martes, 4 de mayo de 2010
Coruxo f.c 3-0 Cult.Areas


O partido en si tubo o primeiro tempo marcado polo vento, o cal afectaba notablemente o xogo. A Cultural intentou mover o balom e creou algunha ocasión clara como un corner que nom chegou a empurrar ninguen as redes. Pola contra o Coruxo creou perigo a balom parado onde rondou cerca da meta de Xan varias veces. Pero a mala sorte recaeu contra a Cultural no desconto do primeiro tempo cando un balom no que o noso gardarredes Xan e noso central Zolas nom se entenderon e aproveitou o dianteiro coruxista para establecer o 1-0.
No segundo xogo a Cultural saiu moi forte e primeiro avisou Nandi fallando un man a man co porteiro local. Pouco despois nunha xogada case igual Nandi voltou a errar contra o porteiro local, fallando o revote deste Couso e voltando a fallar Nandi o revote deste, moi mala sorte para os nosos. Co paso dos minutos a Cultural foi baixando o ritmo e empezou a deixar descoidos no aspecto defensivo, mesmo asi tentou o empate varias veces. Contra o final do xogo o Coruxo marcaria dous goles máis, acabando o encontro inxustamente pra Cultural 3-0.
En canto o aspecto extradeportivo moi bo ambente no Vao e moi bo rollo entre duas afeccións veciñas. O tempo era agradabele e pasamos a previa do encontro paseando e bebendo polos paseos das preias viguesas do Vao e Samil. Moitos areáns desplazados en Coruxo, entre eles catorce membros da Horda que tentamos animar os nosos de mellor forma posible. Proximante colgaremos as fotos do desprazamento
Po domingo celebrarase na Lomba a permanenza, polo que a festa esta garantida. QUE SI OSTIA, SOMOS AINDA DE TERCEIRA, FORZA AREAS!!!
miércoles, 28 de abril de 2010
Dende aqui pedir o máximo apoio pra invadir Coruxo de areáns o domingo.
A Seleczom Galega de rexións gaña a VII Copa da UEFA de "rexións" e disputara a fase europea.
A Seleczom Galega de rexións gaña a final do torneo da UEFA ante a seleczom andaluza na prologa por 2-1. O partido disputado no Campo de Baltar, Portonovo foi unha festa onde triunfou o futbol galego modesto.Agora disputara a fase europe, onde se desprazara a Malta, dende aqui darlle a nosa noraboa e sorte por os lares europeos, xa que som os representantes do noso futbol modesto.
FORZA GALIZA!! UNHA NAÇOM, UNHA SELECZOM!!
lunes, 26 de abril de 2010
Cult.Areas 1-2 Naron
Nova derrota da nosa equipa ante un Naron que pouco fixo máis que marcar os dous goles. Nunha tarde esplendida, onde lucia o sol moita xente cambiou o encontro pola praia ou o río polo que a Lomba rexistrou unha media entrada.O partido comezou bastante tranquilo e sen moitas ocasions pra ambas equipas. O Areas aprobeitari unha unha ocasión no primeiro cuarto de hora pra que Gabi fixera o 1-0. O Naron tardaba en reaccionar e a Cultural parecia que tiña o partido controlado, chegando asi o descanso.
Na sef¡gunda metade sería máis ou menos a mesma tónica se o colexiado nom sacase un penalti da chisteira co cal empatria o Naron. Nom só nom era penalti, senom que devia ser tarxeta por semaxante piscinazo, pero e o que hai por estes lares... Tan só un minuto despois do empate o Naron conseguirialle dar volta o marcador pa levarse os tres puntos. A partires de hai a Cultural foise arriba e tentou o empate pero este nom chegou.
No remate do encontro oubo unha tangana co porteiro visitante, un ser que se fai chamar o parecer o "Chino" o cal nom sabe gañar e aínda por enriba se mofa dos vencidos, un "valente" dos que tira a pedra e logo corre pos vestiarios...
Na Lomba entorno uns quinientos espectadores e uns 15 membros da Horda con pouca animazom sen ser no final do encontro.
Pa semana sera o último desplazamento da tempada a veciña Coruxo, o grupo tentara estar presente contra vento e marea ali, polo que estade atentos as novas pa organizar a viaxe.
