lunes, 26 de abril de 2010

Cult.Areas 1-2 Naron

Nova derrota da nosa equipa ante un Naron que pouco fixo máis que marcar os dous goles. Nunha tarde esplendida, onde lucia o sol moita xente cambiou o encontro pola praia ou o río polo que a Lomba rexistrou unha media entrada.

O partido comezou bastante tranquilo e sen moitas ocasions pra ambas equipas. O Areas aprobeitari unha unha ocasión no primeiro cuarto de hora pra que Gabi fixera o 1-0. O Naron tardaba en reaccionar e a Cultural parecia que tiña o partido controlado, chegando asi o descanso.

Na sef¡gunda metade sería máis ou menos a mesma tónica se o colexiado nom sacase un penalti da chisteira co cal empatria o Naron. Nom só nom era penalti, senom que devia ser tarxeta por semaxante piscinazo, pero e o que hai por estes lares... Tan só un minuto despois do empate o Naron conseguirialle dar volta o marcador pa levarse os tres puntos. A partires de hai a Cultural foise arriba e tentou o empate pero este nom chegou.
No remate do encontro oubo unha tangana co porteiro visitante, un ser que se fai chamar o parecer o "Chino" o cal nom sabe gañar e aínda por enriba se mofa dos vencidos, un "valente" dos que tira a pedra e logo corre pos vestiarios...

Na Lomba entorno uns quinientos espectadores e uns 15 membros da Horda con pouca animazom sen ser no final do encontro.

Pa semana sera o último desplazamento da tempada a veciña Coruxo, o grupo tentara estar presente contra vento e marea ali, polo que estade atentos as novas pa organizar a viaxe.
Forza Areas!!

Fotos ateasadas Cult.Areas-Bergantiños


martes, 20 de abril de 2010

Lalin 1-0 Cult.Areas

Derrota da nosa equipa que xogou dende o minuto 25 do primeiro xogo con dez pola expulsión dudosa do porteiro Xan.

O domingo recibiremos no penultimo partido na casa o Naron, equipa que vai quinto na clasificacion pero que esta de mala racha. Esperemos conseguir a victoria e case garantir nosa permanenza po ano na terceira. animadevos a acudir e animar xunto con nos a nosa equipa, repartiremos banderins da Cultural pa dar máis ambente e colorido a Lomba.

jueves, 15 de abril de 2010

Cult.Areas 0-1 Bergantiños

Partido disputado entre semana as 8:30 na Lomba. Do xogo nom hai moito que falar, a cultural tentou xogar pero o Bergantiños fixo bem o eu traballo e nom deixou que a cultural movese o balom.
Isto fixo un encontro aburrido e case sem ocasions, onde o Bergantiños aproveitou millor no segundo xogo unha ocasión pra levarse os tres putos pra Carballo.

Na Lomba entra bastante frouxa a comparacións do resto da tempada, unhas 300 persoas nun ambente bastante pousado tamén influido pola pasividade do partido. Da Horda uns vintepoucos membros con bastante boa animazom durante case todo o encontro, eramos o unico ruido da Lomba.
O domingo viaxamos a Lalin, polo que tentarase organizar unha viaxe as terras do Deza.

miércoles, 14 de abril de 2010

81 anos da proclamacion da II Republica (1931-2010)


Fai hoxe 81 anos atras no 14 de abril do 1931 o pobo decidiu elexir a sua liberdade democraticamente, dende aqui homenaxear o pobo que conmseguiu súa liberdade aínda que fora por un curto tempo e a todos os caidos que loitaron por ela, SAUDE E LIBERDADE CAMARADAS!!

lunes, 12 de abril de 2010

Cerceda 1-2 Cul.Areas

Heroica victoria da nosa irmandiña Cultural Areas no lar do segundo clasificado, o Cerceda. O parecer a nosa equipa ata tubo ocasións para un marcador máis abultado. Comezaria marcando no primeiro xogo en propia porta un defensor do Cerceda, co cal os nosos foronse o descanso cun gol de vantaxe ante o poderoso Cerceda.

Na segunda metade despois de varias ocasións Gabi consegueria o segundo tanto de forma espectacular, regatea un defensa e picalla o porteiro facendolle unha vaselina. Ante o asomo de todos a Cultural vencia no Roxo cero a dous, no final o Cerceda conseguiria recurtar o marcador marcando o definitivo 1-2, MOITO AREAS!!.

