miércoles, 21 de julio de 2010

Presentación Cultural Areas 2010-2011, en marcha!!

O martes día 20 fixo súa presentazom a Cultural Areas na Lomba pa arrancala tempada 2010-2011. O equipo presentase con importantes baixas da tempada pasada como Fonseca (Coruxo), Unai (Verin), Chuli (Rapido de Bouzas) e tamén o preparador físico Juan o cal vai probar sorte de adestrador, aparte tamén Minis e Xan os cales se retiran. A todos desexarlles dende a Horda moita sorte e saiban que sempre seran bem recordados por nós.

En canto a novas incorporacións, polo de agora subiuse a Vitas dos xuvenis da posición de porteiro, Grova, Xermán e Maikel do Porriño e Costas do Vilalonga. Recordemos que Maikel xa estivera na Cultural anos atras. A todos darlles dende aqui a bemvida.



martes, 13 de julio de 2010

O engano da "roxa", marqueting, consumismo, politica e borregismo, e decir, negoción


Só hai que ver un par de imaxes das ruas das cidades pa ver canta de esa xente que celebrou a victotia "da roja" e xente de futbol, de toda esa multitude nin un 90% pisa un campo de futbol en todo o ano, e o 40% nim sabe o que é un fora de xogo. E facil entendelo, máis nom som culpables xa que só siguen un bombardeo publicitario como oubella que sigue o pastor, esa e nosa sociedade e no que nos estamos combertindo.

O marketing-negocio "la roja" batiu recors vendendo seus productos, camisolas, bandeiras, desconto en grandes superficies que ante o ceguismo da multitude que no lo rouban por outro lado... E todo apoiado pola politica senom quen ten mais beneficios disto, que llo digan os mandatarios que tinguiron as Españas de roxo e amarelo, xa nom existía a crise nim os problemas, pero hai xente que sigue pasando fame, é esa xente ante o bombardeo aínda asi prefire deixar de comer por mercar unha camisola da "roja" porque esta de moda.

Esa multitude anima a un grupo de mercenarios que cobraran bem por o traballo realizado, nada menos que 600.000 € por cabeza. A iso chamamoslle borreguismo, nom temos nin idea de futbol, nunca piso un campo no ano e me da igual os problemas que haxa, como nos medios e a actualidade e todo o mundo o fai, eu tamén, esa e nosa sociedade e nos maior problema.

Dentro de un mes o millor saira unha nova moda de levar paraugas en veran e nadie se acordara xa da "roja", senóm que todos a comprar paraugas en agosto porque e o que esta de moda.

Se isto segue asi posiblemente os campos de futbol dentro de pouco pareceran un plato de "salvame" ou a "noria", e Belen Estevan sera comentarista da eurocopa 2012, tempo o tempo.

Dende aqui apoiar a todos os colectivos que seguimos día a día loitando contra os que intentan manipular e guiar nosas vidas po seu benestar, seguiremos sem ir detras dos rebaños e dicindo que nom o futbol-negocio moderno, que de futbol xa ten pouco. "La roja"= marketing comercial

jueves, 1 de julio de 2010

Reino español 1-0 Republica Portuguesa, as duas caras da moeda


A fronteira do Miño podese decir que separou tres afeccións, dun lado, o de Tui os españolitos, e da outra marxe do río en Valença a portuguesa acompañada dunha tritena de compatriotas galegos. A festa viviuse do lado de Valença onde irmans galegos e portugueses animaban a seleczom portuguesa o ritmo dos tambores e gaitas nun gran ambente de bem estar total e unidade, onde se deu bem claro que "la roja" nom é o que parece e fai ver a prensa.
Finalmente o gol de Villa eliminou a seleczom portuguesa, pero nom a festa e a unidade de dous pobos irmans, o galego e o portugues.
O unico suceso violento provocano o remate do encontro españolitos que cruzaron a fronteira para celebrar a victoria na casa do caido, o que foi respondido polos irmans portugueses con pedradas e botellazos, o fim o balance foi un españolito hospitalizado por unha pedrada na cabeza.

Festa San xoán dos compañeiros de Ribadetea



Seleczom-negocio "la roja", nom grazas

lunes, 21 de junio de 2010

lunes, 14 de junio de 2010

Nom todo vai ser futbol, membros da Horda no mundial de ralis no Algarve (Portugal)

Quen dixo xa vacacións, aproveitando a cercania da proba do noso pais veciño Portugal do mundial de ralis e o seguimento de moitos membros da Horda de este deporte, ali nos desplazamos varios membros para entre outras cousas acompañar e animar o noso gran piloto galego Xesus Ferreiro. Ali presentes centos de galegos que desfrutamos co segundo posto na categoria de clasicos do noso gran Ferreiro que quedou tan só por detras do emblematico piloto Kankkunem.



Gardinha dando o alto a un carro de rali en plena etapa.

viernes, 11 de junio de 2010

jueves, 3 de junio de 2010

domingo, 23 de mayo de 2010

Animo compañeiros

Dende aqui dar animos os camaradas ourensáns pola eliminazom do Ourense dos play off de ascenso. Po ano lograredelo!!


viernes, 21 de mayo de 2010

jueves, 20 de mayo de 2010

Finalmente a cea cambiase po sabado

Finalmente a cea trocase po sabado por problemas tecnico co local, ali vos esperamos.

