lunes, 14 de junio de 2010

Nom todo vai ser futbol, membros da Horda no mundial de ralis no Algarve (Portugal)

Quen dixo xa vacacións, aproveitando a cercania da proba do noso pais veciño Portugal do mundial de ralis e o seguimento de moitos membros da Horda de este deporte, ali nos desplazamos varios membros para entre outras cousas acompañar e animar o noso gran piloto galego Xesus Ferreiro. Ali presentes centos de galegos que desfrutamos co segundo posto na categoria de clasicos do noso gran Ferreiro que quedou tan só por detras do emblematico piloto Kankkunem.



Gardinha dando o alto a un carro de rali en plena etapa.

viernes, 11 de junio de 2010

jueves, 3 de junio de 2010

domingo, 23 de mayo de 2010

Animo compañeiros

Dende aqui dar animos os camaradas ourensáns pola eliminazom do Ourense dos play off de ascenso. Po ano lograredelo!!


viernes, 21 de mayo de 2010

jueves, 20 de mayo de 2010

Finalmente a cea cambiase po sabado

Finalmente a cea trocase po sabado por problemas tecnico co local, ali vos esperamos.

Creada nova bandeira da nosa comarca, O CONDADO


Un dos nosos membros acaba de crear a bandeira da nosa bisbarra, O Condado. Pra elo basouse na historia deste val, cultura popular, contorno paisaxistico e patrimonio.

En toda a boca do Decreto do Galego. 17 Maio



Uxío Novoneira o poeta do Courel, Letras Galegas 2010

Dende aqui reconocemos e satisfacenos recordar o poeta e labrego do Courel Uxío Novoneira con este reconocemento no día do noso idioma.
Uxío aparte de levar na súa alma e amar seu lar o Courel, temén era un intelectual marxista e nacionalista, cousa que nom escondia.

Dende aqui recordar súa memoria da millor maneira que podemos facer, loitando pola nosa lingua como el o fixo durante 50 anos.
Morre o ser nom a alma.

lunes, 17 de mayo de 2010

Cea fim de temporada

Este venres celebrarase a cea de fim de temporada da Horda, os que queirades acudir a ela só tedes que avisar a algun membro organizador e pagar 5 € antes do Venres para mercar a cea.

O sitio da cea sera num local que nos prestan polo que habra sitio de sobra, dende aqui só decir que esperamos a todos os que vos animedes.
Saude!!

domingo, 16 de mayo de 2010

Impresentable e despreciable, Manolo Lama

Este personaxe que presume de profesional periodista humilla a un mendigo diante das camaras xunto a seguidores do Atletico de Madrid. No seu acto de superioridadde e "caridade" dice moito de este fillo de puta que se rie e despreza os máis descoidados desta sociedade xunto afeccionados do atletico. Pola outra banda estes afeccionados foron nomeados polo comite antiviolencia un exemplo de afeczom pacifica, afeczom os cales seus ultras som un grupo neonazi que este ano tuvo gravisimos altercados violentos en cidades coma Lisboa, Vigo, Valencia, Santander... Pero bueno todos sabemos por onde tira o comite antiviolencia, porque por poñer unhas pancartas xa es unha afeczom violentisima e outros utilizando a violencia e promulgando o fascismo e aínda presumen deles...

Seguramente pronto quitaran o video de Manolo Lama facendo de virxe da caridade da rede, pero aínda se pode atopar. Nadie e quen pa pisar a nadie sen seu consentimento!!

miércoles, 12 de mayo de 2010

FOTOMONTAXES


Mais fotos da festa fin de tempada




Xogadores con bandeira da Horda no camión.

martes, 11 de mayo de 2010

Cul.Areas 1-1 Rápido de Bouzas




Encontro da última xornada de liga onde tanto nós coma o Rápido nom nos xogabamos nada, pero aínda asi o ambente foi inigualable. Nin a tarde choivosa pudo evitar que máis de 800 areáns acudiran a Lomba a festexar a permanenza.
Primeiro os membros da Horda fixemoslle unha pequena homenaxe os xogadores xa case mitoloxicos da Cultural Minis e Xan, que se retiran este ano despois de moitos anos de batallas ca Cultural. Pa iso fixemos varias pancartas e cantamos varias veces seus nomes pa recordarlles que sempre estaran con nós e fan xa parte da nosa historia.

O partido en si tubo fases de moita intensidade, pero notabase por veces a relaxación dos xogadores o nom xogarse case que nada. A Cultural adiantariase no primeiro xogo cun tanto de Minis de penalti, o que dedicou a afección. Os membros da Horda memos que chovia puxemonos detrar da porta pa animar a Minis no penalti de forma espectacular cos bandeirons.
No segundo tempo o Rápido empataria o encontro pouco despois da reanudación, a Cultural reccionou con varias ocasións e ata un tiro o pau por parte de Gabi de xogada individual pero o gol nom chegou. Nas bancada moita animazom o igual que detras das portas onde nos puxemos os membros da Horda, entorno uns 30 que mon deixamos de animar case que un segundo, nin a choiva poido con nós.
O rematar o encontro chegaria a gran festa, os xogadores festexaron no cespede a permanenza e correron pa tirarse no noso fondo, o que respondimos saltando o campo pa celebralo xuntos e ata sacamos varias fotos todos xuntos e nós cantaron cancións eles a nós.
Xa fora todo estaba preparado pa facer unha caravana por Areas e Ponteareas. Os xogadores montaron no trailer encabezando a caravana, entre suas pancartas e bandeiras que levaban podianse ver algunhas da Horda Pontareán. Pola nosa contra preparamos un Land Rover coa caixa aberta o cal enchimos de pancartas e bandeirolos da cultural e da Horda.
Asi despois dun longo paseo polas ruas de Areas e Ponteareas, voltamos desembarcar na Lomba onde oubo pinchos gratis pa todos e despois bervena cos grupos Jokers e Agarimo. na bervena subiron o palco xogadores, presi... num ambente festivo e de borracheira total pa todo o areismo, pra recordadar QUE SI OSTIA, QUE AINDA SOMOS EQUIPO E AFECCION DE TERCEIRA!! FORZA AREAS!!