Este mercores recibimos as 8:30 na Lomba o Bergantiños, partido que se gañamos case sera nosa sentenza para garantir a salvación grazas a victoria en Cerceda. Esperamos contar cunha gran animazom pra o mercores, xa que a victoria sera case como gañar unha final. A partires das 6 da tarde os membros da Horda estaremos polo Bar Xesus por se alguen quere acompañarnos para trasegar cervexa, senom vemonos na Lomba.

IMOS CULTURAL QUE DESPOIS DE TANTO NADAR A ORILLA QUEDA XA A UN PASO!!

jueves, 8 de abril de 2010

Horda Pontarean Siareiros 2007-2010, 3 anos animando e de esmorga polos campos da Galiza ca nosa Cultural Areas

2007
2008
2009
2010

Tres anos xa seguindo e animando o noso Cultural Areas polos campos da Galiza, larga vida a Horda Pontarean!!

lunes, 5 de abril de 2010

Cult.Areas 0-0 Celtiga



Partido atrasado correspondente a xornada 28 que nos enfrontou na Lomba o Celtiga. A Cultural chegaba a este encontro con novas baixas de última hora como a de Fonseca, aparte dos que xa case estan descartados case pra o que queda de temporada (Brais, Sombri, Daviz, Estevan...)

Do encontro a verdade que nom hai moito que comentar, ambas equipas nom arriesgaron moito e as ocasións foron escasas. Na primeira parte vimos unha Cultural moi relaxada a cal costaballe moito rematar as xogadas, asi pois apenas contemplamos ocasións claras, o Celtiga máis do mesmo chegando tamén con escaso perigo, aínda que alertando máis a Samu que a Cultural o gardarredes visitante.

Na segunda parte a cousa nom cambiou moito, é máis, viuse as duas equipas moi conformistas co resultado polo que se hai que poñer un gañador do xogo decir que estivo igualado. Só no último cuarto de hora coa entrada na Cultural de Unai inquietouse a meta visitante. o final reparto de puntos nun partido moi parado e pouco emocionante.

Na Lomba día esplendido co cespede en boas condicións, nas bancadas notouse a resaca da semana santa e rondariase os 500 espectadores, entrada bastabte baixa a comparazom de outros domingos. En canto a Horda moi bo ambente antes do encontro, onde estivemos bebendo cervexas uns 15 membros dende as catro da tarde no noso local. Logo no encontro rondariamos os 20 siareiros con pouca animazom a verdade, pero e que o xogo parado e a menor afluenza de publico nom axudou moito. Dende aqui dar tamén animos a Fonseca pola súa inesperada lesión de hombreiro, animo Cali.
Pa semana Cultural visita o Cerceda nun dificil partido que sera televisado o parecer en directo pola TV-Gaita 2 o sabado. Forza Areas.

miércoles, 31 de marzo de 2010

Ambentazo pra este domingo.

Este domingo a Cultural Areas xogase case que unha final pola permanenza, gañando este partido atrasado a un rival directo como é o Celtiga deixariamolos a 13 puntos a falta de sete xornadas, aparte subir un posto e deixarnos na zona tranquila cun pe xa na terceira.

Aparte do importante encontro, cadra c partido cunha festa a cal se celebra no torreiro enfrente do campo a cal comeza a mesma hora co encontro, as 6. o ambentazo esta asegurado e que mellor forma de celebrar unha victoria que ali xa no sitio con festa e orquestas soando.

A partires das 4:30 os que queiran poden pasarse polo Bar Xesus pa unirse os membros da Horda a quentar motores po encontro, logo seguramente darase unha volta pola festa antes de acceder o campo e unha vez dentro coma sempre, CULTURAL A MORTE.
Unha vez fora se conseguimos entre todos esta importantisima victoria pois xa o celebraremos ali mesmo, que mellor celebración que entre os propios paisanos de Areas.

Animadevos e acudide, aínda que sea as 6 a Lomba.
Forza Areas!! Forza Horda!!

martes, 30 de marzo de 2010

Santa Comba 0-1 Cult. Areas

Partido correspondente a xonada número 30, onde a nosa equipa saiu derrotada.

lunes, 22 de marzo de 2010

Cult.Areas 1-0 Pontevedra B






Importantisima victoria que nos deixa a un paso de conseguir o noso obxetivo, a permanenza. Nunha tarde excepcional pra disfrutar do futbol, a Cultural sacou súa millor cara e bo xogo pa quedarse cos tres puntos na casa.

