lunes, 22 de marzo de 2010
Cult.Areas 1-0 Pontevedra B
miércoles, 17 de marzo de 2010
martes, 16 de marzo de 2010
Ordes 2-2 Cult.Areas
Mesmo asi plantoulle cara e máis o Ordes os cales tuveron que empatar duas veces o encontro, outros rivais foron os colexiados, que como sempre colaboran en darnos ainda menos medios e máis limitacións pra gañar. A Cultural iria sempre por diante no marcador primeiro cun gol de Unai e despois cun de Facundo pero finalmente o Ordes empataria case no desconto.
O domingo nos visita un rival directo pola permanencia, o Pontevedra B. polo que pedimos a máxima achegada de xente a Lomba posible, como sabedes aqui sempre sodes ben recibidos todo apòllo posible. IMOS CULTURAL!!
viernes, 12 de marzo de 2010
8 de Marzo, día intenacional da muller traballadora.
martes, 9 de marzo de 2010
REPORTAXE: HINCHADAS E GRUPOS DESAPARECIDAS DAS BANCADAS GALEGAS
Podemos empezar falando dunha das pioneiras das bancadas galegas e a primeira de Balaidos, as Xuventudes Celestes. Este colectivo naceu no ano 85 e foi o primeiro grupo de animazom organizado que tivo o Celta. Por estes anos estabase empezando a desembolver o movemento de hinchadas no estado español. Esta hinchada podese decir que foi a base doutras posteriores como o Comando Celta é en menor medida tamén de Celtarras. Aínda hoxe en Balaidos moitos recordan os seus bengaleos e bandeirolos na grada de Río Baixo. Tamén oubo outro grupo que se creou no ano 87 pra animar o Celta xa desaparecido, eran os Celta sin Filtro, esta peña voltaria aparecer máis tarde pra definitivamente desfacerse pouco despois.
Xuventudes Celestes
Muralla Norte Na metade hacia finais dos 90 crerianse tamén no Compostela dous grupos novos xa extintos, eran os Compostolos e Brigadas Radikais, desaparecidos despois dos problemas do Compos os cales obrigaron a baixar o Club a preferente. Hacía finais dos 90 cabe engadir que no Racing de Ferrol creouse un grupo que a diferenza das demais hinchadas galegas de siareiros esta era de caracter ultra españolista cunha ideoloxía fascista, estes catro gatos chamabanse Infierno Ferrolano e desapareceron ala polo 2002, creandose a Curva Verde da Malata.
Torcida IncansableEntrando no novo milenio crearonse novas peñas as cales nom tuveron moita duración, pero en cambio tiveron bastante bo nivel nos poucos anos que existiron, por exemplo no Deportivo a Torcida Incansable, fundada como peña deportivista no 2003. Outros grupos creados a principios dos 90 desaparecerian no final da decada e principios do 2000, como os ourensans Komando as Burgas e Brigadas Radikais no 97, dando paso a Old Firm e a Horda Vermella. Esta última desfariase no 04, creandose no seu sitio a Algarada Vermella.
Nese mesmo 2004, fundariase no Lugo o Frente Minho, colectivo de siareiros que desapareceu só tres anos despois. Cabe nomear nese mesmo ano fora do territorio galego actual co obexetivo de animar a Ponferradina, creariase o Skandalo Blankiazul, grupo considerado de siareiros pola tradizom do Bierzo galego e o caracter galeguista de moitos dos seus membros. Desapaecerian pucos anos despois. No 2005 tamén desfariase a Curva Verde do Ferrol sendo remplazandos por Ferrolterrans, grupo actual de ideoloxía confusa.
Skandalo Blanquiazul, ex-grupo de siareiros da Ponferradina.
Nestes últimos anos cabe destacar a aparición e desaparión intermitente do Comando Verdillón do Coruxo, asi como a fusión dos colectivos ourensáns Old Firm e Algarada Vermella para crear xuntas os OUligans no 2009.