jueves, 6 de mayo de 2010

Festa e ambentazo pro o domingo

Celebrando o domingo nosa permanenza na terceira, o Cultural Areas prepara unha festa pa o remate do encontro Areas-Rapido de Bouzas, último do calendario ligueiro. Nesta celebración o Areas traera ata orquetas pra o remte do encontro, encontro o cal os membros da Horda tentareamos dar máis color e animazom que nunca ata agora na Lomba.

O encontro e as 6 e a festa comezara entorno as 9, pero os membros da Horda comezaremos moito antes no Bar Xesus, entorno as 4. Animadevos a participar na festa!!!

miércoles, 5 de mayo de 2010

Contra a represion das afeccións, animar o noso equipo nom e delito.





Seguindo a recen campaña de moitas hichadas e afeccións contra a Lei do deporte e a presión policial e administriva sobre os colectivos e afeccionados, a Horda Pontareán se une a esta campaña xa que este ano vivimolo en primeira persoa, vimos como eses cans queren sacar tallada de todo, e o máis triste e que sem provas é señalandote culpable sen case dereito a defenderte xa de inicio, democraza onde? Asi Ponteareas unese aínda que só sea simbolicamente a unha rede de cidades en campaña contra esta presión tales coma Vigo, Bilbo, Cadiz, Tenerife, Burgos, Vallekas... ANIMAR A TUA EQUIPA NOM E DELITO!!

martes, 4 de mayo de 2010

Fotos desprazamento a Coruxo, Horda on esmorga.




Coruxo f.c 3-0 Cult.Areas



Nunca unha unha derrota supo tan bem como quen di, xa que pese que a Cultural fixo un bo partido saiu derrotada por tres tantos a cero, pero despois de agardar case unha hora voltaban boas noticias e a alegria a parroquia pontareán, xa que grazas a outros resultados estabamos salvados matematicamente e asi olvidando o 3-0 recibido no Vao.

O partido en si tubo o primeiro tempo marcado polo vento, o cal afectaba notablemente o xogo. A Cultural intentou mover o balom e creou algunha ocasión clara como un corner que nom chegou a empurrar ninguen as redes. Pola contra o Coruxo creou perigo a balom parado onde rondou cerca da meta de Xan varias veces. Pero a mala sorte recaeu contra a Cultural no desconto do primeiro tempo cando un balom no que o noso gardarredes Xan e noso central Zolas nom se entenderon e aproveitou o dianteiro coruxista para establecer o 1-0.

No segundo xogo a Cultural saiu moi forte e primeiro avisou Nandi fallando un man a man co porteiro local. Pouco despois nunha xogada case igual Nandi voltou a errar contra o porteiro local, fallando o revote deste Couso e voltando a fallar Nandi o revote deste, moi mala sorte para os nosos. Co paso dos minutos a Cultural foi baixando o ritmo e empezou a deixar descoidos no aspecto defensivo, mesmo asi tentou o empate varias veces. Contra o final do xogo o Coruxo marcaria dous goles máis, acabando o encontro inxustamente pra Cultural 3-0.

En canto o aspecto extradeportivo moi bo ambente no Vao e moi bo rollo entre duas afeccións veciñas. O tempo era agradabele e pasamos a previa do encontro paseando e bebendo polos paseos das preias viguesas do Vao e Samil. Moitos areáns desplazados en Coruxo, entre eles catorce membros da Horda que tentamos animar os nosos de mellor forma posible. Proximante colgaremos as fotos do desprazamento

Po domingo celebrarase na Lomba a permanenza, polo que a festa esta garantida. QUE SI OSTIA, SOMOS AINDA DE TERCEIRA, FORZA AREAS!!!

miércoles, 28 de abril de 2010

Dende aqui pedir o máximo apoio pra invadir Coruxo de areáns o domingo.

Xa sabemos que nom sera facil, sobre todo pos siarei@s máis novos, xa que o venres pola noite e a romería da Pikaraña, onde os xovenes Pontareáns invadiremos o monte da Pikaraña pra acampar e pasar unha noite bem parecida as da tradizom celta entre alcohol e fogueiras.
Mesmo asi, tentareamos por todos os medios poder estar o cen por cen en Coruxo, aínda que moitos seguramente pasaran o fin de semana enteiro no monte. O desplacemento e moi cercan e habra moi bo ambente xunto os nosos veciños de Coruxo, e máis aínda a nosa equipa necesitanos máis ca nunca gañar pra asegurala terceira polo que pedimos todo o apoio posible, NOS SEREMOS O XOGADOR NÚMERO 13!!

Aínda nom falamos pa partir todos dun mesmo punto, pero sabendo a proximidade e o facil de localizar o estadio (frente a praia do Vao), pensamos en caso de nom arrancar xuntos pois toparnos polos bares da zona, praia ou mesmo xa no interior do estadio.
Estade atentos o blog porque tal vez un dia antes pomos un sitio pra partir xuntos.
Animadevos e difundide, nosa equipa nos necesita!!

FORZA CULTURAL, IMOS HORDA!!