O primeiro xogo a Cultural foi moi superior os visitantes, levando o completo peso do encontro e chegando a meta pontevedresa constantemente. Asi despois de fallar varias ocasións na metade do primeiro xogo un Facundo en racha marcaria o único tanto do encontro. Neste primeiro tempo destacar a contundenza de Fonseca o cal tubo varias ocasións tanto a balom parado como en xogo.

Na segunda metade a Cultural relaxouse pero mantuvo a seriedade. Asi o Pontevedra votouse polo empate pero sen facer exceso perigo, xa que ocasións claras só foi un remate contado, o resto basouse en balons parados sen moito perigo. Pese isto as ocasións máis claras do segundo xogo foron pra Cultural, primeiro nun balom endemoniado de Fonseca dende a distanza que case sorprende o porteiro visitante, e contra o remate nunha gran xogada individual de Unai que finalmente erraria só ante o gardarredes visitante

Antes do encontro gardariase un minuto de silenzo pola morte do pai do adestrador da Cultural, Serapio acompañamoste no sentimento.
Na Lomba cerca de setecentas personas. Encanto a Horda estivemos uns trinta membros que nom paramos de animar todo o encontro. Proximo partido a Cultural desplazarase as terras do Xallas pra enfrontarse o Santa Comba.

miércoles, 17 de marzo de 2010

martes, 16 de marzo de 2010

Ordes 2-2 Cult.Areas

Valioso empate dende conseguido dende o puto de vista deportivo, xa que a Cultural chegou a Ordes con quince xogadores, dos cales seis tiñan unha gastronteritis leve.

Mesmo asi plantoulle cara e máis o Ordes os cales tuveron que empatar duas veces o encontro, outros rivais foron os colexiados, que como sempre colaboran en darnos ainda menos medios e máis limitacións pra gañar. A Cultural iria sempre por diante no marcador primeiro cun gol de Unai e despois cun de Facundo pero finalmente o Ordes empataria case no desconto.

O domingo nos visita un rival directo pola permanencia, o Pontevedra B. polo que pedimos a máxima achegada de xente a Lomba posible, como sabedes aqui sempre sodes ben recibidos todo apòllo posible. IMOS CULTURAL!!

viernes, 12 de marzo de 2010

8 de Marzo, día intenacional da muller traballadora.


Dende aqui apoiamos a todas as mulleres que loitan día a día pola igualdade e un traballo digno, por un mundo mellor.

martes, 9 de marzo de 2010

REPORTAXE: HINCHADAS E GRUPOS DESAPARECIDAS DAS BANCADAS GALEGAS

Como nomeamos na anterior reportaxe, agora trataremos de falar un pouco das antigas e míticas hinchadas galegas desaparecidas xa das bancadas. Moitas destas foron as primeiras hinchadas da Galiza e a base doutras actuais.

Podemos empezar falando dunha das pioneiras das bancadas galegas e a primeira de Balaidos, as Xuventudes Celestes. Este colectivo naceu no ano 85 e foi o primeiro grupo de animazom organizado que tivo o Celta. Por estes anos estabase empezando a desembolver o movemento de hinchadas no estado español. Esta hinchada podese decir que foi a base doutras posteriores como o Comando Celta é en menor medida tamén de Celtarras. Aínda hoxe en Balaidos moitos recordan os seus bengaleos e bandeirolos na grada de Río Baixo. Tamén oubo outro grupo que se creou no ano 87 pra animar o Celta xa desaparecido, eran os Celta sin Filtro, esta peña voltaria aparecer máis tarde pra definitivamente desfacerse pouco despois.

Xuventudes Celestes

Avanzando un pouco máis no tempo podemos falar de outro grupo coñecido que hoxe xa nom existe, situandonos agora en Lugo seu nome era Muralla Norte e creouse no ano 91 pra animar o Lugo C.F. Tivo bastante explendor ata o ano 95, pero logo foi decaendo pouco a pouco chegando como poido os anos 2002-03 pra desaparecer definitivamente. Nestes principios dos 90 crearianse tamén novos grupos xa desaparecidos como foron no Pontevedra o Frente Granate, o cal desfariase no ano 98 dando paso a Furya Granate a cal chega os nosos dias. Tamén na cidade das Burgas creariase a finais dos 80 un pequeno grupo que logo no 93 daria paso os colectivos Komando as Burgas e Radikais Vermellos pra animar o Ourense, estes dous grupos durarian ata o ano 97.
Muralla Norte

Na metade hacia finais dos 90 crerianse tamén no Compostela dous grupos novos xa extintos, eran os Compostolos e Brigadas Radikais, desaparecidos despois dos problemas do Compos os cales obrigaron a baixar o Club a preferente. Hacía finais dos 90 cabe engadir que no Racing de Ferrol creouse un grupo que a diferenza das demais hinchadas galegas de siareiros esta era de caracter ultra españolista cunha ideoloxía fascista, estes catro gatos chamabanse Infierno Ferrolano e desapareceron ala polo 2002, creandose a Curva Verde da Malata.

