
No proximo encontro sabado 13 tera lugar en Verin, no medio do coñecido entroido

A Cultural recibia o Vilalonga con varias baixas, pero aínda asi os nosos fixeronlle unha forte frente o Vilalonga. O partido comezou cunha ocasión de Nandi que parou o porteiro visitante, logo pouco a pouco os dous equipos foronse soltando seus xogos e foron caendo ocasión para ambos, coma unha clara do Vilalonga onde o noso gardameta Samu luciuse en dous tempos nun gol que miramos todos dentro. Esta foi a ocasión máis clara do primeiro tempo, pero tamén salientar varias ocasións da Cultural a balom parado ou un remate de Hugo que se foi alto. Pero o peor para a Cultural no primeiro tempo foi a importuna lesión de Sombri, que rompeu fibras deixando a Cultural con outra baixa importantisima. Dende aqui animos Sombri.
Na segunda metade nunha ocasión rápida no minuto dous adiantariase o Vilalonga, con un tanto de Saul. Despois deste tanto a Cultural viuse tocada moralmente, sobre todo polas moitas baixas que tiñamos o equipo encontrabase incomodo e sen ideas. Nos costaba moitisimo sacar o balom ata que Nandi fixo unha escapada e chegou a meta visitante, enton toda a Lomba encabezada pola Horda levantouse a dar animos os nosos e o equipo mellorou moitisimo, polo que empezamos a chegar arriba e con perigo. Asi chegaria o empate nun corner onde Couso proveirou un cabezazo de Nandi para consegir o empate. Co gol toda a Lomba levantouse co cantico de"Areas, Areas" e os nosos tentaron buscar o gol da victoria que estivo moi cerca nunha ocasión de Unai. Logo tamén o mesmo Unai seria derribado na area pero o arbitro nom señalou penalti, a verdade que era dudoso aínda que Unai nom e dos que se tiran. Tamén señalar que o Vilalonga dispuxo de ocasións para marcar nos vos momentos da Cultural, polo que tal vez o empate foi o máis xusto.
Nas bancadas moita animación sobre todo nos ultimos vinte minutos onde nom se parou de animar ata o remate do encontro.
Encontro disputado na lomba no medio dun ambentazo, xa que se pasarom o millar de siareiros que presenciaron o xogo en directo, nun terreo de xogo moi rápido e esvaladizo.
No primeiro tempo impuxo o seu xogo o Deportivo, o cal demotrou ter un nivel moi alto, tanto físicamente como tecnicamente. Asi chegarian os dous tantos coruñeses ante unha Cultural que lle costaba moito crear o xogo, pero que contra os minutos finais empezou a crear perigo e ata teria unha ocasión clarisima para recurtar diferenzas xusto antes do remate do primeiro tempo.
Na reanudazom a cousa cambiou, o Areas foise arriba e empezou a crear perigo, facendo que o Deportivo custaralle moito sacar o balom do seu campo. Xusto co bo xogo do Areas comezaria tamén o colexiado a barrer para os coruñeses, señalando faltas so a prol de estes. Aínda asi no xogo a Cultural estabase impoñendo e asi reduciria diferenzas despois dun fallo do porteiro fabrilista que aprobeitaria Couso. Minutos despois o partido foi un ir e vir, tendo ambas equipas ocasións, pero o xogo o seguia dominando a Cultural. Pero agora seria cando empezaria o verdadeiro roubo, quedando 10 minutos e estando o Areas a punto de marcar o empate, xa que xusto antes tiveramos unha ocasión clarisima Hugo e logo tiramos un balom o longueiro de Gabi, a colexiada acabou demostrando o seu plumeiro. Nunha xogada onde o Depor saia o ataque pero aínda no seu campo, Pichi comete unha falta tecnica soamente co corpo, o que o colexiado sacalle a roxa directa. Varios xogadores da Cultural acercanse para recriminarlle e sem que lle tembrara o pulso saca roxa directa a Xan e despois o delegado do Areas.
O xogo reanudase coa Cultural com nove homes e Josiño na porta, xa que Serapio esgotara os cambios, e tan so 3 minutos despois das inxustas expulsións. Bugallo comete unha entrada de amarilla na que o colexiado volve sacar roxa directa ante un berrar en toda a Lomba de desesperazom. Pouco despois o Depor conseguiria o 1-3 definitivo.
Decir que este atraco nos perxudica moitisimo, nom so porque nos fodeu un posible empate, senom que temos 3 novas baixas para os vindeiros encontros xa que foron todas de roxa directa, que xunto cos lesionados suman un número considerado de baixas.