En terminos xenerais concluese a gran taxa de mortalidade no que en grupos se refre nas bancadas galegas, pero tamén hai que decir que case todas foron remplazadas rápidamente con outros nomes. Admirable o mesmo tempo outros colectivos de siareiros que levan moitisimos anos dende a súa fudazom e seguen o pé do canom, como som dende o 87 os Celtarras e Riazor Blues, os Fende Testas dende o 94 co Compos aguantando nos momentos dificiles que tubo seu Club, ou a Furya Granate e Brigadas Lucenses que levan máis dunha decada apoiando suas equipas.
lunes, 8 de marzo de 2010
Cult. Areas 2-1 Somozas

Partido disputado na Lomba nunha tarde nublada e cum cespede rápido. O encontro comezou cun forte asalto da Cultural a meta do Somozas, conseguindo asi no minuto seis nun corner o primer tanto areán Vicente. A Cultural nom se conformaba co tanto de Vicente e con bo xogo seguiu asediando a meta visitante destacando unha gran xogada individual de Nandi que apiques estivo de lograr o 2-0.miércoles, 3 de marzo de 2010
Continua o pesadelo de Aris Arribas e esa impotente xornada para todo os areans
Cando pensabamos que o fatidico día en que o colexiado Aris Arribas nos vendera ante o Deportivo pasara, resulta que volve en forma de dictadura policial no que se ve implicado un membro do noso grupo.Vilalbes 1-0 Cult. Areas
miércoles, 24 de febrero de 2010
martes, 23 de febrero de 2010
Cultural Areas 1-0 Ourense
O partido podese considerar que foi moi físico, a Cultural estivo moi seria no campo pese suas sete baixas. Os ouresans empezaron moi fortes cun tiro o poste e varias chegadas perigosas. Pero a Cultural empezou a soltarse e Nandi apiques estivo de abrir o marcador nunha falta que o porteiro ourensan mandou a corner. Nun corner no desconto do primeiro tempo chegaria o gol da Cultural, un golazo olimpico grazas o vento de Nandi.
Na segunda metade o Ourense apretou e tentou o empate, fallando ocasións como outro novo tiro o poste. A Cultural tamén tivo suas ocasións para ampliar o resultudo coma un man a man que errou Unai o un tiro de Gabi que lambeu o pau. Finalmente o partido acabou co unico tanto de Nandi a prol da Cultural.
Pero a xornada comezou moi cedo para os membros da Horda Pontarean e de OUligans. Os camaradas ourensans chegarian o noso local a polo medio día onde xuntos disfrutamos dunha churrascada, logo ambos grupos bebimos xuntos ata que quedaba case unha hora para o encontro e nos fumos pro campo.
Xa no campo seguiu o bo rollo e as cervexas, comezando o partido con ambos colectivos moi euforicos. Xa no encontro gran animazom por ambos dous grupos que fixeron que o encontro parecese mesmo de nivel de 2ªA.
O final 1-0 a prol nosa e despedida dos nosos camaradas OUligans, esperemos voltarnos a encontrar pronto compañeiros. (subiremos fotos a continuación)
FORZA AREAS!! FORZA OURENSE!!
lunes, 15 de febrero de 2010
Gran tarde e noite en Verin
Verin 0-0 Cul.Areas
lunes, 8 de febrero de 2010
Viaxe a Verin

No proximo encontro sabado 13 tera lugar en Verin, no medio do coñecido entroido
Vilalonga 1-1 Cult. Areas
A Cultural recibia o Vilalonga con varias baixas, pero aínda asi os nosos fixeronlle unha forte frente o Vilalonga. O partido comezou cunha ocasión de Nandi que parou o porteiro visitante, logo pouco a pouco os dous equipos foronse soltando seus xogos e foron caendo ocasión para ambos, coma unha clara do Vilalonga onde o noso gardameta Samu luciuse en dous tempos nun gol que miramos todos dentro. Esta foi a ocasión máis clara do primeiro tempo, pero tamén salientar varias ocasións da Cultural a balom parado ou un remate de Hugo que se foi alto. Pero o peor para a Cultural no primeiro tempo foi a importuna lesión de Sombri, que rompeu fibras deixando a Cultural con outra baixa importantisima. Dende aqui animos Sombri.
