miércoles, 11 de mayo de 2011

miércoles, 4 de mayo de 2011

lunes, 2 de mayo de 2011

Cult.Areas 1-1 Naron

Partido malo nunha tarde choivosa na Lomba, onde o Naron practicou un fútbol moi defensivo e extratéxico. O partido baseouse nun mil intentar da Cultural de pasar os bem defendidos muros do Naron.
Adiantariase o Naron cunha xogada de extratexia nun corner no segundo xogo, no cal sorprenderon a saga areán completamente. Pouco despois conseguiamos o empate grazas a un gol de David Dominguez.
O final empate nun partido malo que nos deixa a deriva sobre o decenso, posto que estamos a dous puntos por enriba deste cun partido máis a falta de dúas xornada.

Na Loma moi bo ambente, con alrededor de 1.000 siareiros nunha tarde mollada polas choivas. Boa entrada tamén no noso fondo, con un bo número de simpatizantes.




viernes, 29 de abril de 2011

miércoles, 27 de abril de 2011

Entrada libre o domingo na Lomba

No último encontro da tempada e visto o moito que nos xogamos a directiva da Cultural Areas decidiu por entrada de valde na Lomba. Mesmo asi nom sera facil encher o campo pois o sabado a noite é a acampada romeria do monte da Picaraña (Ponteareas). Mesmo asi animamos a todos membros da Horda, simpatizante e ex-membros a asistir e animala nosa Cultural, pois nos xogamos a permanenza neste encontro, polo que esperamos ver a Lomba chea como sempre pasou nos momentos que a Cultural necesitou máis da afección.

Forza Areas!!

Tod@s a Lomba este domingo!!

lunes, 25 de abril de 2011

Gran ambente no viaxe a Ourense

Moi bo desprazamento onte da parroquia areán a cidade das burgas. Preto de 300 siareiros desplazaronse Ourense, moitos no autobus que puxo o Clube cultural Areas de valde.

En canto o grupo gran xornada vivada como sempre que nos desplazamos a Ourense. Quince membros desplazados que arrancamos xa as dez da mañan camiño a Ourense deixandonos ver xa polos bares da nacional e redores do Couto ata as dúas da tarde.
A partires de esa hora fumos o bar dos nosos compañeiros Oulinas para xantar os dous grupos xuntos. Despois con bo ambente e unha fermosa estivemos bebendo litros de cervexa ata as preto das seis, hora que nos fumos para o campo. Nas bancadas moi notable ambente, con preto de 1.500 espectadores no Couto que disfrutamos co encontro habendo unha gran animación dos dous grupos.
Finalmente 2-0 para os ourensáns e volta para Ponteareas despois de pasar unha gran xornada en Ourense.
Saudos os compañiros de Ourense e grazas polo bo trato recibido, sempre e un placer ir a vosa cidade.




Ouligans

Ourense 2-0 Cul.Areas

Partido de moita loita e cun gran ambente no Couto. A Cultural saiu con moita dureza realizando un gran primeiro xogo no cal dominamos o encontro, tendo asi ocasións para adiantarnos no marcador.

No segundo xogo o Ourense saiu fote asi nivelouse moito o encontro. Pero para a nosa desgraza no minuto 52 foi expulsado moi riguorosamente Zolas, o que nos afectou moitisimo. Na mesma o colexiado tamén expulsou noso adestrador, Serapio Lama.
A partir de hai cambiou a cousa e o Ourense foise arriba, aparte de que o colexiado nos estaba acribillando a tarxetas amaerlas. Asi chegaria no minuto 75 o primeiro tanto do Ourense no Couto. Contra o final do encontro o colexiado volunos expulsar a outro xogador, a Vicente tamén moi rigorosamente, cousa que nom nos é extraña nestes dous anos na terceira. No deconto chegaria a prol do Ourense o definitivo 2-0.

sábado, 23 de abril de 2011

Viaxe a Ourense

A Horda Pontarean desprazarase a Ourense este domingo, para todos os membros que aíndan nom sepan da viaxe ou nom sepan a hora quedarase entorno as 10 no Parque da Concordia pola zona que da contra o Etxe-Eder. O desprazamento realizarase en carros.
Tentaremos animar ata o final da tempada a nosa Cultural nestes momentos dificiles.

