jueves, 30 de enero de 2014
lunes, 27 de enero de 2014
Cultural Areas 0-1 Pontevedra
Xornada na que nos visitou un grande da categoría, o Pontevedra. Noso
colectivo comezou a xornada cedo, cunha quedada primeiro para a sesión vermú, e
logo xantar no noso bar habitual. O rematar fixemos unha pequena kalimotxada e posto que o partido era cedo, as 16:30 para
o campo.
Unha vez na Lomba, coas gradas ateigadas de siareiros e unha gran afluencia
de peñistas do Pontevedra, viviuse cunha gran emoción e animación o encontro.
Pola nosa banda moi boa animación todo o encontro, pero sen esquecernos
tampouco da afección da parroquia areán que tamén animaron todo o encontro
facendo que os muitos desprazados dende Pontevedra apenas se escoitasen.
Finalmente tras unha
expulsión inxusta e un polémico gol onde puido haber man primeiro e vido dunha
xogada anterior onde non existira falta, rematamos un bo partido traballado no
campo con nove e un moi mal sabor de boca pola actuación arbitral.
Desgraciadamente isto non e novo, xa estamos adaptados e o mesmo tempo fartos
que os pequenos antes os grandes desta categoría, a batuta arbitral sempre caia
para o lado dos mesmos.
O Cultural Areas perdeu onte unha boa ocasión para sumar uns puntos preciosos na loita por manter a categoría ó saír derrotado ante o Pontevedra no seu campo de A Lomba.

O equipo que dirixe Fonsi Valverde realizou un bo encontro, en especial na primeira metade, cando tivo máis a posesión e pisou con frecuencia o área contraria. Neste tramo de partido, Couso gozou dunha ocasión clara de gol, pero non logrou conectar o remate.
Tralo paso polos vestiarios e os cambios, o Pontevedra mostrou unha mellor faciana e o Areas comezou a defender máis que atacar. Aínda así aguantou ó seu rival ata que chegou a expulsión de Cañi nos primeiros minutos do segundo acto.
A partir de aquí, os locais defendéronse de maneira axeitada pero, a oito minutos para o final do partido, Tubo aproveitou un barullo no área para batir a Vitar e facilitar a vitoria do Pontevedra.
Pola súa banda, o Areas aínda tivo que sufrir outra expulsión, neste caso a de Hugo. O equipo de Areas continúa na décimo sexta praza cunha marxe dun punto sobre a zona de descenso. Unha situación compricada.
Cultural Areas:
Vitas, Damián, Portas, Cañi, Bruno, Fonseca, Couso (David Domínguez, min. 83). Victor Besada, Carlos (Hugo, min. 74), Juan Feijóo (Sito, min. 58), José Arenas.
Pontevedra:
Edu, Adrián, David Feito, Pablo, Iago Vázquez, David García (Kevin Presa, min. 85), Javi Otero, Lede, Pablo Carnero, Fran Fandiño (Tubo, min. 58), David Pérez (Kevin Levis, min. 73).
Gol:
0-1, min. 82: Tubo.
Árbitro:
Adrián García Rodríguez. Expulsou por dobre amonestación a Cañi (min. 54) e con vermella directa a Hugo (min. 89). Amarela a Vitas, Víctor Besada, Arenas, Adrián, Feito, Carteno e Levis.

O Areas perdeu pola mínima ante o Pontevedra en A Lomba.

FONTE ATLÁNTICO DIARIO
lunes, 20 de enero de 2014
Barbadas 3-0 Cultural Areas
Mal partido da nosa Cultural en terras ourensáns, onde nos faltou intensidade e confianza. Ata alí nos desprazamos oito membros da Horda, os cales fartos de pagar entradas abusivas para encontros de terceira (de 10 a 12 €, cando por exemplo en Francia podes entrar nun fondo de primeira por 4 €) decidimos ver o partido dende fora, atopando un alto dende o cal mirabamos o campo como se estivésemos na grada visitante do Camp Nou.
Desa forma nos aforramos 80 pavazos que no tempo que corren son cartos para un domingo. Nosa afección e amor o noso clube vai deixar de ser un negocio e moedeiro para uns poucos que frotan mans na taquilla nos nosos desprazamentos. Non o fútbol moderno capitalista e dos cartos.
O Areas volve a caer lonxe do seu campo
O Cultural Areas sumou unha nova derrota lonxe do seu campo de A Lomba. No que vai de tempada, só logrou catro puntos coma visitante e onte viviu a mesma historia que noutros moitos encontros.

