martes, 5 de octubre de 2010

miércoles, 29 de septiembre de 2010

martes, 28 de septiembre de 2010

Cult-Areas 1-3 Somozas

Partido bastante bo da nosa equipa no que en xogo se di, aínda que o resulado mostre outra cousa pois dous despistes o comezo do segundo tempo fixeron os dous primeiros tantos visitantes, os cales chegaron só a metada Cultural practicamente as tres veces do gol.

A Cultural fixo un xogo bastante vistoso sobre todo no primeiro periodo aínda que con falta de pegada, pero asi e futbol e por algo existe a frase "xogamos coma nunca perdemos coma sempre", proximamente subiremos fotos.

Portonovo 1-3 Cul.Areas

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Cult-Areas 1-1 Pontevedra B

Empate na Lomba e segumos sem conseguir a primeira victoria na casa esta tempada. a imaxe do equipo foi boa pese que a fustrou o colexiado. Cun gran xogo adiantamonos no marcador cun gol de Gabi, pero puco durou a alegria xa que un penalti pitado máis que riguroso a nosa contra deulle o empate os pontevedreses.

Despois do empate chegou o desparrame do arbitro, o cal en cinco minutos deixou a Cultural con dez e toda a defensa con amarelas, ata o porteiro Samu. Xa na segunda metade a Cultural saiu con moitas gañas e pese xogar cun home menos nom lle faltou ocasións pa levar o encontro ante un Pontevedra B conformista e pouco agresivo. Finalmente 1-1 na Lomba.

martes, 21 de septiembre de 2010

lunes, 13 de septiembre de 2010

Cult.Areas 1-2 Meson do Bento






Pobre imaxe da nosa Cultural no primeiro encontro onde comezamos adiantandonos cun gol de Sombri moi ficticio xaque o peso do partido levouno o Meson do Bento que conseguiu remontar na segunda parte.

jueves, 2 de septiembre de 2010

domingo, 29 de agosto de 2010

Villalbes 1-1 Cultural Areas

Bo arraque da nosa equipa en Vilalba con boa imaxe, empezando a adiantarnos no minuto 10 cun gol de penalti a cargo de Maikel. O Vilalbes tentou o empate e só conseguiu pasar a defansa da cultural establecendo o 1-1 no minuto 61.

Pa semana nós visita no noso primeiro partido na casa o recen ascendido Meson do Vento.

miércoles, 28 de julio de 2010

Calendario 10/11

Pretemporada

7/8 Moaña-C.Areas as 8. (Copa diputación)
8/8 C.Areas-Barbadas as 7:30
14/8 Pontellas-C.Areas as 7:30
15/8 C.Areas-Gran Peña as 7:30
21/8 Atios-C.Areas as 7
22/8 Salceda-C.Areas as 7

Podria haber máis partidos, sobre todo se pasase a eliminatoria da copa diputación.

Liga (Comeza o 29 de agosto e remata o 15 de maio)

Cerceda-C. Areas
C. Areas-Somozas
Estradense-C.Areas
C.Areas-R. Ferrol (19/09 )
Bergantiños-C.Areas
C.Areas-Alondras
Ordes-C.Areas
C.Areas-Negreira
Villalbés-C.Areas
C.Areas-Portonovo
C.Areas-As Pontes
Ourense-C.Areas (31-10)
C.Areas-Naron
Vilalonga-C.Areas
C.Areas-Rápido de Bouzas
Mesón do Bento-C.Areas
Choco-C.Areas (28/11)
S.Comba-C.Areas
C.Areas-Pontevedra B

Campaña de Socios 10/11

Boas a tod@s xovenes siareiros da Cultural e a todos aqueles que queirades selo. Este ano nós espera unha terceira historica pra nosa Cultural Areas, pois no segundo ano na 1ª galega xogaremos contra clubes historicos coma o Racing de Ferrol e Compostela (en principio), e voltaremos xogar contra outros historicos coma o Ourense.

Se eres xa ou che gostaria ser siareiro da Cultural Areas, ver os partidos en pé, berrar e animar e tes problemas coa priva pois esta e tua hinchada pontareán. Os prezos xa foron acordados co clube razoadamente e quedan da seguinte maneira.

Socios da Cultural pola peña e máis da Horda:

Homes...............................30 + 5 = 35 €

Mulleres............................20 + 5 = 25 €

Socios só da Horda:

Homes.............................5 €

Mulleres.........................5€

Recordade que os 5 € da Horda quedaran pra material novo e auto finanzación do grupo.

Tod@s aqueles que queiran facerse socios só teñen que avisar a calquer membro coñecido e dar seus datos e pronto xa sera informado pro resto desta locura.

Dende a Horda recordando todos os nosos principios abrimoslle as porta a todos aqueles rapaces/as que queiran formar parte da nosa gran familia e recorrer a Galiza coas nosas cores brancas e azuis. Faremos historia xunta a nosa Cultural Areas.

miércoles, 21 de julio de 2010

25 de Julho, día da Patria Galega


Parabens e sorte Fonseca!!

