miércoles, 30 de marzo de 2011

lunes, 28 de marzo de 2011

Negreira 0-0 Cult.Areas

Partido aburido o parecer entre a nosa e o Negreira. Pero polo menos arranxamos un punto num campo complicado, posco asi puntiño a puntiño podemos ir saindo da zona perigosa.

Esta seman nos visita o primeiro clasificado, o Cerceda, esperemos seguir a boa racha e co bo xigo, pois máis dificil o tivemos o Ordes con dez dende o primeiro tempo onde conseguimos remontar o resultado.

lunes, 21 de marzo de 2011

Cult.Areas 3-1 Ordes

Grandisimo encontro da nosa Cultural, que nos fixo recordar grande xestas do ano anterior e olvidar a mala racha que levabamos de resultados.

Tarde calurosa case de veran na Lomba, a cal presentaba un moi bo ambente, do mellor da tempada. A Cultural saltou o campo moi metida no partido e buscando a meta visitante con moi bo xogo, tanto que o Ordes costaballe pasar o medio do campo cara meta de Samu. No minuto 15 chegou a primeira polemica en contra da Cultural, unha falta votada o gadarredes do Ordes falla revotando o revote num defensa visitante entrando o balom na porteria, o cal despexa outro defensa visitante co balom dentro, pero o arbitro decide nom dar o gol e nesa xogada marca o Ordes o 0-1, ante ese error arbitral chega o primeiro piterio da Lomba.

Mesmo asi a Cultural foise arriba e despois de moitos intentos e ataques Nandi e derribado claramente na area polo que o colexiado pita penalti. Este o lanza Zolas que o marca, pero o arbitro o anula porque este fixo unha paradiña antes de lanzalo, polo que sacalle a tarxeta amarela que era a segunda, polo que o expulsa, segunda pitada da lomba é gritos de "federación, manipulación". Finalmente o penalti e lanzado por Minis que o marca e fai tablas no marcador, aínda que quedaban por diante parte do primeiro tempo e todo o segundo tempo pa xogar con 10.

No segundo periodo a Cultural saiu máis forte ca nunca, mesmo que o Ordes mellorou no xogo e ter un home máis, o peso do encontro e bo futbol o fixo o Areas. Asi conseguiria o 2-1 Couso remantando un corner votado por Nandi. A Lomba enton que estaba case chea combertiuse nunha festa, voltaba cantar toda xunta cancións tiradas pola Horda como en antaño, como naquelas tardes de gloria do ano pasado contra rivais coma o Cerceda ou Ourense...
Xa co Ordes moi contra as cordas e con este bo ambente, chegaria o terceiro da Cultural no minuto 58 cun grandisimo remate tamén de corner de Sombri, quedando encontro xa case sentenciado ata o final e mesmo gozando máis a Cultural de ocasións.

Posiblemente este foi o mellor encontro por xogo, gañas e ambente do que levamos de temporada. a Lomba presentou unha gran entrada e estivo moi animosa.

En canto a nós, xunto o partido do Ferrol e Ourense este foi o partido onde máis animamos, case os 90 minutos sem descanso levantando varias veces a grada a animar tamén, ata cando no 0-1 ibamos perdendo e máis nos necesitaba a Cultural foi dos mellores momentos de animación.
Aparte mesmo que empezamos cedo privando no bar, voltamos despois rematar o encontro despois de moito tempo sem facer isto invadidos pola alegria da elavorada victoria.

QUE SI FODER!! NOS IMOS MANTER!!




Foto sacada do diario Faro de Vigo do encontro con nós de fondo.

lunes, 14 de marzo de 2011

Alondras 3-0 Cult. Areas

Humillación total da nosa equipa en Cangas. Ata o campo de Aldán desprazamonos cinco membros do grupo máis moitisima xente da parroquia areán.

do partido pouco que contar, ridiculo total, o Alondras quedouse no minuto 40 de encontro con 10 homes, e aínda asi deunos un autentico baño no segundo tempo terminando o encontro 3-0 pero podendo ser pior, pois os máis destacados da nosa Cultural foi o gardaredes Samu e o central Sombri. Tamén decir que os cambios do adestrador foron penosos. ISTO TEN QUE CAMBIAR, POIS ACERCASENOS OS DENTES DO LOBO E NOS FACENDO RIDICULO.