Por certo gradecer dende aqui a Almudena por sacarnos sempre as fotos dende a bancada, un saudo e grazas.
Samu Alonso, 19 anos, lateral da Cultural Areas.1-BOAS SAMU, COMEZAREMOS PRIMEIRO POR UNHA PREGUNTA DOADA, TI ERES DOS NOVATOS DEBUTANTES NA TERCEIRA, ¿HAI MOITO CAMBIO DA PREFERENTE A TERCEIRA? Boas!!! Em primeiro lugar grazas por contar comigo para esta entrevista. Agora respondendo a pregunta, decir que na terceira notase que o nivel nom é o mesmo que na preferente, hai bastante cambio entre unha categoria e a outra, pero cum bo traballo como o que estamos a facer nesta tempada podese reducir o cambio de categoria. Tamén hai máis aspectos influintes, sobre todo no economico, xa que moitos clubes teñen un alto presuposto cousa que a Cultural nom ten.
2-VEMOS QUE TI COMO OUTROS XOVENES XOGADORES DA CULTURAL LEVADELO BEM PERO, ¿ADAPTASE UN RÁPIDO A PREFERENTE? Aqui no Areas casi todolos xogadores somos xóvenes polo que fai que nos adaptemos máis rápido e millor a competición. Estamos concienciados de que hai que sair a morder a equipa rival en cada encontro, iso fai que o porlle tantas gañas acabemos adaptandonos máis axiña.
3- ¿COMO VELA CULTURAL AREAS NO QUE LEVAMOS DE LIGA? Creo que a millor palabra para definila e "INCRIBLE". Estamos a facer unha moi boa tempada e xa nom somos a equipa revelazom senon unha realidade, estamos ahi onde estamos polo noso esforzo, e canto antes cosigamola salvación millor, xa que e noso obxetivo.
4-E NA TERCEIRA, ¿CAL FOI A EQUIPA MAIS FORTE A CAL TE ENFRENTACHE ESTE ANO? Para o meu gusto, a equipa máis forte que me enfrentei foi o Naron, pero aparte hai máis equipas fortes e nom te podes relaxar en nigun momento con ningun. Aparte de isto pra min a mellor equipa da terceira e a Cultural Areas, iso o teño claro jeje...
5- PERSONALMENTE, ¿QUE CHE GUSTA MAIS DA CULTURAL AREAS? ¿FIRMARAS APARTE MOITOS AUTOGRAFOS NOM? Autografos ningun, nom temos tanta popularudade jaja... Sen duda o millor da Cultural Areas e o grupo que formamos todolos xogadores e o bo ambente que temos entre nós. Tentamos tomar todo coa maior alegria posible e pasalo bem tanto dentro do terreo de xogo coma fora. Pra iso todalas comidas e ceas que facemos axuda moitisimo a que o grupo se sinta agusto e todos tiremos na mesma direczom.
6-EO QE MENOS (SE O HAI CLARO) O que menos pois tal vez as instalacións que tem o clube, aínda que sabemos que nom podemos pedir máis. Esperemos que chegue pronto o campo de céspede artificial que prometeu a xunta.
7- VOLTEMOS AGORA UN POUCO O PASODO, TI QUE VIVICHES O ANO PASADO O ASCENSO E ESTE ANO ESTAS VIVINDO GRANDES MOMENTOS HISTORICOS DESTE CLUBE, ¿CREES QUE SE PODE SOÑAR AINDA CUN FUTURO MAIS PROMETEDOR OU AMBICIOSO? Por soñar que nom quede, aínda que é moi complicado. Fixemos historia subindo a equipa a terceira división e se chegan tempos millores pois moito millor, pero polo de agora temos que ter os pes na terra e salvala categoria, logo co tempo sera cando podremos ver se podemos seguir facendo historia co clube.
8-O ANO PASADO ASCENDEUSE NO ULTIMO PARTIDO DE LIGA NUN COMPRICADO PARTIDO, ¿QUE SENTICHES CANDO O COLEXIADO PITOU A FINAL DO ENCONTRO? TUBO QUE SER UN MOMENTO GLORIOSO NOM... Sentin que comezaba unha grande opurtunidade tanto para os xogadores coma para o clube, aparte de ser algo historico o de poder disputar pro ano na terceira división, e creo que polo momento estamos disfrutando o máximo de esa gloria conseguida.