Na segunda metade nunha ocasión rápida no minuto dous adiantariase o Vilalonga, con un tanto de Saul. Despois deste tanto a Cultural viuse tocada moralmente, sobre todo polas moitas baixas que tiñamos o equipo encontrabase incomodo e sen ideas. Nos costaba moitisimo sacar o balom ata que Nandi fixo unha escapada e chegou a meta visitante, enton toda a Lomba encabezada pola Horda levantouse a dar animos os nosos e o equipo mellorou moitisimo, polo que empezamos a chegar arriba e con perigo. Asi chegaria o empate nun corner onde Couso proveirou un cabezazo de Nandi para consegir o empate. Co gol toda a Lomba levantouse co cantico de"Areas, Areas" e os nosos tentaron buscar o gol da victoria que estivo moi cerca nunha ocasión de Unai. Logo tamén o mesmo Unai seria derribado na area pero o arbitro nom señalou penalti, a verdade que era dudoso aínda que Unai nom e dos que se tiran. Tamén señalar que o Vilalonga dispuxo de ocasións para marcar nos vos momentos da Cultural, polo que tal vez o empate foi o máis xusto.
Nas bancadas moita animación sobre todo nos ultimos vinte minutos onde nom se parou de animar ata o remate do encontro.
jueves, 4 de febrero de 2010
Crónica de duas inxustizas
A Lomba indignabase a gritos contra este personaxe que mostraba só unha actitude chulesca e bufona hacia todolos areans, mostrando asi sua maldade só 3 minutos despois do cristo que el mesmo fixera expulsando agora tamén de roxa directa a Bugallo por unha entrada.
Na Lomba vivianse minutos de impotenza e mal estar ante este desgrazado. Acabado o encontro (o cal estaba só a 10 do final cando aconteceu todo) a afeczom arean gritaba inxurias de guerra contra Aris Arribas mentres entraba no tunel de vestiarios.
Sua acta nom tubo tampouco desperdizo, aparte de tentar cos seus escritos de pechar a Lomba redactando a caida de obxetos o campo e intetos de invasións o terreo de xogo, mencionou cousas coma que "o xogador número 13 sacoulle unha amarela por unha forte entrada", cando o xogador número 13 era o porteiro suplente Samu o cal nom xogou un minuto. Logo tamén escriviu que a "Pichi o expulsaba por unha forte entrada co pé", cando foi co corpo.
A nosa salvación foi que o partido foi gravado pola TV-gaita e pudose reclamar quedando o final a acta de Aris Arribas en evidenza, aínda asi el seguira pitando e cobrando, QUE E O LAMENTABLE.
A segunda parte desta inxustiza foi logo fora do campo, e como protagonistas as forzas de desorde. O acabar o encontro centos de siareiros areans de todalas idades puxemonos a esperar indignados por estes tres perxonaxes. A espera durou case duas horas, pero cando levabamos unha hora e tan só estabamos esperando chegaron dous policias de paisans achegaronse directamente só os membros da Horda ali presentes, os cales nom estabamos nin en primeira fila, senom atrás no aparcamento. Asantaronos como quen di e amenazaronos con multas de ata 6.000 € só por estar ali, xa que ata o momento nom pasara nada. Logo varios afeccionados da Cultural máis maiores acercaronse e defenderonos tendo estes que marchar de ali quedando só a garda civil que nos vixiaba solo a nos como se foramos delincuentes dende que acabara o encontro.
Pasadas media hora deste suceso, esperando aínda nas portas da Lomba un cento de personas e tan só 6 membros da Horda, dous compañeiros alexaronse a mexar e foron seguidos por dous gardas civiles, os cales aproveitaron que estes estaban sos para identificar e ameazar con multas de "desobedienza a autoridade e desorden público". Ante este acto de cobardia e inxustiza acudimos o resto de membros recriminadolles que era inxusto e completamente o chou suas identificacións, aparte de nom estar facendo nada. Estes como sempre só contestaron con ameazas tendo que marchares de ali todolos membros do noso colectivo pra que nom identificaran a máis. E nos decimos, ¿DEMOCRACIA ONDE, E TERRORISTA QUEN?
