lunes, 20 de junio de 2011

Posible milagre aínda da salvación

A Cultural Areas inda ten un último milagre de manter a terceira división, pois despois de ser descendidos por arrastres temos a posibilidade de manter a praza no caso de que a equipa Mesón do Bento sexa descendido por impagos. Esta equipa ten esta semana para buscar un patrocinador para que pague seus impagos e poidan manter a praza na terceira.

Pola nosa banda pode ser un milagre deúltima hora que nos faga manternos na terceira.

martes, 14 de junio de 2011

Resumo da tempada 10/11 en fotos

















Descendidos o fin por arrastres.

Finalmente somos equipo de preferente tras ser arrastrados polo Fabril e nom conseguir subir ningún galego de terceira a segunda B. Mesmo asi seguiremos ilusionados abante e esperomos voltar pronto a terceira.

Nos da magoa como equipa, afección e sobre todo grupo, nom participar na terceira galega que se espera po ano con equipas coma o Pontevedra, Racing de Ferrol, Ourense e Fabril cos seus respectivos grupos. Esperemos estar pronto na elite o futbol galego, voltareamos!!!!!

jueves, 19 de mayo de 2011

miércoles, 18 de mayo de 2011

Esperando a salvación.

Agora mesmo estamos ante un futuro incerto, pois co descenso do Fabril nos arrastra a preferente, pero se logra algún galego o ascenso a segunda B conseguiremos manter a categoria.

Dende aqui dar animos os catro equipos galegos para a fase de ascenso, pois se gañan eles tamén gañamos nos.
Tamén dar moitos animos a nosos compañeiros de Ourense, esperamos que consigades o ansiado ascenso a 2ªB.

lunes, 16 de mayo de 2011

R.Bouzas 0-3 Cult.Areas

Importantísima victoria da Cultural Areas no derradeiro encontro da tempada no Baltar Pujares, que cando menos nos sacou dos postos de descenso directo.

O partido en si foi moi tranquilo e con pouca presión, a cultural adiantouse moi rápido no marcador ante a pouca insistencia dun Bouzas que nom se xogaba nada, cunlindo asi a Cultural na súa obrigada victoria.

Mesmo asi o perder o Fabril en Guadalaxara e sentenzar seu descenso a terceira, fai que agora mesmo teñamos que esperar os resultados da fase de ascenso a 2ªB para saber se salvamos a categoria.

As 4 equipas galega, Cerceda, Racing de Ferrol, Vilalbés e como nom nosos amigos do Ourense teñen noso incondicional apoio, moita sorte!!

miércoles, 11 de mayo de 2011

miércoles, 4 de mayo de 2011

lunes, 2 de mayo de 2011

Cult.Areas 1-1 Naron

Partido malo nunha tarde choivosa na Lomba, onde o Naron practicou un fútbol moi defensivo e extratéxico. O partido baseouse nun mil intentar da Cultural de pasar os bem defendidos muros do Naron.
Adiantariase o Naron cunha xogada de extratexia nun corner no segundo xogo, no cal sorprenderon a saga areán completamente. Pouco despois conseguiamos o empate grazas a un gol de David Dominguez.
O final empate nun partido malo que nos deixa a deriva sobre o decenso, posto que estamos a dous puntos por enriba deste cun partido máis a falta de dúas xornada.

Na Loma moi bo ambente, con alrededor de 1.000 siareiros nunha tarde mollada polas choivas. Boa entrada tamén no noso fondo, con un bo número de simpatizantes.




viernes, 29 de abril de 2011

miércoles, 27 de abril de 2011

Entrada libre o domingo na Lomba

No último encontro da tempada e visto o moito que nos xogamos a directiva da Cultural Areas decidiu por entrada de valde na Lomba. Mesmo asi nom sera facil encher o campo pois o sabado a noite é a acampada romeria do monte da Picaraña (Ponteareas). Mesmo asi animamos a todos membros da Horda, simpatizante e ex-membros a asistir e animala nosa Cultural, pois nos xogamos a permanenza neste encontro, polo que esperamos ver a Lomba chea como sempre pasou nos momentos que a Cultural necesitou máis da afección.

Forza Areas!!

Tod@s a Lomba este domingo!!

lunes, 25 de abril de 2011

Gran ambente no viaxe a Ourense

Moi bo desprazamento onte da parroquia areán a cidade das burgas. Preto de 300 siareiros desplazaronse Ourense, moitos no autobus que puxo o Clube cultural Areas de valde.