Ante tal acontecemento e humilación, os membros ali desprazados da Horda decidimos emborracharnos, pois que máis se podia facer. Abandoamos o campo o igual ca maioria da parroqui areán faltando 5 minutos pra o remate do monologo do Alondras.



martes, 8 de marzo de 2011

8 de marzo, día internacional da muller

Cult.Areas 1-3 Bergantiños

Penoso encontro da nosa equipa no cal perdeu na casa ante o último clasificado despois de empezar gañando.

Pra semana xogamos en alondras onde esperamos desprazarnos o grupo e que a nosa Cultural faga un mellor partido.

miércoles, 2 de marzo de 2011

lunes, 28 de febrero de 2011

lunes, 21 de febrero de 2011

Hordas contra o fascismo

Dende aqui saudar e apoiar a outra Horda desta terra, A Horda Femingista da equipa de futbol sala Club Fleming de Vigo. Vos damos animos para os vosos comezos e que sepades que podedes contar coa nosa Horda, sobre todo para que esa frase "Hordas contra o fascismo" fagase forte por toda Galiza. Un Saudo!!

HP and HF
AGAINST FASCISM!

Cult.Areas 1-1 Estradense

Partido onde ambas equipas xogabanse moito pero moi frouxo. No encontro apenas oubo ocasións e foi unha constante guerra no medio do campo. O final empate a uns nom encontro moi apagado.
En canto a nos boa entrada e boa animación.


miércoles, 16 de febrero de 2011

martes, 15 de febrero de 2011

Somozas 5-0 Cult. Areas

Partido para olvidar nas lonxanas terras de Somozas. Agora a pensar na proxima final na casa ante o Estradense.

jueves, 10 de febrero de 2011

Que continue a boa racha.

Levamos catro xornadas invictos con dous empates e duas victorias, estas nas últimas duas xornadas. Esta é case que a millor racha da tempada acompañada aparte dun bo xogo da Cultural, esta semana visitamos o cuarto clasificado, o Somozas, polo que esperemos que continue a boa racha aínda que sexa cun empate.

FORZA CULTURAL AREAS!!

martes, 8 de febrero de 2011

Animo Pichi

O central ponteareán da Cultural Pichi lesionouse gravemente no anterior encontro ante o Portonovo rompendo fibras. Dende aqui dar animos e esperemos que se recupere pronto. Sorte Pichi.

lunes, 7 de febrero de 2011

Cult.Areas 3-0 Portonovo

Importantisima victoria da Cultural ante un Portonovo que deu moita guerra, pois os tres tantos da Cultural chegaron case que nos últimos 15 minutos.

O xogo comenzou co noso dominio nos primeiros quince minutos creando ocasións de perigo na meta visitante. Pero a partires do minuto vinte foise enfriando o encontro, combertendose nunha loita pola supremacia no medio do campo, nesa loita o que saiu máis mal parado Pichi, o cal rompeu fibras no minuto 30, polo cal nos quedabamos sem u dos nosos xogadores máis significativos con moito partido por diante. Asi chegabamos o descanso, cun Cultural areas con millores ocasións gozadas pero sim materializalas.

No segundo xogo a Cultural saiu polo encontro, e empezou a asediar a meta do Portonovo. Os visitantes aínda asi nunha contra rápida estiveron cerca de consegir o primeiro gol. Unha das claves da tarde foi a entrada de David Dominguez pola Cultural, no primeiro balom que tocou foi nunha ocasión clara que fallou num man a man co porteiro visitante.
Minutos despois o colexiado pitaria un penalti a prol da Cultural e expulsaria un xogador do Portonovo, pero Maikel erraria a pena máxima. O pouco despois o colexiado expulsaria a Bugallo pola Culural Areas, pasando de novo a igualdade de condicións entre as duas equipas.
Pero foi entóm cando a Cultural deu súa millor cara no último cuarto de hora, wmpurrados polos animos da Lomba abria o marcador Maikel marcando de falta directa. O Portonovo derrumbouse e foi entóm case un monologo do Areas a recta final do partido, aumentando a conta con dous goles máis, un de David e outro de Nandi, o cal foi un autentico golazo do extremos areán.

Bo ambente na Lomba, con unha importante presenza de afeccionados do Portonovo. en canto a nos un dos melores partidos da tempada en canto animación, sobre todo no segundo periodo onde as palmas e os bandeirolos case nom pararon.




jueves, 3 de febrero de 2011

martes, 1 de febrero de 2011

Novo diseño do Blogue.