O Barbadás foi claramente superior e logrou o primeiro tanto no séptimo minuto de xogo, cando Nuno colga un balón ó área e Vitas mide mal a saída, de forma que o esférico chega ata o fondo da portería.
Xa no segundo tempo, César cabecea un saque de curruncho para ampliar a renda dos de Ourense e a sentenza chega a doce minutos do final do encontro, cando Luis González enviou unha falta lateral que superou por alto a Vitas. Terceiro gol local, os tres en xogadas a balón parado.
Malia a derrota, o Areas consegue non caer esta xornada na zona de descenso e o vindeiro domingo recibe no seu campo de A Lomba ó potente Pontevedra, que se atopa en liña ascendente.
Barbadás:
Berto, Martín Fernández, Alfredo, César, Vieites, Currás, Martín Pérez (Rafita, min. 53), Nuno (Luis, min. 49), Hugo, Moisés, Cristian (Jorge, min. 65).
Cultural Areas:
Vitas, Damián, Portas, Cañi, Bruno, Fonseca (Costas, min. 83), Hugo (Couso, min. 63), Juan Feijóo, David Domínguez, José Arenas, Carlos (Alberto, min. 70).
Goles:
1-0, min. 7: Nuno; 2-0, min. 72: César; 3-0, min. 78: Luis González.
Árbitro:
Óscar López. Mostrou cartón amarelo a Nuno, Currás e Jorge.
Incidencias:
Partido correspondente á vixésimo terceira xornada de Terceira División disputado nos Carrís.
Fonte diario Atlántico.

O Cultural Areas perdeu onte na visita ó Barbadás.

Etiquetas:
Desplazamentos,
Encontros,
Horda Pontareán,
Protesta
miércoles, 15 de enero de 2014
lunes, 13 de enero de 2014
Cultural Areas 5-1 Deportivo B
O Areas sae do descenso no estreo de Fonsi Valverde
O conxunto de Ponteareas explotou a expulsión do visitante Stefan para anotar cinco goles
Tras varias oportunidades nas que non o conseguiu e tras a sustitución de Julio Álvarez por Fonsi Valverde no banco, o Cultural Areas logrou abandoar os postos de descenso despois de endosar unha goleada onte na Lomba o Deportivo B nun encontro condicionado pola expulsión de Stefan.

Cos tres puntos de onte, os de Ponteareas sumaron a quinta vitoria consecutiva no seu campo. Tras un inicio nefasto de campaña, o equipo enderezou o seu rumbo na casa e co anterior técnico xa albiscaba saír do túnel. Aínda así, as derrotas a domicilio ante Rápido e Alondras propiciaron o troco de adestrador e Fonsi Valverde continuou a boa xeira de resultados como local do Areas. A vindeira semana comeza o reto de sumar como visitante.
No enfrontamento de onte, o filial do Deportivo adiantouse no tanteador cun gol de Chiño ós sete minutos de partido e despois, entre o minuto vinte e a media hora de xogo, sucedéronse unha serie de feitos que racharon o transcurso lóxico do encontro e, tamén, favoreceron o equipo de Ponteareas.
Primeiro, o central Insúa, un dos mellores da categoría na súa posición, retírouse do campo por lesión. Foi sustituido por Stefan e ós catro minutos chegou unha pena máxima que converteu José Arenas. Igualada e, dous minutos despois, segundo cartón para Stefan que deixou ó seu equipo con dez e sen recambios para a defensa.
Aínda así, non se amilanou o Deportivo B, que tratou de gañar o partido pero topouse cun Areas intelixente que tirou proveito da súa superioridade numérica para asinar unha goleada na segunda metade.
Cultural Areas:
Vitas, Damián, Portas, Cañi, Bruno, Fonseca (Brais, min. 80), Hugo, Couso (David, min. 63), Carlos (Demi, min. 69), Juan Feijóo, José Arenas.
Deportivo B:
David, Roberto, Uxío, Sidibé, Insúa (Stefan, min. 20), Teijeiro, Caño (Álex Pérez, min. 71), Ángel, Dani Iglesias, Romay, Chiño (Remeijeiro, min. 52).
Goles:
0-1, min. 7: Chiño; 1-1, min. 24: José Arenas, de penalti; 2-1, min. 50: Juan Feijóo; 3-1, min. 58: Damián; 4-1, min. 65: Carlos; 5-1, min. 77: José Arenas.
Árbitro:
Abel Fernández Lodeiro. Expulsou por dobre amonestación a Stefan (min. 26). Mostrou cartón amarelo a Bruno e Couso polo Areas.