En canto o grupo gran xornada vivada como sempre que nos desplazamos a Ourense. Quince membros desplazados que arrancamos xa as dez da mañan camiño a Ourense deixandonos ver xa polos bares da nacional e redores do Couto ata as dúas da tarde.
A partires de esa hora fumos o bar dos nosos compañeiros Oulinas para xantar os dous grupos xuntos. Despois con bo ambente e unha fermosa estivemos bebendo litros de cervexa ata as preto das seis, hora que nos fumos para o campo. Nas bancadas moi notable ambente, con preto de 1.500 espectadores no Couto que disfrutamos co encontro habendo unha gran animación dos dous grupos.
Finalmente 2-0 para os ourensáns e volta para Ponteareas despois de pasar unha gran xornada en Ourense.
Saudos os compañiros de Ourense e grazas polo bo trato recibido, sempre e un placer ir a vosa cidade.




Ouligans

Ourense 2-0 Cul.Areas

Partido de moita loita e cun gran ambente no Couto. A Cultural saiu con moita dureza realizando un gran primeiro xogo no cal dominamos o encontro, tendo asi ocasións para adiantarnos no marcador.

No segundo xogo o Ourense saiu fote asi nivelouse moito o encontro. Pero para a nosa desgraza no minuto 52 foi expulsado moi riguorosamente Zolas, o que nos afectou moitisimo. Na mesma o colexiado tamén expulsou noso adestrador, Serapio Lama.
A partir de hai cambiou a cousa e o Ourense foise arriba, aparte de que o colexiado nos estaba acribillando a tarxetas amaerlas. Asi chegaria no minuto 75 o primeiro tanto do Ourense no Couto. Contra o final do encontro o colexiado volunos expulsar a outro xogador, a Vicente tamén moi rigorosamente, cousa que nom nos é extraña nestes dous anos na terceira. No deconto chegaria a prol do Ourense o definitivo 2-0.

sábado, 23 de abril de 2011

Viaxe a Ourense

A Horda Pontarean desprazarase a Ourense este domingo, para todos os membros que aíndan nom sepan da viaxe ou nom sepan a hora quedarase entorno as 10 no Parque da Concordia pola zona que da contra o Etxe-Eder. O desprazamento realizarase en carros.
Tentaremos animar ata o final da tempada a nosa Cultural nestes momentos dificiles.

Que si ostia, somos de terceira!!
Forza Areas!!
Horda Pontareán Siareiros.

Nom á lei do deporte.

A Horda Pontareán apoia as xornadas contra a lei do deporte, estamos completamente encontra a inmoralidade de ser condeado sin ser xulgado e o dedo. Animar o teu equipo nom e un delito.

domingo, 17 de abril de 2011

Cult.Areas 2-1 As Pontes

Importantísima victoria da nosa Cultural Areas que nos da algo de aire na zona baixa. O Areas saiu moi motivado e concentrado o campo, pois sabiamos o que nos xogabamos posto que o Santa Comba perdera o sabado.

O domínio e ó peso do primeiro o xogo o mantiva a Cultural, no cal herramos dúas claras ocasións durante o trancurso desta. As Pontes apenas increpou a meta de samu, aínda que súas chegadas eran rápidas nas cales nos sorprenden nunha quedando o final en unha ocasión alexada.

No segundo xogo similar que o primeiro, só co cambio que as Pontes tentou máis o gol, pero aínda asi o bo xogo e mellores ocasións eran para a Cultural. Pero entorno o minuto 20 As Pontes sorprendía adiantandose no marcador.
Pero ante este duro golpe encaixado, posto que nom o mericia, a Cultural co empuxe de toda a Lomba foise arriba e conseguiu o empate no minuto 30. a Lomba saltou en ledicia e a cultural foise completamente polo partido, aínda que sempre nos topabamos co meta visitante e os centrais visitantes. Pero foi entóm cando a 1 minuto do final chegou a milagre, pois un disparo moi lexano de Brais sorprendia o gardarredes da Pontes entrando nas súa porta o balom, un autentico golazo dos que sae unha vez na vida, a ledicia na Lomba nom podia ser máis grande, pois conseguiamos unha victoria importantísima e traballada enriba do tempo.

Na Lomba ambentazo, onde os membros da Horda nom deixamos de animar un só segundo, e máis cando o equipo máis o necesitaba co marcador en contra conseguindo que cantase toda a Lomba varias veces.
Para semana nos desprazamos a Ourense contra un moi dificil rival, pero todo pode pasar pois a cultural esta no seu mellor xogo do que levamos de liga. O grupo acompañara unha vez máis o equipo neste desplazamento.





SKANDALO GZ "Lume" no festival Rivadetearock 2011 (Ponteareas)

martes, 12 de abril de 2011