Torcida Incansable

Entrando no novo milenio crearonse novas peñas as cales nom tuveron moita duración, pero en cambio tiveron bastante bo nivel nos poucos anos que existiron, por exemplo no Deportivo a Torcida Incansable, fundada como peña deportivista no 2003. Outros grupos creados a principios dos 90 desaparecerian no final da decada e principios do 2000, como os ourensans Komando as Burgas e Brigadas Radikais no 97, dando paso a Old Firm e a Horda Vermella. Esta última desfariase no 04, creandose no seu sitio a Algarada Vermella.

Nese mesmo 2004, fundariase no Lugo o Frente Minho, colectivo de siareiros que desapareceu só tres anos despois. Cabe nomear nese mesmo ano fora do territorio galego actual co obexetivo de animar a Ponferradina, creariase o Skandalo Blankiazul, grupo considerado de siareiros pola tradizom do Bierzo galego e o caracter galeguista de moitos dos seus membros. Desapaecerian pucos anos despois. No 2005 tamén desfariase a Curva Verde do Ferrol sendo remplazandos por Ferrolterrans, grupo actual de ideoloxía confusa.

Skandalo Blanquiazul, ex-grupo de siareiros da Ponferradina.

Nestes últimos anos cabe destacar a aparición e desaparión intermitente do Comando Verdillón do Coruxo, asi como a fusión dos colectivos ourensáns Old Firm e Algarada Vermella para crear xuntas os OUligans no 2009.

En terminos xenerais concluese a gran taxa de mortalidade no que en grupos se refre nas bancadas galegas, pero tamén hai que decir que case todas foron remplazadas rápidamente con outros nomes. Admirable o mesmo tempo outros colectivos de siareiros que levan moitisimos anos dende a súa fudazom e seguen o pé do canom, como som dende o 87 os Celtarras e Riazor Blues, os Fende Testas dende o 94 co Compos aguantando nos momentos dificiles que tubo seu Club, ou a Furya Granate e Brigadas Lucenses que levan máis dunha decada apoiando suas equipas.

lunes, 8 de marzo de 2010

Cult. Areas 2-1 Somozas

Pancartas mostradas no encontro en contra das inxustas multas.





Partido disputado na Lomba nunha tarde nublada e cum cespede rápido. O encontro comezou cun forte asalto da Cultural a meta do Somozas, conseguindo asi no minuto seis nun corner o primer tanto areán Vicente. A Cultural nom se conformaba co tanto de Vicente e con bo xogo seguiu asediando a meta visitante destacando unha gran xogada individual de Nandi que apiques estivo de lograr o 2-0.
O Somozas case nom deu sintomas de reacción ata case a media hora de xogo, onde mandou un balom alto na meta de Samu. Asi remataria o primeiro xogo, cun claro dominador tanto no xogo coma no resultado.

Na segunda metade a Cultural relaxariase un pouco e darialle máis soltura o Somozas que empezaba a chegar a meta de Samu con certo perigo, mesmo asi o bo xogo no campo seguia sendo do Areas. O partido estaba aberto pra ambas equipas, e Fonseca no minuto sesenta apunto estivo a de anotar nun lanzamento de falta que rozou o longueiro.
Pero pouco despois chegaria a primeira polemica do partido, xa que no minuto setenta o colexiado pitaria un penalti a prol do Somozas que só viu el, nom podemos explicalo xa que nin sabemos o que pitou. Co penalti chegaria o triste 1-1, que facia que a Lomba deixase de cantar como estaba facendo ata o momento e empezase a silvar ou o cantar xa un mítico cantigo destes lares, "fora".

