viernes, 29 de octubre de 2010

Ordes 2-0 Cult. Areas

Partido disputado num ambente de choive e frío, o Ordes foi superior a unha cultural moi frouxa en ataque e con fallos defensivos. Pouco que aprender deste encontro e nada que ver coa imaxe que dimos na anterior xornada fronte o Alondras.

Desprazados cinco membros do grupo que animamos no que poidemos a un pobre areas neste encontro, esperemos por pronto fotos da viaxe.

martes, 26 de octubre de 2010

Cult.Areas 2-0 Alondras

Partido disputado na Lomba com moi bo ambente, onde a nosa Cultural deu a millor imaxe da tempada. O Alondras presetabase na Lomba nos postos de zona de ascenso, mentres que a Cultural necesitaba gañar pa sair dos postos perigosos da baixa taboa.

O primeiro tempo foi moi igualado, con moia pelexa polo balom no medio do campo e poucas ocasións.
No segundo xogo a Cultural millorou o contrario co alondras e empezou asi a chegar a meta visitante con perigo. asi conseguiria o primeiro tanto Nandi nun golazo de falta directa por toda a escadra da meta visitante.
A Cultural buscaba aumentar distancia no marcador pra garantir o resultado e asi conseguiria Costas o segundo gol despois de unha boa xogada colectiva.
Despois deste tanto o alondras tentou reducir diferenzas sem moita sorte, o unico destacable ata o final foi un tiro o pau.

No noso fondo moi bo ambente, entorno uns 25-30 siareiros os cales animamos moitisimo sobre todo no segundo tempo. Tamén destacar unha importante presenza de afección alondrán nas bancadas da Lomba.

miércoles, 13 de octubre de 2010

martes, 12 de octubre de 2010

Cult.Areas 1-5 Racing de Ferrol

Partido sem moita ciencia, un Ferrol sem ningunha baixa que barreo a Cultural do campo deportivamente. O millor o ambentazo da Lomba, pola nosa banda millor entrada do ano, 40 siareiros, dos cales 15 xa empezaramos a pribar moi cedo. O ambente foi inigualable pois mesmo que o resultado foi penoso aimamos os 90 minutos sem tregua.

Moitos ferrolans na grada pero poucos animosos. encanto a presenza de ultras visitantes cero.




martes, 5 de octubre de 2010

miércoles, 29 de septiembre de 2010

martes, 28 de septiembre de 2010

Cult-Areas 1-3 Somozas

Partido bastante bo da nosa equipa no que en xogo se di, aínda que o resulado mostre outra cousa pois dous despistes o comezo do segundo tempo fixeron os dous primeiros tantos visitantes, os cales chegaron só a metada Cultural practicamente as tres veces do gol.

A Cultural fixo un xogo bastante vistoso sobre todo no primeiro periodo aínda que con falta de pegada, pero asi e futbol e por algo existe a frase "xogamos coma nunca perdemos coma sempre", proximamente subiremos fotos.

Portonovo 1-3 Cul.Areas

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Cult-Areas 1-1 Pontevedra B

Empate na Lomba e segumos sem conseguir a primeira victoria na casa esta tempada. a imaxe do equipo foi boa pese que a fustrou o colexiado. Cun gran xogo adiantamonos no marcador cun gol de Gabi, pero puco durou a alegria xa que un penalti pitado máis que riguroso a nosa contra deulle o empate os pontevedreses.

Despois do empate chegou o desparrame do arbitro, o cal en cinco minutos deixou a Cultural con dez e toda a defensa con amarelas, ata o porteiro Samu. Xa na segunda metade a Cultural saiu con moitas gañas e pese xogar cun home menos nom lle faltou ocasións pa levar o encontro ante un Pontevedra B conformista e pouco agresivo. Finalmente 1-1 na Lomba.

martes, 21 de septiembre de 2010

lunes, 13 de septiembre de 2010

Cult.Areas 1-2 Meson do Bento






Pobre imaxe da nosa Cultural no primeiro encontro onde comezamos adiantandonos cun gol de Sombri moi ficticio xaque o peso do partido levouno o Meson do Bento que conseguiu remontar na segunda parte.

jueves, 2 de septiembre de 2010

domingo, 29 de agosto de 2010

Villalbes 1-1 Cultural Areas

Bo arraque da nosa equipa en Vilalba con boa imaxe, empezando a adiantarnos no minuto 10 cun gol de penalti a cargo de Maikel. O Vilalbes tentou o empate e só conseguiu pasar a defansa da cultural establecendo o 1-1 no minuto 61.