Creada nova bandeira da nosa comarca, O CONDADO


Un dos nosos membros acaba de crear a bandeira da nosa bisbarra, O Condado. Pra elo basouse na historia deste val, cultura popular, contorno paisaxistico e patrimonio.

En toda a boca do Decreto do Galego. 17 Maio



Uxío Novoneira o poeta do Courel, Letras Galegas 2010

Dende aqui reconocemos e satisfacenos recordar o poeta e labrego do Courel Uxío Novoneira con este reconocemento no día do noso idioma.
Uxío aparte de levar na súa alma e amar seu lar o Courel, temén era un intelectual marxista e nacionalista, cousa que nom escondia.

Dende aqui recordar súa memoria da millor maneira que podemos facer, loitando pola nosa lingua como el o fixo durante 50 anos.
Morre o ser nom a alma.

lunes, 17 de mayo de 2010

Cea fim de temporada

Este venres celebrarase a cea de fim de temporada da Horda, os que queirades acudir a ela só tedes que avisar a algun membro organizador e pagar 5 € antes do Venres para mercar a cea.

O sitio da cea sera num local que nos prestan polo que habra sitio de sobra, dende aqui só decir que esperamos a todos os que vos animedes.
Saude!!

domingo, 16 de mayo de 2010

Impresentable e despreciable, Manolo Lama

Este personaxe que presume de profesional periodista humilla a un mendigo diante das camaras xunto a seguidores do Atletico de Madrid. No seu acto de superioridadde e "caridade" dice moito de este fillo de puta que se rie e despreza os máis descoidados desta sociedade xunto afeccionados do atletico. Pola outra banda estes afeccionados foron nomeados polo comite antiviolencia un exemplo de afeczom pacifica, afeczom os cales seus ultras som un grupo neonazi que este ano tuvo gravisimos altercados violentos en cidades coma Lisboa, Vigo, Valencia, Santander... Pero bueno todos sabemos por onde tira o comite antiviolencia, porque por poñer unhas pancartas xa es unha afeczom violentisima e outros utilizando a violencia e promulgando o fascismo e aínda presumen deles...

Seguramente pronto quitaran o video de Manolo Lama facendo de virxe da caridade da rede, pero aínda se pode atopar. Nadie e quen pa pisar a nadie sen seu consentimento!!

miércoles, 12 de mayo de 2010

FOTOMONTAXES


Mais fotos da festa fin de tempada




Xogadores con bandeira da Horda no camión.

martes, 11 de mayo de 2010

Cul.Areas 1-1 Rápido de Bouzas




Encontro da última xornada de liga onde tanto nós coma o Rápido nom nos xogabamos nada, pero aínda asi o ambente foi inigualable. Nin a tarde choivosa pudo evitar que máis de 800 areáns acudiran a Lomba a festexar a permanenza.
Primeiro os membros da Horda fixemoslle unha pequena homenaxe os xogadores xa case mitoloxicos da Cultural Minis e Xan, que se retiran este ano despois de moitos anos de batallas ca Cultural. Pa iso fixemos varias pancartas e cantamos varias veces seus nomes pa recordarlles que sempre estaran con nós e fan xa parte da nosa historia.

O partido en si tubo fases de moita intensidade, pero notabase por veces a relaxación dos xogadores o nom xogarse case que nada. A Cultural adiantariase no primeiro xogo cun tanto de Minis de penalti, o que dedicou a afección. Os membros da Horda memos que chovia puxemonos detrar da porta pa animar a Minis no penalti de forma espectacular cos bandeirons.
No segundo tempo o Rápido empataria o encontro pouco despois da reanudación, a Cultural reccionou con varias ocasións e ata un tiro o pau por parte de Gabi de xogada individual pero o gol nom chegou. Nas bancada moita animazom o igual que detras das portas onde nos puxemos os membros da Horda, entorno uns 30 que mon deixamos de animar case que un segundo, nin a choiva poido con nós.
O rematar o encontro chegaria a gran festa, os xogadores festexaron no cespede a permanenza e correron pa tirarse no noso fondo, o que respondimos saltando o campo pa celebralo xuntos e ata sacamos varias fotos todos xuntos e nós cantaron cancións eles a nós.
Xa fora todo estaba preparado pa facer unha caravana por Areas e Ponteareas. Os xogadores montaron no trailer encabezando a caravana, entre suas pancartas e bandeiras que levaban podianse ver algunhas da Horda Pontareán. Pola nosa contra preparamos un Land Rover coa caixa aberta o cal enchimos de pancartas e bandeirolos da cultural e da Horda.
Asi despois dun longo paseo polas ruas de Areas e Ponteareas, voltamos desembarcar na Lomba onde oubo pinchos gratis pa todos e despois bervena cos grupos Jokers e Agarimo. na bervena subiron o palco xogadores, presi... num ambente festivo e de borracheira total pa todo o areismo, pra recordadar QUE SI OSTIA, QUE AINDA SOMOS EQUIPO E AFECCION DE TERCEIRA!! FORZA AREAS!!