Que si ostia, somos de terceira!!
Forza Areas!!
Horda Pontareán Siareiros.

Nom á lei do deporte.

A Horda Pontareán apoia as xornadas contra a lei do deporte, estamos completamente encontra a inmoralidade de ser condeado sin ser xulgado e o dedo. Animar o teu equipo nom e un delito.

domingo, 17 de abril de 2011

Cult.Areas 2-1 As Pontes

Importantísima victoria da nosa Cultural Areas que nos da algo de aire na zona baixa. O Areas saiu moi motivado e concentrado o campo, pois sabiamos o que nos xogabamos posto que o Santa Comba perdera o sabado.

O domínio e ó peso do primeiro o xogo o mantiva a Cultural, no cal herramos dúas claras ocasións durante o trancurso desta. As Pontes apenas increpou a meta de samu, aínda que súas chegadas eran rápidas nas cales nos sorprenden nunha quedando o final en unha ocasión alexada.

No segundo xogo similar que o primeiro, só co cambio que as Pontes tentou máis o gol, pero aínda asi o bo xogo e mellores ocasións eran para a Cultural. Pero entorno o minuto 20 As Pontes sorprendía adiantandose no marcador.
Pero ante este duro golpe encaixado, posto que nom o mericia, a Cultural co empuxe de toda a Lomba foise arriba e conseguiu o empate no minuto 30. a Lomba saltou en ledicia e a cultural foise completamente polo partido, aínda que sempre nos topabamos co meta visitante e os centrais visitantes. Pero foi entóm cando a 1 minuto do final chegou a milagre, pois un disparo moi lexano de Brais sorprendia o gardarredes da Pontes entrando nas súa porta o balom, un autentico golazo dos que sae unha vez na vida, a ledicia na Lomba nom podia ser máis grande, pois conseguiamos unha victoria importantísima e traballada enriba do tempo.

Na Lomba ambentazo, onde os membros da Horda nom deixamos de animar un só segundo, e máis cando o equipo máis o necesitaba co marcador en contra conseguindo que cantase toda a Lomba varias veces.
Para semana nos desprazamos a Ourense contra un moi dificil rival, pero todo pode pasar pois a cultural esta no seu mellor xogo do que levamos de liga. O grupo acompañara unha vez máis o equipo neste desplazamento.





SKANDALO GZ "Lume" no festival Rivadetearock 2011 (Ponteareas)

martes, 12 de abril de 2011

lunes, 4 de abril de 2011

Cultural Areas 0-1 Cerceda

Gran partido da cultural ante o primeiro clasificado, o Cerceda. O resultado nom reflexou para nada o transcurso do encontro, no cal a Cultural dominou mellor o xogo e tivo moitas máis ocasións.

O Cerceda conseguiu o gol no desconto do primeiro tempo sendo a segunda vez que chegaba a porta areán. A Cultural que tubo moitisimos minutos o control do medio do campo tentou o empetate pero topouse sempre ca solida defensa visitante, o seu gardaredes e os remates por fora da porta. O final o de sempre, cando estas arriba todo che sae ben, e polo contrario cando estas abaixo todo se soe torcer. Esta derrota deixanos a un punto do descenso directo, memos asi estamos realizando un gran xogo.

En canto a peña, moi bo ambente xa dende cado polo Bar Xesus, onde fixemos unha Kalimotxada que logo se transladou as inmediacións da Lomba. Xa no campo gran ambente, nitrato e animación case os noventa minutos.





miércoles, 30 de marzo de 2011

lunes, 28 de marzo de 2011

Negreira 0-0 Cult.Areas

Partido aburido o parecer entre a nosa e o Negreira. Pero polo menos arranxamos un punto num campo complicado, posco asi puntiño a puntiño podemos ir saindo da zona perigosa.