O noso gran "Cali", Roberto Fosenca, deixa as filas da Cultural Areas 4 anos despois da súa incoporacion pra fichar no Coruxo e xogar na 2ªB. Atras deixa unha impecable e grandisima carreira na Cultural pra avanzar de categoria, votaremos de menos seus goles e loita pero alegranos enormemente seu ascenso a 2ªB, xa que este grandisimo xogador e mellor persoa o merece máis que ninguén.
Aparte do mundo deportivo Fonseca sempre foi un gran colaborador da Horda e grandisimo amigo de case todos os membros dela, polo que seguramente durante a tempada a Horda acudira máis dunha vez o campo do Vao do Coruxo animalo. Sorte compañeiro, pra nós eres e seras o millor.




Presentación Cultural Areas 2010-2011, en marcha!!

O martes día 20 fixo súa presentazom a Cultural Areas na Lomba pa arrancala tempada 2010-2011. O equipo presentase con importantes baixas da tempada pasada como Fonseca (Coruxo), Unai (Verin), Chuli (Rapido de Bouzas) e tamén o preparador físico Juan o cal vai probar sorte de adestrador, aparte tamén Minis e Xan os cales se retiran. A todos desexarlles dende a Horda moita sorte e saiban que sempre seran bem recordados por nós.

En canto a novas incorporacións, polo de agora subiuse a Vitas dos xuvenis da posición de porteiro, Grova, Xermán e Maikel do Porriño e Costas do Vilalonga. Recordemos que Maikel xa estivera na Cultural anos atras. A todos darlles dende aqui a bemvida.



martes, 13 de julio de 2010

O engano da "roxa", marqueting, consumismo, politica e borregismo, e decir, negoción


Só hai que ver un par de imaxes das ruas das cidades pa ver canta de esa xente que celebrou a victotia "da roja" e xente de futbol, de toda esa multitude nin un 90% pisa un campo de futbol en todo o ano, e o 40% nim sabe o que é un fora de xogo. E facil entendelo, máis nom som culpables xa que só siguen un bombardeo publicitario como oubella que sigue o pastor, esa e nosa sociedade e no que nos estamos combertindo.

O marketing-negocio "la roja" batiu recors vendendo seus productos, camisolas, bandeiras, desconto en grandes superficies que ante o ceguismo da multitude que no lo rouban por outro lado... E todo apoiado pola politica senom quen ten mais beneficios disto, que llo digan os mandatarios que tinguiron as Españas de roxo e amarelo, xa nom existía a crise nim os problemas, pero hai xente que sigue pasando fame, é esa xente ante o bombardeo aínda asi prefire deixar de comer por mercar unha camisola da "roja" porque esta de moda.

Esa multitude anima a un grupo de mercenarios que cobraran bem por o traballo realizado, nada menos que 600.000 € por cabeza. A iso chamamoslle borreguismo, nom temos nin idea de futbol, nunca piso un campo no ano e me da igual os problemas que haxa, como nos medios e a actualidade e todo o mundo o fai, eu tamén, esa e nosa sociedade e nos maior problema.

Dentro de un mes o millor saira unha nova moda de levar paraugas en veran e nadie se acordara xa da "roja", senóm que todos a comprar paraugas en agosto porque e o que esta de moda.

Se isto segue asi posiblemente os campos de futbol dentro de pouco pareceran un plato de "salvame" ou a "noria", e Belen Estevan sera comentarista da eurocopa 2012, tempo o tempo.

Dende aqui apoiar a todos os colectivos que seguimos día a día loitando contra os que intentan manipular e guiar nosas vidas po seu benestar, seguiremos sem ir detras dos rebaños e dicindo que nom o futbol-negocio moderno, que de futbol xa ten pouco. "La roja"= marketing comercial

jueves, 1 de julio de 2010

Reino español 1-0 Republica Portuguesa, as duas caras da moeda


A fronteira do Miño podese decir que separou tres afeccións, dun lado, o de Tui os españolitos, e da outra marxe do río en Valença a portuguesa acompañada dunha tritena de compatriotas galegos. A festa viviuse do lado de Valença onde irmans galegos e portugueses animaban a seleczom portuguesa o ritmo dos tambores e gaitas nun gran ambente de bem estar total e unidade, onde se deu bem claro que "la roja" nom é o que parece e fai ver a prensa.
Finalmente o gol de Villa eliminou a seleczom portuguesa, pero nom a festa e a unidade de dous pobos irmans, o galego e o portugues.
O unico suceso violento provocano o remate do encontro españolitos que cruzaron a fronteira para celebrar a victoria na casa do caido, o que foi respondido polos irmans portugueses con pedradas e botellazos, o fim o balance foi un españolito hospitalizado por unha pedrada na cabeza.

Festa San xoán dos compañeiros de Ribadetea



Seleczom-negocio "la roja", nom grazas