Fonsi Valverde da instruccións ós seus futbolistas no encontro de onte.

lunes, 2 de diciembre de 2013
Cultural Areas 2-0 Laracha
A paciencia rendible
O Areas sumou a terceira vitoria seguida en A Lomba e está a un punto de saír do descenso
Poucos adestradores poden aguantar nun banco sen gañar dez xornadas e, probablemente, menos presidentes teñen a paciencia necesaria para mantelo ó fronte do equipo. Isto sucedeu este ano no Cultural Areas: Julio Álvarez continúa como adestrador e coa confianza de Domingos Freitas, a pesar de que a primeira vitoria non chegou ata a xornada undécima e cando o equipo estaba afundido no último posto.

O Cultural Areas sumou a terceira vitoria consecutiva no seu campo de A Lomba.
Agora, dous meses despois, o Cultural Areas sumou onte a terceira vitoria consecutiva no seu campo de A Lomba e está a un punto de saír da zona de descenso. Con traballo e pouco a pouco, os de Ponteareas parecen atopar o punto de xogo preciso para loitar pola permanencia.
No encontro de onte viviron a xornada máis tranquila no que vai de campaña ante o Laracha. Tras unha primeira metade sen demasiadas ocasións, José Arenas aproveitou un disparo dende a frontal do área para batir a Vitas mediado o segundo tempo. Damián non puido facer nada ante o puntapé do extremo do Areas e, dez minutos despois, o cadro local resolveu o partido.
Carlos Pereira meteu o pase profundo para David Domínguez, que chegou ante o gardaredes visitante. Primeiro durmiuse pero, ó final, logrou conectar o remate ante o oposición de Damián.
Cultural Areas:
Vitas, Samuel, Portas, Pichi, Sito, Alberto (Hugo, min. 77), Carlos Pereira (Demi, min. 89), Cañi, Couso (David Domínguez, min. 59), Juan Feijóo, José Arenas.
Laracha:
Damián, Raúl, Jorge, Fandiño, Javi VIllar, Beto, Josiño (Bouza, min. 69), Brais, Edu, Rebolo (Kevin, min. 84), Emilio (Taibo, min. 74).
Goles:
1-0, min. 63: José Arenas; 2-0, min. 74: David Domínguez.
Árbitro:
Martínez Barral. Amosou cartón amarelo a Hugo e Couso polo Cultural Areas e a Brais polo Laracha.
Incidencias:
Partido correspondente a décimo sexta xornada de liga en Terceira División disputado no campo de A Lomba ante, aproximadamente, 400 espectadores.
domingo, 17 de noviembre de 2013
domingo, 3 de noviembre de 2013
lunes, 23 de septiembre de 2013
Cultural Areas 0-0 Negreira
Novo mal partido da nosa Cultural no noso feudo, parece
que nos custa arrancar e temos un xogo muito feble. O partido foi moi pousado,
onde a Cultural custalle un mundo chegar a área rival e muito máis rematar as
ocasións, só nos últimos 20 minutos coa saída de Fonseca fixemos algo de
presión sobre o gardaredes do Negreira.
Xogo pouco agresivo, moi atrasado e sen case perigo,
engadir xogadores no campo que deberían estar no banquillo e viceversa, a isto
dende a Horda mandamos un consello o responsable neste caso, míster esperte! que de seguir así seremos carne de canón para preferente.
Esperemos que para os vindeiros partido volte esa “garra" que sempre nos caracterizou de luita e entrega no campo.
miércoles, 18 de septiembre de 2013
lunes, 16 de septiembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)