Forza Areas!!
martes, 20 de abril de 2010
Lalin 1-0 Cult.Areas
O domingo recibiremos no penultimo partido na casa o Naron, equipa que vai quinto na clasificacion pero que esta de mala racha. Esperemos conseguir a victoria e case garantir nosa permanenza po ano na terceira. animadevos a acudir e animar xunto con nos a nosa equipa, repartiremos banderins da Cultural pa dar máis ambente e colorido a Lomba.
jueves, 15 de abril de 2010
Cult.Areas 0-1 Bergantiños
Isto fixo un encontro aburrido e case sem ocasions, onde o Bergantiños aproveitou millor no segundo xogo unha ocasión pra levarse os tres putos pra Carballo.
Na Lomba entra bastante frouxa a comparacións do resto da tempada, unhas 300 persoas nun ambente bastante pousado tamén influido pola pasividade do partido. Da Horda uns vintepoucos membros con bastante boa animazom durante case todo o encontro, eramos o unico ruido da Lomba.
O domingo viaxamos a Lalin, polo que tentarase organizar unha viaxe as terras do Deza.
miércoles, 14 de abril de 2010
81 anos da proclamacion da II Republica (1931-2010)
lunes, 12 de abril de 2010
Cerceda 1-2 Cul.Areas
Na segunda metade despois de varias ocasións Gabi consegueria o segundo tanto de forma espectacular, regatea un defensa e picalla o porteiro facendolle unha vaselina. Ante o asomo de todos a Cultural vencia no Roxo cero a dous, no final o Cerceda conseguiria recurtar o marcador marcando o definitivo 1-2, MOITO AREAS!!.
Este mercores recibimos as 8:30 na Lomba o Bergantiños, partido que se gañamos case sera nosa sentenza para garantir a salvación grazas a victoria en Cerceda. Esperamos contar cunha gran animazom pra o mercores, xa que a victoria sera case como gañar unha final. A partires das 6 da tarde os membros da Horda estaremos polo Bar Xesus por se alguen quere acompañarnos para trasegar cervexa, senom vemonos na Lomba.
IMOS CULTURAL QUE DESPOIS DE TANTO NADAR A ORILLA QUEDA XA A UN PASO!!
jueves, 8 de abril de 2010
Horda Pontarean Siareiros 2007-2010, 3 anos animando e de esmorga polos campos da Galiza ca nosa Cultural Areas
lunes, 5 de abril de 2010
Cult.Areas 0-0 Celtiga

miércoles, 31 de marzo de 2010
Ambentazo pra este domingo.
Aparte do importante encontro, cadra c partido cunha festa a cal se celebra no torreiro enfrente do campo a cal comeza a mesma hora co encontro, as 6. o ambentazo esta asegurado e que mellor forma de celebrar unha victoria que ali xa no sitio con festa e orquestas soando.
A partires das 4:30 os que queiran poden pasarse polo Bar Xesus pa unirse os membros da Horda a quentar motores po encontro, logo seguramente darase unha volta pola festa antes de acceder o campo e unha vez dentro coma sempre, CULTURAL A MORTE.
Unha vez fora se conseguimos entre todos esta importantisima victoria pois xa o celebraremos ali mesmo, que mellor celebración que entre os propios paisanos de Areas.
Animadevos e acudide, aínda que sea as 6 a Lomba.
Forza Areas!! Forza Horda!!
martes, 30 de marzo de 2010
Santa Comba 0-1 Cult. Areas
lunes, 22 de marzo de 2010
Cult.Areas 1-0 Pontevedra B
miércoles, 17 de marzo de 2010
martes, 16 de marzo de 2010
Ordes 2-2 Cult.Areas
Mesmo asi plantoulle cara e máis o Ordes os cales tuveron que empatar duas veces o encontro, outros rivais foron os colexiados, que como sempre colaboran en darnos ainda menos medios e máis limitacións pra gañar. A Cultural iria sempre por diante no marcador primeiro cun gol de Unai e despois cun de Facundo pero finalmente o Ordes empataria case no desconto.
