Encontro disputado na lomba no medio dun ambentazo, xa que se pasarom o millar de siareiros que presenciaron o xogo en directo, nun terreo de xogo moi rápido e esvaladizo.
No primeiro tempo impuxo o seu xogo o Deportivo, o cal demotrou ter un nivel moi alto, tanto físicamente como tecnicamente. Asi chegarian os dous tantos coruñeses ante unha Cultural que lle costaba moito crear o xogo, pero que contra os minutos finais empezou a crear perigo e ata teria unha ocasión clarisima para recurtar diferenzas xusto antes do remate do primeiro tempo.
Na reanudazom a cousa cambiou, o Areas foise arriba e empezou a crear perigo, facendo que o Deportivo custaralle moito sacar o balom do seu campo. Xusto co bo xogo do Areas comezaria tamén o colexiado a barrer para os coruñeses, señalando faltas so a prol de estes. Aínda asi no xogo a Cultural estabase impoñendo e asi reduciria diferenzas despois dun fallo do porteiro fabrilista que aprobeitaria Couso. Minutos despois o partido foi un ir e vir, tendo ambas equipas ocasións, pero o xogo o seguia dominando a Cultural. Pero agora seria cando empezaria o verdadeiro roubo, quedando 10 minutos e estando o Areas a punto de marcar o empate, xa que xusto antes tiveramos unha ocasión clarisima Hugo e logo tiramos un balom o longueiro de Gabi, a colexiada acabou demostrando o seu plumeiro. Nunha xogada onde o Depor saia o ataque pero aínda no seu campo, Pichi comete unha falta tecnica soamente co corpo, o que o colexiado sacalle a roxa directa. Varios xogadores da Cultural acercanse para recriminarlle e sem que lle tembrara o pulso saca roxa directa a Xan e despois o delegado do Areas.
O xogo reanudase coa Cultural com nove homes e Josiño na porta, xa que Serapio esgotara os cambios, e tan so 3 minutos despois das inxustas expulsións. Bugallo comete unha entrada de amarilla na que o colexiado volve sacar roxa directa ante un berrar en toda a Lomba de desesperazom. Pouco despois o Depor conseguiria o 1-3 definitivo.
Decir que este atraco nos perxudica moitisimo, nom so porque nos fodeu un posible empate, senom que temos 3 novas baixas para os vindeiros encontros xa que foron todas de roxa directa, que xunto cos lesionados suman un número considerado de baixas.
Por certo gradecer dende aqui a Almudena por sacarnos sempre as fotos dende a bancada, un saudo e grazas.





Pasamos agora a Segunda B, onde hai unha importante representazom galega. Podemos empezar pola capital, onde os siareiros dos Fende Testas encabezan as bancadas do Compostela, este grupo leva activo dende o 1994 e comparte grada cos case desaparecidos Changos. Baixando agora a cidade do Lerez, a hinchada que encabeza a animazon do Pontevedra C.F e a Furya Granate, e dende fai uns anos támen encontranse os siareiros de Fossa Granate. Con moi boa relazom con estes últimos grupos estan os siareiros do C.D Lugo, as Brigadas Lucenses, as cales ante a recén desaparizom do Frente Minho son os unicos que quedan no Anxo Carro. Por último queda o Racing de Ferrol, o cal só lle quedou un grupo de animazom chamado Ferrolterrans.
Nos situamos agora na nosa categoria, a Terceira Galega. Na cabeza das hinchadas da terceira situase os Ouligans do C.D Ourense, este colectivo creouse este ano coa unión de dous grupos anteriores, a Algarada Vermella e Old Firm. Sin sair do Couto, na grada de preferenza encontrase outro grupo menor chamado os Escornaboys. Logo como nom estaria o noso colectivo, a Horda Pontarean siareiros da Cultural Areas, fundada no 2007. Por último nomear o enigmatico Comando Verdillon do Coruxo F.C, colectivo que o parecer aparece e desaparece segun marche sua equipa.