Pero a gota que colmaria o vaso nom seria esa, xa que un rapaz que pasaba por ali no carro o cal ten amistade con varios membros da Horda pero nim sequera lle gusta o futbol, parou pra ver o que ocurria e falar con nos, nom estivo máis de 20 minutos e marchou. O día seguinte o parecer a garda civil colleralle a matricula e apareceronlle na casa, na cal el nom estaba xa que estuda en Santiago, aínda asi recriminaronlle os pais do suceso do domingo no que decia que el estaba implicado, nom sabendo os pais de que falaban xa que a el nom lle gusta o futbol. Aparte de todo isto, ¿Pero que cona recriminaban se nom pasou nada?, os unicos que fixeron que pasara algo foron eles mesmos "inventando as supostas infraccións dos identificados", FASCISTAS.
Dende a Horda Pontarean apoiamos completamente os dous camaradas indentificados inxustamente e o chou, e dicir que tanto dentro do campo coma fora "DEUS OS FAI E ELES SE XUNTAN". ACAB fillos de puta!!
lunes, 1 de febrero de 2010
Cul.Areas 1-3 Depor B (Atraco a man armada)
Encontro disputado na lomba no medio dun ambentazo, xa que se pasarom o millar de siareiros que presenciaron o xogo en directo, nun terreo de xogo moi rápido e esvaladizo.
No primeiro tempo impuxo o seu xogo o Deportivo, o cal demotrou ter un nivel moi alto, tanto físicamente como tecnicamente. Asi chegarian os dous tantos coruñeses ante unha Cultural que lle costaba moito crear o xogo, pero que contra os minutos finais empezou a crear perigo e ata teria unha ocasión clarisima para recurtar diferenzas xusto antes do remate do primeiro tempo.
Na reanudazom a cousa cambiou, o Areas foise arriba e empezou a crear perigo, facendo que o Deportivo custaralle moito sacar o balom do seu campo. Xusto co bo xogo do Areas comezaria tamén o colexiado a barrer para os coruñeses, señalando faltas so a prol de estes. Aínda asi no xogo a Cultural estabase impoñendo e asi reduciria diferenzas despois dun fallo do porteiro fabrilista que aprobeitaria Couso. Minutos despois o partido foi un ir e vir, tendo ambas equipas ocasións, pero o xogo o seguia dominando a Cultural. Pero agora seria cando empezaria o verdadeiro roubo, quedando 10 minutos e estando o Areas a punto de marcar o empate, xa que xusto antes tiveramos unha ocasión clarisima Hugo e logo tiramos un balom o longueiro de Gabi, a colexiada acabou demostrando o seu plumeiro. Nunha xogada onde o Depor saia o ataque pero aínda no seu campo, Pichi comete unha falta tecnica soamente co corpo, o que o colexiado sacalle a roxa directa. Varios xogadores da Cultural acercanse para recriminarlle e sem que lle tembrara o pulso saca roxa directa a Xan e despois o delegado do Areas.
O xogo reanudase coa Cultural com nove homes e Josiño na porta, xa que Serapio esgotara os cambios, e tan so 3 minutos despois das inxustas expulsións. Bugallo comete unha entrada de amarilla na que o colexiado volve sacar roxa directa ante un berrar en toda a Lomba de desesperazom. Pouco despois o Depor conseguiria o 1-3 definitivo.
Decir que este atraco nos perxudica moitisimo, nom so porque nos fodeu un posible empate, senom que temos 3 novas baixas para os vindeiros encontros xa que foron todas de roxa directa, que xunto cos lesionados suman un número considerado de baixas.
Por certo gradecer dende aqui a Almudena por sacarnos sempre as fotos dende a bancada, un saudo e grazas.

.jpg)