O domingo nos visita un rival directo pola permanencia, o Pontevedra B. polo que pedimos a máxima achegada de xente a Lomba posible, como sabedes aqui sempre sodes ben recibidos todo apòllo posible. IMOS CULTURAL!!
viernes, 12 de marzo de 2010
8 de Marzo, día intenacional da muller traballadora.
martes, 9 de marzo de 2010
REPORTAXE: HINCHADAS E GRUPOS DESAPARECIDAS DAS BANCADAS GALEGAS
Podemos empezar falando dunha das pioneiras das bancadas galegas e a primeira de Balaidos, as Xuventudes Celestes. Este colectivo naceu no ano 85 e foi o primeiro grupo de animazom organizado que tivo o Celta. Por estes anos estabase empezando a desembolver o movemento de hinchadas no estado español. Esta hinchada podese decir que foi a base doutras posteriores como o Comando Celta é en menor medida tamén de Celtarras. Aínda hoxe en Balaidos moitos recordan os seus bengaleos e bandeirolos na grada de Río Baixo. Tamén oubo outro grupo que se creou no ano 87 pra animar o Celta xa desaparecido, eran os Celta sin Filtro, esta peña voltaria aparecer máis tarde pra definitivamente desfacerse pouco despois.
Xuventudes Celestes
Muralla Norte Na metade hacia finais dos 90 crerianse tamén no Compostela dous grupos novos xa extintos, eran os Compostolos e Brigadas Radikais, desaparecidos despois dos problemas do Compos os cales obrigaron a baixar o Club a preferente. Hacía finais dos 90 cabe engadir que no Racing de Ferrol creouse un grupo que a diferenza das demais hinchadas galegas de siareiros esta era de caracter ultra españolista cunha ideoloxía fascista, estes catro gatos chamabanse Infierno Ferrolano e desapareceron ala polo 2002, creandose a Curva Verde da Malata.
Torcida IncansableEntrando no novo milenio crearonse novas peñas as cales nom tuveron moita duración, pero en cambio tiveron bastante bo nivel nos poucos anos que existiron, por exemplo no Deportivo a Torcida Incansable, fundada como peña deportivista no 2003. Outros grupos creados a principios dos 90 desaparecerian no final da decada e principios do 2000, como os ourensans Komando as Burgas e Brigadas Radikais no 97, dando paso a Old Firm e a Horda Vermella. Esta última desfariase no 04, creandose no seu sitio a Algarada Vermella.
Nese mesmo 2004, fundariase no Lugo o Frente Minho, colectivo de siareiros que desapareceu só tres anos despois. Cabe nomear nese mesmo ano fora do territorio galego actual co obexetivo de animar a Ponferradina, creariase o Skandalo Blankiazul, grupo considerado de siareiros pola tradizom do Bierzo galego e o caracter galeguista de moitos dos seus membros. Desapaecerian pucos anos despois. No 2005 tamén desfariase a Curva Verde do Ferrol sendo remplazandos por Ferrolterrans, grupo actual de ideoloxía confusa.
Skandalo Blanquiazul, ex-grupo de siareiros da Ponferradina.
Nestes últimos anos cabe destacar a aparición e desaparión intermitente do Comando Verdillón do Coruxo, asi como a fusión dos colectivos ourensáns Old Firm e Algarada Vermella para crear xuntas os OUligans no 2009.
En terminos xenerais concluese a gran taxa de mortalidade no que en grupos se refre nas bancadas galegas, pero tamén hai que decir que case todas foron remplazadas rápidamente con outros nomes. Admirable o mesmo tempo outros colectivos de siareiros que levan moitisimos anos dende a súa fudazom e seguen o pé do canom, como som dende o 87 os Celtarras e Riazor Blues, os Fende Testas dende o 94 co Compos aguantando nos momentos dificiles que tubo seu Club, ou a Furya Granate e Brigadas Lucenses que levan máis dunha decada apoiando suas equipas.
lunes, 8 de marzo de 2010
Cult. Areas 2-1 Somozas

Partido disputado na Lomba nunha tarde nublada e cum cespede rápido. O encontro comezou cun forte asalto da Cultural a meta do Somozas, conseguindo asi no minuto seis nun corner o primer tanto areán Vicente. A Cultural nom se conformaba co tanto de Vicente e con bo xogo seguiu asediando a meta visitante destacando unha gran xogada individual de Nandi que apiques estivo de lograr o 2-0.






.jpg)