9-¿RESULTACHE NESTE MOMENTO DIFICIL COMBINAR ESTUDOS OU TRABALLO CO FUTBOL? Para nada, podese combinar as duas cousas perfectamente, aínda que creo que os xogadores que traballan o teñen máis dificil que os que estudamos.
10- BUENO AGORA QUE TAL SE FACEMOS UNHA ROLDA DE PREGUNTAS RAPIDAS...
-¿Tes algun idolo deportivo? Pike
-Un libro Non leo moitos libros, pero me gustan os que tratan de fútbol xa que sempre se aprenden cousas novas
-Un grupo músical Grupo musical nom teño xa que eu som máis de música house.
-Un actor/actriz Xavier Barden
-Unha pelicula Rambo
-Con quen soeste sentar nas viaxes Pois co que cadre, nom existen os sitios fixos, temos moi bo rollo e calquera se senta con calquera.
-Outro deporte que nom sea o fútbol... O ciclismo polo seu sufrimento sobre todo.
11-BUENO NESTA PREGUNTA NOM FAI FALLA QUE SEXAS SINCERO JEJE, ¿QUE PENSAS DA HORDA PONTAREAN? Da Horda, pois que sodes a millor afeczom que pode ter un equipo modesto como o noso, xa que sempre vades o campo e mesmo a fora e nunca parades de animar e iso notase moito dentro dun terreo de xogo. E como nom quedome co partido contra o Lalin na Lomba onde creo que xogastes un papel importantisimo para conseguir aquel empate. Espero que nos seguidades animando sempre e sigadesnos a todolos lados, xa que tamén e merito voso que a equipa lograra o ascenso e logre tantas cousas este ano.
12-Por ultimo carta branca crak... Decir a xente que siga animando a Cultural. Un saudo e unha aperta a todolos afeccionados da Cultural.

Baixando un escalom, na segunda nos encontramos tamén co unico representante galego da categoria, o Real Club Celta de Vigo. En Balaidos segue dominante na animación e incondicionalidade os emblematicos Celtarras, grupo que ten rivalidade cos Riazor Blues e en menor medida coas hinchadas do Pontevedra, asi como unha gran amizade cos siareiros compostelans. Xusto enrriba dos Celtarras, na grada de Marcador encontrase o Comando Celta, colectivo de animación do 1987 o igual cos anteriores. Tamén cabe nomear en Marcador os siareiros de Esmorga Celeste polos seus continuos desplazamentes e contundeza ca equipa.
Pasamos agora a Segunda B, onde hai unha importante representazom galega. Podemos empezar pola capital, onde os siareiros dos Fende Testas encabezan as bancadas do Compostela, este grupo leva activo dende o 1994 e comparte grada cos case desaparecidos Changos. Baixando agora a cidade do Lerez, a hinchada que encabeza a animazon do Pontevedra C.F e a Furya Granate, e dende fai uns anos támen encontranse os siareiros de Fossa Granate. Con moi boa relazom con estes últimos grupos estan os siareiros do C.D Lugo, as Brigadas Lucenses, as cales ante a recén desaparizom do Frente Minho son os unicos que quedan no Anxo Carro. Por último queda o Racing de Ferrol, o cal só lle quedou un grupo de animazom chamado Ferrolterrans.
Nos situamos agora na nosa categoria, a Terceira Galega. Na cabeza das hinchadas da terceira situase os Ouligans do C.D Ourense, este colectivo creouse este ano coa unión de dous grupos anteriores, a Algarada Vermella e Old Firm. Sin sair do Couto, na grada de preferenza encontrase outro grupo menor chamado os Escornaboys. Logo como nom estaria o noso colectivo, a Horda Pontarean siareiros da Cultural Areas, fundada no 2007. Por último nomear o enigmatico Comando Verdillon do Coruxo F.C, colectivo que o parecer aparece e desaparece segun marche sua equipa.Por útimo nomear outros colectivos máis pequenos de equipas máis modestas, como son a Brigada Alaricana do Allariz ou as Brigadas Azuis do Cire Melide. Tampouco nos podemos esquecer na actualidade de Siareiros Galegos, colectivo creado da unidade de membros de case todolos anteriores grupos nomeados para colaborazom e animazom da Seleczon Galega.
Pois aqui chegamos a fin da reportaxe, para a seguinte gustarianos falar de colectivos de siareiros xa desaparecidos das bancadas galegas, como foron as Xuventudes Celestes, Muralla Norte ou Brigadas Radikais.