hugo (Couso, min. 63), Juan Feijóo, David Domínguez, José Arenas, Carlos (Alberto, min. 70).

Goles: 
1-0, min. 7: Nuno; 2-0, min. 72: César; 3-0, min. 78: Luis González. 
Árbitro: 
Óscar López. Mostrou cartón amarelo a Nuno, Currás e Jorge. 
Incidencias:
Partido correspondente á vixésimo terceira xornada de Terceira División disputado nos Carrís.

Fonte diario Atlántico.

lunes, 13 de enero de 2014

Cultural Areas 5-1 Deportivo B




O Areas sae do descenso no estreo de Fonsi Valverde

O conxunto de Ponteareas explotou a expulsión do visitante Stefan para anotar cinco goles
Compartir en:   
JORGE CASTRO. VIGO DEPORTESAD@ATLANTICO.NET - 13-01-2014
Tras varias oportunidades nas que non o conseguiu e tras a sustitución de Julio Álvarez por Fonsi Valverde no banco, o Cultural Areas logrou abandoar os postos de descenso despois de endosar unha goleada onte na Lomba o Deportivo B nun encontro condicionado pola expulsión de Stefan.
Fonsi Valverde da instruccións ós seus futbolistas no encontro de onte.
Fonsi Valverde da instruccións ós seus futbolistas no encontro de onte.

Cos tres puntos de onte, os de Ponteareas sumaron a quinta vitoria consecutiva no seu campo. Tras un inicio nefasto de campaña, o equipo enderezou o seu rumbo na casa e co anterior técnico xa albiscaba saír do túnel. Aínda así, as derrotas a domicilio ante Rápido e Alondras propiciaron o troco de adestrador e Fonsi Valverde continuou a boa xeira de resultados como local do Areas. A vindeira semana comeza o reto de sumar como visitante.

No enfrontamento de onte, o filial do Deportivo adiantouse no tanteador cun gol de Chiño ós sete minutos de partido e despois, entre o minuto vinte e a media hora de xogo, sucedéronse unha serie de feitos que racharon o transcurso lóxico do encontro e, tamén, favoreceron o equipo de Ponteareas.

Primeiro, o central Insúa, un dos mellores da categoría na súa posición, retírouse do campo por lesión. Foi sustituido por Stefan e ós catro minutos chegou unha pena máxima que converteu José Arenas. Igualada e, dous minutos despois, segundo cartón para Stefan que deixou ó seu equipo con dez e sen recambios para a defensa.

Aínda así, non se amilanou o Deportivo B, que tratou de gañar o partido pero topouse cun Areas intelixente que tirou proveito da súa superioridade numérica para asinar unha goleada na segunda metade.


Cultural Areas: 
Vitas, Damián, Portas, Cañi, Bruno, Fonseca (Brais, min. 80), Hugo, Couso (David, min. 63), Carlos (Demi, min. 69), Juan Feijóo, José Arenas.

Deportivo B: 
David, Roberto, Uxío, Sidibé, Insúa (Stefan, min. 20), Teijeiro, Caño (Álex Pérez, min. 71), Ángel, Dani Iglesias, Romay, Chiño (Remeijeiro, min. 52).

Goles: 
0-1, min. 7: Chiño; 1-1, min. 24: José Arenas, de penalti; 2-1, min. 50: Juan Feijóo; 3-1, min. 58: Damián; 4-1, min. 65: Carlos; 5-1, min. 77: José Arenas.

Árbitro: 
Abel Fernández Lodeiro. Expulsou por dobre amonestación a Stefan (min. 26). Mostrou cartón amarelo a Bruno e Couso polo Areas.

lunes, 2 de diciembre de 2013

Cultural Areas 2-0 Laracha


A paciencia rendible

O Areas sumou a terceira vitoria seguida en A Lomba e está a un punto de saír do descenso
Poucos adestradores poden aguantar nun banco sen gañar dez xornadas e, probablemente, menos presidentes teñen a paciencia necesaria para mantelo ó fronte do equipo. Isto sucedeu este ano no Cultural Areas: Julio Álvarez continúa como adestrador e coa confianza de Domingos Freitas, a pesar de que a primeira vitoria non chegou ata a xornada undécima e cando o equipo estaba afundido no último posto.
O Cultural Areas sumou a terceira vitoria consecutiva no seu campo de A Lomba.
O Cultural Areas sumou a terceira vitoria consecutiva no seu campo de A Lomba.

Agora, dous meses despois, o Cultural Areas sumou onte a terceira vitoria consecutiva no seu campo de A Lomba e está a un punto de saír da zona de descenso. Con traballo e pouco a pouco, os de Ponteareas parecen atopar o punto de xogo preciso para loitar pola permanencia.

No encontro de onte viviron a xornada máis tranquila no que vai de campaña ante o Laracha. Tras unha primeira metade sen demasiadas ocasións, José Arenas aproveitou un disparo dende a frontal do área para batir a Vitas mediado o segundo tempo. Damián non puido facer nada ante o puntapé do extremo do Areas e, dez minutos despois, o cadro local resolveu o partido.

Carlos Pereira meteu o pase profundo para David Domínguez, que chegou ante o gardaredes visitante. Primeiro durmiuse pero, ó final, logrou conectar o remate ante o oposición de Damián.

Cultural Areas:
Vitas, Samuel, Portas, Pichi, Sito, Alberto (Hugo, min. 77), Carlos Pereira (Demi, min. 89), Cañi, Couso (David Domínguez, min. 59), Juan Feijóo, José Arenas.
Laracha:
Damián, Raúl, Jorge, Fandiño, Javi VIllar, Beto, Josiño (Bouza, min. 69), Brais, Edu, Rebolo (Kevin, min. 84), Emilio (Taibo, min. 74).
Goles:
1-0, min. 63: José Arenas; 2-0, min. 74: David Domínguez.
Árbitro:
Martínez Barral. Amosou cartón amarelo a Hugo e Couso polo Cultural Areas e a Brais polo Laracha.
Incidencias:
Partido correspondente a décimo sexta xornada de liga en Terceira División disputado no campo de A Lomba ante, aproximadamente, 400 espectadores.