Con este novo diseño queremos avacar máis cousas nosas e do noso clube, asi como entrvistas, fotos, material...
Dar grazas a un amigo que nos axudou nos deseños e a ter un blogue millor e máis completo, grazas, na Horda sempre seras recibido cos brazos abertos. Unha aperta.

lunes, 31 de enero de 2011

Pontevedra B 1-2 Cult.Areas

Victoria importantisima da Cultural Areas no feudo dun dos nosos rivais directos pola salvación, o filial do Pontevedra.
Ata Pontevedra nos acercamos cinco membros do grupo para estar cos nosos num partido que era case unha final, aínda que nom principio ibamos viaxar bastantes máis o final para moitos lles foi imposible a última hora.

O partido comezou cunha Cultural moi positiva que saiu polo partido, disfrutando asi dunha clara ocasión onde Comesaña nom chegou a rematar un centro bem posto por Nandi.
Co paso dos minutos o partido foise nivelando e empezaron a chegar as ocasións do Pontevedra, os cales conseguirian dende a distanza cun forte disparo petar un balom no longueiro da meta de Samu. Minutos máis tarde nunha xogada de ensaio num corner o Pontevedra conseguia adiantarse no marcador ante unha Cultural sorprendida pola xogada entrenada do Pontevedra que lles saiu a perfección.
Despois deste gol encaixado a Cultural tentou empatalo encontro antes do descanso indose arriba, cousa que conseguiria Nandi preto do descanso rematando un centro e conseguindo o empate.

No segundo xogo a Cultural saiu moi concentrada e disposta a pelexar ata o fim pra conseguir os tres puntos moi necesitados. Pero un penalti moi duvidoso puxolle o Pontevedra os pes voltarse adiantarse no marcador. Despois dun minuto de nerviosismo na grada areán, voltamos a votar un berro de alegria e animo os nosos pois os pontvdreses fallaron o penalti que se foi fora.
Entóm era noso momento, e con moitos rápidos contragolpes estabamos crando moito perigo na meta pontevedresa, foi entóm cando num rápido contragolpe Couso conseguia o pelexado 1-2 ante a euforia dos areáns ali presentes.
Os últimos minutos o filial pontevedres tentou asediar a area da Cultural, pero topouse cunha defensa moi solida e cun Samu na porta moi motivado e seguro, rematando asi o pelexado encontro, onde nos levamos tres puntos de ouro para Areas.

Nas bancadas moi bo ambente e bo desplazamento da parroquia areán na fermosa tarde invernal que fixo, movendo entorno un centenar de siareiros a cidade do Lerez. En canto a Horda cinco membros desplazados os cales dende cedo xa chegamos a Pontevedra, visitano os bares da ribeira do Lerez onde nos entoamos po encontro.

Para semana recibimos outro rival da nosa liga, o Portonovo, polo cal tentareamos que haxa un bo ambente na Lomba e esta se comberta num verdadeiro inferno para os visitantes.




lunes, 24 de enero de 2011

Cult.Areas 1-1 Santa Comba

Encontro bastante apagado disputado na Lomba. Ambas equipas xogabanse moito, pois o avismo do descenso esta moi preto dos dous equipas.

Como primeira anecdota e que os membros da Horda pasamolo partido no fondo contrario a onde estamos normalmente, posto que o gol sur onde soemos estar facía moito frío xa que nom pega o sol en todo o día no inverno, polo que a maioria nos mudamos a o gol norte onde se estaba moitisimo máis agradable.
a segunda a volta do colexiado Arribas, aquel que por súa culpa o ano pasado nos roubou o encontro ante o Depor B e logo fora do campo foron multados varias personas, entre elas 3 membros da Horda. Como nom tubo un bo recibimento da Horda, que se prolongou a todo encontro.

O resumo do encontro e moi sinxelo, apenas oubo ocasións pa ambas equipas sendo a loita no medio campo o máis destacable. Moi poucas ocasións no primeiro tempo, sem ser algun tiro lonxano ou algunha aproximación sem remate.

No segundo a cultural tentou ir polo partido, pero topouse cun Santa Comba forte no medio do campo, polo que o segundo tempo foi un reflexo do primeiro. Aínda asi a Cultural gozou duns minutos con ocasións e corners, pero sem chegar remates serios. Seria por eses minutos cando chegaria o gol do Santa Comba, no minuto 80. A Cultural entón despertouse e conseguiria o empate no 88 num remate de Couso a unha falta centrada por Puchi.

Bastante boa animación, sobre todo no segundo tempo. Pra semana a Cultural viaxa a Pontevedra pra enfertarse a o filial do equipo pontevedres, rival directisimo para salvación, polo que tentarase desprazar o grupo pa estar cos nosos nestes momentos dificiles.