A Cultural nom tirou a toalla e foise polo gol da victoria facendo que o Somozas se cerrase atras, asi faltando cinco minutos chegaria a segunda polemica do encontro, un penalti sobre Facundo onde o gardaredes visitante o derrumba nun un contra un, o balom marchase fora sen que o porteiro visitante o toque e mesmo asi pita corner o colexiado. Enton estalaria a tensión na Lomba e chegarian as expulsións areáns, con roxa directa a Fonseca e o utillero, ambos no banquillo.
A Lomba enteira atopabase en pé queixandose impotentemente, pero enton foi cando chegou a xustiza, xa que nese mesmo corner Minis conseguiria o tanto da victoria que nos deixa na zona tranquila da clasificación.

Na Lomba rexistrouse unha das entradas menos abultadas, aínda asi superaronse as seiscentas persoas, que en contraste animouse como en poucos partidos ata agora con moi boa animazom. Destacar tamén a presenza de duas patrullas da garda-civil bastante antes xa de comezar o encontro, os cales cosquilleaban con todo, e decir que sequen ca mesma, seguen intentando meter medo e roubar a conta do Areas e os siareiros...

Da Horda entorno 25 siareiros que animamos os 90 minutos con moi boa animazom, unha das mellores da tempada. Durante o encontro mostramos duas pancartas en contra das inxustas multas caidas na semana pasada onde se podia leer "DEMOCRACIA ONDE", "TERRORISTAS QUENS".

miércoles, 3 de marzo de 2010

Continua o pesadelo de Aris Arribas e esa impotente xornada para todo os areans

Cando pensabamos que o fatidico día en que o colexiado Aris Arribas nos vendera ante o Deportivo pasara, resulta que volve en forma de dictadura policial no que se ve implicado un membro do noso grupo.
Todos sabemos aínda que moitos o neguen que somos descendentes dunha dictadura policial aínda presente, nos somos o rebaño dos oprimidos por uns opresores que aínda por enriba presumen de ser a lei. Seu unico lavor neste momento critico da sociedade parece ser o abuso de poder e o recaudo pra un estado que nos esta arruinando. Pois aqui agora explicaremos unha penosa inxustiza.

Todos recordamos o día do encontro roubado ante o Deportivo B, de culla fecha nom queremos recordar, que estando centos de siareiros areans esperando polo impresentable colexiado Aris Arribas, as forzas de deseguridade fixeronse protagonistas amenazando a xentiña con multas e identificando xente completamente o chou en vez de tranquilizar os animos. Entre eles fora identificado un membro da Horda collido o chou o cal seu unico delito era estar ali. Segun eles este compañeiro faltara o respespeto a un home de lei, cando xunto a nos viñeron directamente sen deixarnos nin sequera falar e identificando o primeiro que miraron, aparte de faltarnos o respeto e tratarnos coma basura xa que nom nos deixaron nin defendernos. Como era de esperar o final nom pasou nada, xa que toda a xentiña ali reunida case duas horas despois aínda e que aída superaban as cen persoas, só protestaron a Aris Arribas sin o minimo incidente.

Dias despois estes impresentables estiveron vixiando a varios membros do noso colectivo, chegando a ir a casa dun que nin sequera vai ver a Cultural nin e membro de nada, dandose na testa vendo que nom somos ninguns delicuentes, pero a nos si nos vixiavan memtres asesinos, ladrons e timadores campan as suas anchas por hai.

Pero o peor estaba por chegar, pois a este rapaz da Horda chegoulle unha multa de 600 a
5.000 € que aínda nin nos sabemos o delito, na carta puña un feixe de cousas pero ningunha clara nin que ocorrera nada en si do que puña, pero esta hai. Dende a Horda sentimos impotenza ante uns ladrons que en principio seu labor e axudar, eles estan pra protexer a sociedade e nos somos a sociedade, aínda seu trato hacia nos e de desprecio e nom ter nin voz nin voto, como na época franquista cando eles son os mantidos e corruptos.

Aparte do noso camarada o parecer foron multados máis areans coa mesma carta coma delinuentes. Ante esta impotenza a Horda Pontarean ten pensado facer varias accións en caso de que a multa sea inevitable pra recaudar cartos pra axudar a pagar o noso camarada, nestas actividades gutarianos que colaborara todo o areanismo pra axudar a "regalarlle" os cartos o estado por esta inxustiza que moitos presenzaron en directo. "¿DEMOCRRACIA ONDE? ¿TERRORISTAS QUEN?
Grazas.

Vilalbes 1-0 Cult. Areas

Partido sen moito que contar, xogo regular e igualado de ambas equipas conseguindo a victoria pola minima o Vilalbes.

miércoles, 24 de febrero de 2010

martes, 23 de febrero de 2010