Esta seman nos visita o primeiro clasificado, o Cerceda, esperemos seguir a boa racha e co bo xigo, pois máis dificil o tivemos o Ordes con dez dende o primeiro tempo onde conseguimos remontar o resultado.

lunes, 21 de marzo de 2011

Cult.Areas 3-1 Ordes

Grandisimo encontro da nosa Cultural, que nos fixo recordar grande xestas do ano anterior e olvidar a mala racha que levabamos de resultados.

Tarde calurosa case de veran na Lomba, a cal presentaba un moi bo ambente, do mellor da tempada. A Cultural saltou o campo moi metida no partido e buscando a meta visitante con moi bo xogo, tanto que o Ordes costaballe pasar o medio do campo cara meta de Samu. No minuto 15 chegou a primeira polemica en contra da Cultural, unha falta votada o gadarredes do Ordes falla revotando o revote num defensa visitante entrando o balom na porteria, o cal despexa outro defensa visitante co balom dentro, pero o arbitro decide nom dar o gol e nesa xogada marca o Ordes o 0-1, ante ese error arbitral chega o primeiro piterio da Lomba.

Mesmo asi a Cultural foise arriba e despois de moitos intentos e ataques Nandi e derribado claramente na area polo que o colexiado pita penalti. Este o lanza Zolas que o marca, pero o arbitro o anula porque este fixo unha paradiña antes de lanzalo, polo que sacalle a tarxeta amarela que era a segunda, polo que o expulsa, segunda pitada da lomba é gritos de "federación, manipulación". Finalmente o penalti e lanzado por Minis que o marca e fai tablas no marcador, aínda que quedaban por diante parte do primeiro tempo e todo o segundo tempo pa xogar con 10.

No segundo periodo a Cultural saiu máis forte ca nunca, mesmo que o Ordes mellorou no xogo e ter un home máis, o peso do encontro e bo futbol o fixo o Areas. Asi conseguiria o 2-1 Couso remantando un corner votado por Nandi. A Lomba enton que estaba case chea combertiuse nunha festa, voltaba cantar toda xunta cancións tiradas pola Horda como en antaño, como naquelas tardes de gloria do ano pasado contra rivais coma o Cerceda ou Ourense...
Xa co Ordes moi contra as cordas e con este bo ambente, chegaria o terceiro da Cultural no minuto 58 cun grandisimo remate tamén de corner de Sombri, quedando encontro xa case sentenciado ata o final e mesmo gozando máis a Cultural de ocasións.

Posiblemente este foi o mellor encontro por xogo, gañas e ambente do que levamos de temporada. a Lomba presentou unha gran entrada e estivo moi animosa.

En canto a nós, xunto o partido do Ferrol e Ourense este foi o partido onde máis animamos, case os 90 minutos sem descanso levantando varias veces a grada a animar tamén, ata cando no 0-1 ibamos perdendo e máis nos necesitaba a Cultural foi dos mellores momentos de animación.
Aparte mesmo que empezamos cedo privando no bar, voltamos despois rematar o encontro despois de moito tempo sem facer isto invadidos pola alegria da elavorada victoria.

QUE SI FODER!! NOS IMOS MANTER!!




Foto sacada do diario Faro de Vigo do encontro con nós de fondo.

lunes, 14 de marzo de 2011

Alondras 3-0 Cult. Areas

Humillación total da nosa equipa en Cangas. Ata o campo de Aldán desprazamonos cinco membros do grupo máis moitisima xente da parroquia areán.

do partido pouco que contar, ridiculo total, o Alondras quedouse no minuto 40 de encontro con 10 homes, e aínda asi deunos un autentico baño no segundo tempo terminando o encontro 3-0 pero podendo ser pior, pois os máis destacados da nosa Cultural foi o gardaredes Samu e o central Sombri. Tamén decir que os cambios do adestrador foron penosos. ISTO TEN QUE CAMBIAR, POIS ACERCASENOS OS DENTES DO LOBO E NOS FACENDO RIDICULO.

Ante tal acontecemento e humilación, os membros ali desprazados da Horda decidimos emborracharnos, pois que máis se podia facer. Abandoamos o campo o igual ca maioria da parroqui areán faltando 5 minutos pra o remate do monologo do Alondras.