Pa semana nós visita no noso primeiro partido na casa o recen ascendido Meson do Vento.

miércoles, 28 de julio de 2010

Calendario 10/11

Pretemporada

7/8 Moaña-C.Areas as 8. (Copa diputación)
8/8 C.Areas-Barbadas as 7:30
14/8 Pontellas-C.Areas as 7:30
15/8 C.Areas-Gran Peña as 7:30
21/8 Atios-C.Areas as 7
22/8 Salceda-C.Areas as 7

Podria haber máis partidos, sobre todo se pasase a eliminatoria da copa diputación.

Liga (Comeza o 29 de agosto e remata o 15 de maio)

Cerceda-C. Areas
C. Areas-Somozas
Estradense-C.Areas
C.Areas-R. Ferrol (19/09 )
Bergantiños-C.Areas
C.Areas-Alondras
Ordes-C.Areas
C.Areas-Negreira
Villalbés-C.Areas
C.Areas-Portonovo
C.Areas-As Pontes
Ourense-C.Areas (31-10)
C.Areas-Naron
Vilalonga-C.Areas
C.Areas-Rápido de Bouzas
Mesón do Bento-C.Areas
Choco-C.Areas (28/11)
S.Comba-C.Areas
C.Areas-Pontevedra B

Campaña de Socios 10/11

Boas a tod@s xovenes siareiros da Cultural e a todos aqueles que queirades selo. Este ano nós espera unha terceira historica pra nosa Cultural Areas, pois no segundo ano na 1ª galega xogaremos contra clubes historicos coma o Racing de Ferrol e Compostela (en principio), e voltaremos xogar contra outros historicos coma o Ourense.

Se eres xa ou che gostaria ser siareiro da Cultural Areas, ver os partidos en pé, berrar e animar e tes problemas coa priva pois esta e tua hinchada pontareán. Os prezos xa foron acordados co clube razoadamente e quedan da seguinte maneira.

Socios da Cultural pola peña e máis da Horda:

Homes...............................30 + 5 = 35 €

Mulleres............................20 + 5 = 25 €

Socios só da Horda:

Homes.............................5 €

Mulleres.........................5€

Recordade que os 5 € da Horda quedaran pra material novo e auto finanzación do grupo.

Tod@s aqueles que queiran facerse socios só teñen que avisar a calquer membro coñecido e dar seus datos e pronto xa sera informado pro resto desta locura.

Dende a Horda recordando todos os nosos principios abrimoslle as porta a todos aqueles rapaces/as que queiran formar parte da nosa gran familia e recorrer a Galiza coas nosas cores brancas e azuis. Faremos historia xunta a nosa Cultural Areas.

miércoles, 21 de julio de 2010

25 de Julho, día da Patria Galega


Parabens e sorte Fonseca!!

O noso gran "Cali", Roberto Fosenca, deixa as filas da Cultural Areas 4 anos despois da súa incoporacion pra fichar no Coruxo e xogar na 2ªB. Atras deixa unha impecable e grandisima carreira na Cultural pra avanzar de categoria, votaremos de menos seus goles e loita pero alegranos enormemente seu ascenso a 2ªB, xa que este grandisimo xogador e mellor persoa o merece máis que ninguén.
Aparte do mundo deportivo Fonseca sempre foi un gran colaborador da Horda e grandisimo amigo de case todos os membros dela, polo que seguramente durante a tempada a Horda acudira máis dunha vez o campo do Vao do Coruxo animalo. Sorte compañeiro, pra nós eres e seras o millor.




Presentación Cultural Areas 2010-2011, en marcha!!

O martes día 20 fixo súa presentazom a Cultural Areas na Lomba pa arrancala tempada 2010-2011. O equipo presentase con importantes baixas da tempada pasada como Fonseca (Coruxo), Unai (Verin), Chuli (Rapido de Bouzas) e tamén o preparador físico Juan o cal vai probar sorte de adestrador, aparte tamén Minis e Xan os cales se retiran. A todos desexarlles dende a Horda moita sorte e saiban que sempre seran bem recordados por nós.

En canto a novas incorporacións, polo de agora subiuse a Vitas dos xuvenis da posición de porteiro, Grova, Xermán e Maikel do Porriño e Costas do Vilalonga. Recordemos que Maikel xa estivera na Cultural anos atras. A todos darlles dende aqui a bemvida.